Advertido un erro relativo á partida orzamentaria no expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de vixilancia da saúde do Concello de Ourense, a Xunta de Goberno local do 7 de abril de 2016 acordou modificar o artigo 4 do prego de cláusulas administrativas particulares e o artigo 6 do prego de prescricións técnicas. Esta corrección está publicada no perfil de contratante do Concello de Ourense (www.ourense.es).
Reábrese o prazo sinalado no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas, relativo á presentación de proposicións, ábrese de novo este prazo e publícase no perfil de contratante a presente corrección de erros, así como no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
No caso de terse presentado algunha oferta neste período, advertirase expresamente aos licitadores que estean nesa circunstancia da posibilidade que teñen de retirar a súa proposta ou de mantela nos termos orixinais.
Ourense, 14 de abril de 2016
Jesús Vázquez Abad
Alcalde