Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22383

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2016 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de pór en marcha novas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre os destinatarios, renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo o participante un papel activo no proceso de aprendizaxe, a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación, ao mesmo tempo que se lle ofrece a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.

Esta modalidade permite achegar as actividades da escola a un maior número de empregados públicos, especialmente a aqueles que por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación non poden optar á modalidade presencial.

O que se procura é a maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos. Ademais, no actual escenario orzamentario é particularmente interesante organizar actividades formativas que, comparadas coas tradicionais, resultan economicamente vantaxosas e de amplo alcance.

Por todo isto, e en execución do Plan de formación 2016 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convócase o programa de autoformación cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.

O persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

As probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral de Función Pública.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. As actividades do programa de autoformación: contidos e cuestionarios

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade do programa de autoformación

FC16159

A Administración electoral: o papel das administracións galegas - Contidos

FC16161

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Contidos

FC16163

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia - Contidos

FC16165

A responsabilidade patrimonial da Xunta de Galicia - Contidos

FC16167

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) - Contidos

FC16169

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) - Contidos

FC16171

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) - Contidos

FC16173

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) - Contidos

FC16175

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) - Contidos

FC16177

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) - Contidos

FC16179

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress) - Contidos

FC16181

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010) - Contidos

FC16183

As subvencións. Regulación estatal e autonómica - Contidos

FC16185

Básico en prevención de riscos laborais - Contidos

FC16187

Cooperación transfronteiriza e cohesión - Contidos

FC16189

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia - Contidos

FC16191

Iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Contidos

FC16193

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito - Contidos

FC16195

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas - Contidos

FC16197

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público - Contidos

FC16199

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social - Contidos

FC16201

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral - Contidos

FC16203

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control - Contidos

FC16205

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas - Contidos

FC16207

Os contratos do sector público - Contidos

FC16209

Os primeiros auxilios - Contidos

FC16212

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos - Contidos

FC16214

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público - Contidos

FC16215

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia - Contidos

FC16217

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux) - Contidos

FC16219

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)-Contidos

FC16221

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise - Contidos

FC16223

Violencia de xénero - Contidos

FC16259

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. As actividades: acceso aos contidos

1. Todos os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e concretamente na base primeira do anexo II poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016, agás para os contidos referentes á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ao tratarse de novidades lexislativas, estímase que non estarán dispoñibles ata mediados de setembro do ano 2016.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. Os contidos van estar dispoñibles ata o 30 de decembro de 2016.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <http://egap.xunta.es/aulavirtual>.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo II.

ANEXO II
Bases

Primeira. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación: participación

1. Poden participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que non se encontren en situación de servizos noutras administracións públicas, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas e probas de acceso libre desta convocatoria que así o especifiquen na epígrafe de destinatario da actividade e en que queden prazas vacantes.

3. Toda persoa solicitante que ao inicio do prazo de inscrición se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da lista do persoal seleccionado.

Segunda. As probas de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se convocan atéñense ao previsto na seguinte táboa:

Código

Edición

Actividade do programa de autoformación

Prazas

Horas certificadas

Data da proba

Horario aproximado

da proba

FC16160

T01

A Administración electoral: o papel das administracións galegas - Proba de avaliación

50

15

22.11.2016

16.30 a 17.30 h

FC16162

T01

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Proba da avaliación

100

25

3.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16164

T01

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia - Proba da avaliación

100

20

7.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16166

T01

A responsabilidade patrimonial da Xunta de Galicia - Proba da avaliación (1)

100

15

19.10.2016

9.00 a 11.30 h

FC16168

T01

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) -Proba de avaliación

100

50

7.7.2016
8.7.2016

Día 7 (13.00 h)

Día 8 (9.00 h)

FC16168

T02

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) -Proba de avaliación

100

50

12.9.2016 13.9.2016

Día 12 (13.00 h) Día 13 (9.00 h)

FC16170

T01

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) - Proba de avaliación

100

50

7.7.2016

9.00 a 12.30 h

FC16170

T02

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) - Proba de avaliación

100

50

13.9.2016

11.00 a 14.30 h

FC16172

T01

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) - Proba de avaliación

100

50

5.7.2016

16.30 a 20.00 h

FC16172

T02

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) - Proba de avaliación

100

50

15.9.2016

16.30 a 20.00 h

FC16174

T01

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) - Proba de avaliación

100

50

6.7.2016

16.30 a 20.00 h

FC16174

T02

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) - Proba de avaliación

100

50

14.9.2016

16.30 a 20.00 h

FC16176

T01

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office) - Proba de avaliación

100

30

7.7.2016

16.30 a 20.00 h

FC16176

T02

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office) - Proba de avaliación

100

30

13.9.2016

16.30 a 20.00 h

FC16178

T01

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) - Proba de avaliación

100

30

6.7.2016

11.00 a 14.30 h

FC16178

T02

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) - Proba de avaliación

100

30

15.9.2016

11.00 a 14.30 h

FC16180

T01

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Proba de avaliación

100

30

5.7.2016

9.00 a 12.30 h

FC16180

T02

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Proba de avaliación

100

30

14.9.2016

9.00 a 12.30 h

FC16182

T01

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010) - Proba de avaliación

100

30

5.7.2016

6.7.2016

Día 5 (13.00 h)

Día 6 (9.00 h)

FC16182

T02

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010) - Proba de avaliación

100

30

14.9.2016 15.9.2016

Día 14 (13.00 h) Día 15 (9.00 h)

FC16184

T01

As subvencións. Regulación estatal e autonómica - Proba da avaliación

100

40

8.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16186

T01

Básico en prevención de riscos laborais. Proba de avaliación (1)

100

50

18.10.2016

9.00 a 11.30 h

FC16188

T01

Cooperación transfronteiriza e cohesión - Proba de avaliación

50

24

22.11.2016

18.00 a 19.00 h

FC16190

T01

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia - Proba da avaliación (1)

100

18

18.10.2016

12.00 a 14.30 h

FC16192

T01

Iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Proba da avaliación

100

20

9.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16194

T01

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito - Proba da avaliación

100

24

10.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16196

T01

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas - Proba de avaliación

200

25

7.11.2016

9.00 a 14.30 h

FC16198

T01

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público - Proba de avaliación

100

25

14.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16200

T01

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-Proba de avaliación

50

20

24.11.2016

16.30 a 17.30 h

FC16202

T01

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral - Proba de avaliación

50

20

24.11.2016

18.00 a 19.00 h

FC16204

T01

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control - Proba da avaliación

100

15

4.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16206

T01

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas - Proba de avaliación

100

20

16.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16208

T01

Os contratos do sector público - Proba de avaliación

100

30

17.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16210

T01

Os primeiros auxilios - Proba de avaliación

100

20

15.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16211

T01

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos - Proba de avaliación (1)

100

15

19.10.2016

12.00 a 14.30 h

FC16213

T01

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público - Proba da avaliación

200

25

2.11.2016

9.00 a 14.30 h

FC16216

T01

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia - Proba da avaliación

100

15

21.11.2016

16.30 a 19.00 h

FC16218

T01

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

(GNU/Linux) - Proba de avaliación

100

30

8.7.2016

11.00 a 14.30 h

FC16218

T02

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

(GNU/Linux) - Proba de avaliación

100

30

12.9.2016

9.00 a 12.30 h

FC16220

T01

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)-Proba de avaliación

100

30

4.7.2016

16.30 a 20.00 h

FC16220

T02

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)-Proba de avaliación

100

30

12.9.2016

16.30 a 20.00 h

FC16222

T01

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise - Proba da avaliación (1)

100

18

21.10.2016

9.00 a 14.30 h

FC16224

T01

Violencia de xénero - Proba da avaliación

50

30

4.11.2016

12.00 a 13.00 h

FC16225

T01

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Proba da avaliación

100

25

4.11.2016

9.00 a 11.30 h

(1) Esta actividade está destinada tamén ao persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na línea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (LOFAXGA).

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias da EGAP, en Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas).

3. Na páxina web <http://egap.xunta.es> actualizarase e ampliarase a información sobre as actividades do programa de autoformación, incluíndo as quendas, se é o caso, e o horario de realización das probas de avaliación.

Terceira. As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Pode solicitarse a inscrición nun máximo de cinco probas de avaliación das actividades do programa de autoformación.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

6. As persoas solicitantes deben dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo teñen que indicar na solicitude.

7. A maiores, toda persoa interesada en recibir no seu teléfono móbil mensaxes de texto con información sobre o proceso de selección ten que facilitar o correspondente número.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deben remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27). A devandita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

Cuarta. As probas de avaliación: criterios de selección

1. Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG do 10).

2. Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales 60 están vinculados ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e os 40 restantes, á antigüidade na Administración.

3. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25). Para o ano 2016, segundo a Resolución do 3 de febreiro (DOG do 12 de febreiro), comezarase pola letra O.

Quinta. As probas de avaliación: publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación en que figurará o alumnado seleccionado para participar e mais o situado nos primeiros postos da listaxe de agarda. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil. Aquelas persoas que non figuren na relación estarán, ben situadas nun posto máis afastado na listaxe de agarda ben excluídas en aplicación destas bases.

2. O prazo de presentación de alegacións é de cinco días naturais contados desde o da devandita publicación.

3. Transcorrido o prazo de presentación de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva das persoas admitidas para participar nas probas de avaliación.

Sexta. As probas de avaliación: cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas nin cambios na asignación de quendas das probas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poden renunciar á proba de avaliación da actividade do programa de autoformación:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe serlle comunicada por escrito á EGAP nun prazo de cinco días hábiles contados desde o da publicación da listaxe definitiva das persoas seleccionadas. Na páxina web da EGAP está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto pódese utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. As probas de avaliación: desenvolvemento

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación teñen o seguinte formato:

Actividade do programa de autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

Actividades de ofimática

De 30 a 50 horas

30

90

Unha

Non

70 %

De 25 a 50 horas

40

60

De 15 a 24 horas

30

45

Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral de Función Pública.

Novena. As facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas disporán de todos os datos no enderezo <http://egap.xunta.es>. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.