Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, de tenza de animais potencialmente perigosos, de caza, de pesca e de conservación da natureza (expediente ANI-CO-0004/2016-V e nove máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo instrutor dos expedientes e pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de abril de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANI-CO-0004/2016-V.

Denunciado: Santiago Barreiro Palacios.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0074/2015-V.

Denunciado: Héctor Novo Souto.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANP-CO-0091/2015-V.

Denunciado: Yeray Martínez Lourido.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CAZ-CO-0003/2016-V.

Denunciado: Manuel Rifón Varela.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CAZ-CO-0005/2016-V.

Denunciado: José Luis Dans Vázquez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: PES-CO-0001/2016-V.

Denunciado: José Ramón Romero Castro.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0026/2016-V.

Denunciado: Rubén González Gómez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0037/2016-V.

Denunciado: Juan Carlos Aboy Castro.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0040/2015-V.

Denunciado: Amadou Diallo Thiam.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0042/2015-V.

Denunciada: Pilar Castro Barcia.

Acto de notificación: resolución.