Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18070

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de topografía, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (DOG núm. 68, do 13 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de topografía, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Proceder, de conformidade co disposto na base II.2.5, á publicación da baremación definitiva da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de topografía, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllese no anexo desta resolución.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016

Ramón de la Sota Crespí
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no no corpo facultativo de grao medio da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de topografía.

Baremación definitiva da fase de concurso

DNI

Apelidos e nome

Base II.2.1.1

Base II.2.1.2

Puntuación total

34995245D

De Arcos Rey, Antonio

11,07

2,20

13,27

47362567R

Sánchez Valiño, Iván

-

4,20

4,20