Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 17054

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2016 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de operación telefónica para a xestión de datos dos terceiros obrigados ao pagamento (expediente AB-FUS1-16-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4º. Teléfono: 881 54 74 90/881 54 64 31.

5º. Fax: 881 54 67 28.

6º. Correo electrónico: compras.061@sergas.es

7º. Perfil do contratante: www.sergas.es

c) Número de expediente: AB-FUS1-16-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de operación telefónica para a xestión de datos dos terceiros obrigados ao pagamento.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: un (1) ano desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79510000-2, 79511000-9 e 79512000-6.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Orzamento máximo de licitación.

a) Importe neto: 186.000,00 €; IVE (21 %): 39.060,00 €; importe total: 225.060,00 €.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

2º. Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Admisión de variantes: non.

8. Apertura das ofertas.

a) Dependencia: sala de xuntas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública
Urxencias Sanitarias de Galicia-061