Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23128

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composión dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos citados procedementos selectivos.

En cumprimento do sinalado na base sétima da Orde do 4 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril) pola que se convocaban os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear os tribunais que deberán xulgar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúen no anexo desta resolución.

Segundo. Indicar a data, a hora e o lugar en que se realizará a citada proba:

Data: 17 de xuño de 2016.

Hora: ás 17.00 horas.

Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. Os opositores que teñan que facer a proba de lingua galega matriculados para o ingreso no corpo de mestres actuarán ante o tribunal número 1.

Os restantes corpos actuarán ante o tribunal número 2.

Cuarto. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros do tribunal que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función e teñan dereito a percibir as axudas e gastos de viaxe de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

590053-Lingua e literatura galega.

Tribunal 1.

Posto

NIF

Apelidos e nome

Titulares:

Presidente titular

32417013P

López Varela, Elisardo

Vogal titular 1

76823097S

Otero Domínguez, Susana

Vogal titular 2

32593308P

Fernández Sabín, Ricardo

Vogal titular 3

36048184P

Pena Santiago, Manuela

Vogal titular 4

76858224K

Loureiro Rodríguez, Carlos

Suplentes:

Presidenta suplente

32418020A

Soto Arias, Mª Rosario

Vogal suplente 1

35440120H

Blanco Pardal, María Carmen

Vogal suplente 2

34922461C

- ver pdf -

Vogal suplente 3

33994740G

López López, María do Carme

Vogal suplente 4

35287781P

Gallego Fernández, Xavier

590053-Lingua e literatura galega.

Tribunal 2.

Posto

NIF

Apelidos e nome

Titulares:

Presidente titular

34934619B

Fernández Fernández, José

Vogal titular 1

32637518N

Suárez Rey, María Carmen

Vogal titular 2

33249313F

Seoane Taboada, Xesús

Vogal titular 3

36060361H

Jiménez González, María Xosé

Vogal titular 4

32755070B

Egea Lapina, Enrique

Suplentes:

Presidente suplente

34720883Z

Caseiro Nogueiras, Delfín

Vogal suplente 1

34258173H

Díaz Rodríguez, María José

Vogal suplente 2

33849722R

Vázquez Somoza, Xosé Luis

Vogal suplente 3

32619540C

Beceiro Díaz, María José

Vogal suplente 4

52491202G

Millán Otero, José Manuel