Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da resolución de desistencia da solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento no expediente LU-92/503:7.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación da resolución de desistencia do cambio de réxime de compravenda a alugamento no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial da Consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS de Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 14 de marzo de 2016

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-92/503:7.

Interesado: José Antonio Romero Borja.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño de Romai, nº 5-1º C, 27003 Lugo.

Acto de notificación: resolución de desistencia do cambio de réxime de compravenda a alugamento dunha vivenda de protección oficial de promoción pública en Camiño de Romai, nº 5-1º C de Lugo, expediente LU-92/503:7.