Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20412

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria de oposición para seleccionar tres persoas como operarias de servizos varios.

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 19 de maio de 2016, convócase oposición para seleccionar as tres persoas que serán contratadas a tempo parcial, de vinte horas semanais, como operarias de servizos varios, conforme as bases aprobadas na dita sesión, que se atopan á disposición dos interesados na páxina web do concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Arzúa, 19 de maio de 2016

José Luis García López
Alcalde