Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo de Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados, que se estrutura segundo consta no anexo.
A Coruña, 20 de abril de 2016
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).
1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.
2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias (OB)……..….………...……......… Optativas (OP)..………….……………………… Prácticas externas (PE)...……………………… Traballo fin de máster (TFM)………......……… Créditos totais.………...………. |
48 18 12 12 |
90 |
Da oferta de créditos optativos o alumnado debe realizar e superar 6 ou 12 créditos do módulo 1, dependendo da titulación de procedencia, e realizar e superar 12 ou 6 créditos do módulo 4 e/ou módulo 5, dependendo dos créditos que tivese que realizar do módulo 1, para que finalmente o número total de créditos optativos sexa 18.
3. Contido do plan de estudos.
Módulo |
Materia |
Disciplina |
Créditos ECTS |
Carácter |
Organización temporal |
Curso |
Módulo 1 Créditos optativos teóricos 1º C |
Fundamentos Teóricos 1 |
Socioloxía dos Mercados |
3 |
OP |
1º cuadrimestre |
1º |
Cultura e Actividade Económica |
3 |
OP |
||||
Fundamentos Teóricos 2 |
Nocións Básicas de Mercado |
3 |
OP |
|||
Mercados e Competencia |
3 |
OP |
||||
Módulo 2 Créditos obrigatorios 1º C |
Deseño da Investigación |
Investigación: Deseño e Proceso |
3 |
OB |
||
Mostraxe e Probas de Decisión Estatística |
3 |
OB |
||||
Construción e Análise de Indicadores Sociais e Índices |
3 |
OB |
||||
Fontes de Datos e Bases de Datos |
3 |
OB |
||||
Investigación Cuantitativa |
Investigación mediante Enquisa |
3 |
OB |
|||
Análise Estatística de Datos 1 |
4,5 |
OB |
||||
Análise Estatística de Datos 2 |
4,5 |
OB |
||||
Módulo 3 Créditos obrigatorios 2º C |
Investigación Cuantitativa |
Taller de Análise Cuantitativa |
9 |
OB |
2º cuadrimestre |
|
Investigación Cualitativa |
Deseño Cualitativo |
4,5 |
OB |
|||
Análise Cualitativa |
4,5 |
OB |
||||
Taller de Análise Cualitativa |
6 |
OB |
||||
Módulo 4 Créditos optativos 2º C |
Seminarios 1 |
Proxeccións de Poboación en Áreas Pequenas |
3 |
OP |
||
Neurociencias Aplicadas á Investigación Social |
3 |
OP |
||||
Sistemas de Información Xeográfica (GIS) |
3 |
OP |
||||
Técnicas de Análise Audiovisual* |
3 |
OP |
||||
Análise e Medición de Audiencias no Contorno Dixital* |
3 |
OP |
||||
Módulo 5 Créditos optativos 3º C |
Seminarios 2 |
Comunicación Social e Organizacional e Análise de Audiencias |
3 |
OP |
1º cuadrimestre |
2º |
Análise das Redes Sociais como Xeradoras de Valor |
3 |
OP |
||||
Ferramentas Informáticas para a Análise 1 |
3 |
OP |
||||
Ferramentas Informáticas para a Análise 2 |
3 |
OP |
||||
Módulo 6 Créditos obrigatorios 3º C |
Prácticas |
Prácticas Externas |
12 |
PE |
||
Traballo fin de máster |
Traballo fin de máster |
12 |
TFM |
*A disciplina Técnicas de Análise Audiovisual ofertouse no curso 2015/16. A partir do curso 2016/17 ofertarase a disciplina Análise e Medición de Audiencias no Contorno Dixital en substitución da anterior.
4. Condicións de terminación.
O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos de acordo co que se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados.