Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18058

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016 pola que se convoca a xornada A xustiza en tempos de incerteza: novidades e retos pendentes.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2016, e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócase, en colaboración coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, a xornada «A xustiza en tempos de incerteza: novidades e retos pendentes», conforme ás seguintes bases:

1. Obxectivos.

Son obxectivos da xornada, entre outros, analizar, desde distintas perspectivas, os principais retos que se lle presentan á xustiza no momento actual, abordando, entre outras cuestións, a organización xudicial ou a politización da xustiza.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A xustiza penal: luces e sombras.

– O xuíz español: presente e futuro.

– A politización da xustiza.

– Unha visión da sociedade.

– Os problemas da organización xudicial.

– Reflexións sobre o futuro do recurso de casación.

3. Destinatarios.

Persoal ao servizo da Administración de xustiza, profesionais do dereito, profesores e alumnos das universidades galegas e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: 2 de xuño de 2016.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 8 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/

O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de maio de 2016.

Poderase obter calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 62 39.

7. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

8. Certificado de asistencia oficial.

Ao final da xornada entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización da xornada e o selo oficial da institución.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública