Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22557

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016 pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración subscrito por esta entidade pública no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenio de colaboración subscrito por Augas de Galicia durante
o primero cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto ríos)

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2016 no marco dun programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade, que pretende dar resposta a un problema de ámbito galego (e tamén global) como é a contaminación e a deterioración dos ecosistemas fluviais (Proxecto ríos).

50.000,00 €

18.3.2016