Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18264

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (2013/2009).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que no peza de apelación que se dirá foi ditada sentenza con data do 15.2.2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

A Coruña o quince de febreiro de dous mil dezaseis.

«No recurso de apelación civil número 59/2015, interposta contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, no xuízo ordinario nº 2013/2009, sobre reclamación de cantidade, seguido entre partes, como apelantes/demandados María del Carmen Fernández Dapena, representada polo procurador Sr. Painceira Cortizo e Francisca Corral Rey, representada polo procurador Sr. Pardo de Vera López; como apelados/demandantes Andrés Sanjurjo Cruz, Gregorio Rivas Carneiro, Beatriz Fernández Francos, Celia M. Martínez Otero, Gonzalo Martínez Bello, comunidade de propietarios nº 59 da rúa Concepción Arenal de Ferrol, representados pola procuradora Sra. Bedoya Freire, e como apelados non comparecidos Milagros C. Corral Rey, María de la Merced Corral Rey, Carlos Corral Rey, Ramón Corral Rey, herdeiros de José Luis e Isidro Corral Rey. É relator Carlos Fuentes Candelas.

Desestimamos os recursos de apelación e confirmamos a sentenza apelada, con imposición aos apelantes das custas da alzada derivadas do seu respectivo recurso, e perda do depósito constituído para recorrer. Esta sentenza non é firme e contra ela só cabe recurso de casación por interese casacional e, se for o caso, conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual, para ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, que se interporá ante esta Sección 5ª mediante escrito de avogado e procurador no prazo de 20 días, cos demais requisitos de admisibilidade previstos na lei e na súa xurisprudencia. Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, no lugar e data arriba indicados, por esta nosa sentenza de apelación, da cal se levará á peza un testemuño e unirase o orixinal ao libro de sentenzas».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía, herdeiros descoñecidos e incertos de José, Luis e Isidro Corral Rey, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 24 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza