Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19147

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 27 de marzo de 2015, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 10 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 20.3 da Orde do 27 de marzo de 2015, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, resólvese publicar as subvencións concedidas que se indican no anexo desta resolución.

Finalidade da subvención: as axudas teñen por obxecto financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Beneficiarios:

A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.

B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación poderán solicitar as axudas que regula esta orde. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Norma reguladora: Orde do 27 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 10 de abril).

Aplicación orzamentaria:

A) Entidades sen ánimo de lucro: 11.06.313A 481.0.

B) Entidades locais: 11.06.313A 460.0.

Crédito orzamentario: 130.000,00 €, distribuídos en:

A) Entidades sen ánimo de lucro: 45.000,00 €.

B) Entidades locais: 85.000,00 €.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

Cecilia Vázquez Suárez
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

A) Entidades sen ánimo de lucro: 45.000,00 €.

Aplicación: 11.06.313A 481.0

Entidade beneficiaria

Contía

Fundación Paideia Galiza

1.694,00 €

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

2.840,00 €

Fundación Ingada (Instituto Gallego del Tdah y Trastornos Asociados)

5.700,00 €

Asociación Efa Fonteboa

4.940,00 €

Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil de Valadares - Vigo

3.900,00 €

Asociación Galicia Inxenia

2.960,00 €

Anpa do Colexio Nosa Señora do Carme

3.900,00 €

Contía total concedida

25.934,00 €

B) Entidades locais: 85.000,00 €.

Aplicación: 11.06.313A 460.0

Entidade beneficiaria

Contía

Agrupación de Concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo

4.080,00 €

Agrupación de Concellos de Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo

5.700,00 €

Concello de Curtis

5.700,00 €

Concello de Boqueixón

5.700,00 €

Agrupación de Concellos de Castro Caldelas, A Teixeira, Montederramo e San Xoán de Río

5.700,00 €

Concello de San Sadurniño

1.496,00 €

Concello de Cuntis

5.700,00 €

Concello de Boiro

2.600,00 €

Concello de Outeiro de Rei

2.600,00 €

Concello de Vilasantar

950,00 €

Contía total concedida

40.226,00 €