Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20479

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de maio de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 220, do 18 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo A1

• Tribunal titular:

Presidencia: María Esther Rovira Sueiro, profesora titular da Área de Dereito Civil na Universidade da Coruña.

Secretaría: Eva María Sanín Mariño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

María Loreto Díaz Sánchez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

María Dolores Pereira Oliveira, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Juan José Nieto Montero, profesor titular da Área de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela.

• Tribunal suplente:

Presidencia: María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Secretaría: Mónica Carrera López, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Pablo Leis Mol, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Dulce María García Mella, persoal funcionario da escala técnica superior da Administración da Universidade de Santiago de Compostela, subgrupo A1.

María Lourdes Batán Aira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.