Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19331

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de maio de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público integrado Conde de Fenosa do concello de Ares.

De conformidade co previsto no artigo 1.2 do Regulamento orgánico dos centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias, aprobado polo Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26 de xaneiro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ares.

Código: 15000338.

Denominación actual: Centro Público Integrado Conde de Fenosa.

Nova denominación: Centro Público Integrado As Mirandas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria