Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22538

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Observado un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 31 de maio, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 20878, no anexo, ao final da relación, debe engadirse o seguinte contido:

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Vimianzo ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

31.3.2016