Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12190

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4332/2015).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4332/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra o Ministerio Fiscal, Francisco Javier Vidal Buján, Tian Boats, S.L., Estaleiros do Norte Embarcações Profissionais e Desportivas, lda., sobre despedimento disciplinario, se ditou en data 19 de febreiro de 2016 a seguinte resolución:

O anterior escrito subscrito polo letrado da Avogacía do Estado, en representación de Fogasa, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala, e emprácense ás demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días; achegaranse copias do dito escrito e designarase un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Estaleiros do Norte Embarcacões Profissionais e Desportivas, lda. por medio de edicto a través do Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta Sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

E para que lle sirva de notificación e localización en legal forma a Estaleiros do Norte Embarcacões Profissionais, lda., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza