Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 21809

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 28 de abril de 2016 polo que se aproba o Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta, na súa reunión do día vinte e oito de abril de dous mil dezaseis, aprobou o Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa fin de darlle a maior difusión posible ao antedito protocolo, e para garantir un correcto coñecemento do seu contido,

RESOLVO:

Darlle publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do día vinte e oito de abril de dous mil dezaseis polo que se aproba o Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo contido poderá ser consultado no seguinte enlace:

http://www.xunta.gal/prevencion-de-riscos-laborais/protocolo-de-acoso-laboral

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza