Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17873

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 28 de abril de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG número 72, do 15 de abril), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 3 de xuño de 2016 e que o lugar de realización será na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela), no salón de actos e nas aulas números 1 e 9, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

Laura María González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal