Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20751

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2016/17 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na provincia da Coruña.

Con data 24 de febreiro de 2016 publicouse a Resolución do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2016/17.

O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos, establece na súa disposición adicional primeira que esta asumirá desde a súa posta en funcionamento as competencias atribuídas en materia de xestión de escolas infantís á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. A nova entidade subrogarase en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das súas competencias.

Na súa disposición transitoria primeira o dito decreto establece, non obstante, que a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica desenvolverá transitoriamente e pola súa propia condición as funcións que corresponden ao/á director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nestes estatutos.

Así mesmo, na mesma disposición establécese que a través das xefaturas territoriais se poderán seguir realizando os labores de apoio para a xestión dos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais no seu ámbito territorial, ata que esta dispoña de servizos propios para alcanzar a súa autonomía.

A Resolución do 18 de decembro de 2014 establece que a posta en funcionamento da Axencia Galega de Servizos Sociais será o 1 de xaneiro de 2015.

Unha vez estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola persoa titular da xefatura territorial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas e admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantisdegalicia.es e nos propios centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido no artigo 14 da Resolución do 18 de febreiro para matricularse. Presentarán no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto co certificado médico da/do nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantisdegalicia.es.

De non formalizar a matrícula no prazo sinalado, considerarase desistida/o na súa solicitude.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Social, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de maio de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña