Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24233

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de xuño de 2016 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15, convocados pola Orde do 18 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 26 de febreiro).

A Orde do 18 de febreiro de 2016 (DOG do 26) pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15, establece no seu artigo 11.2 que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/15

Sol.

Apelidos e nome

Familia

Cód. C.

Centro educativo

Importe

7429

Barros López, Alexia Elvira

Servizos Socioculturais e á Comunidade

15016000

CIFP Compostela

850 €

7413

Conde-Valvís Fraga, Álvaro

Fabricación Mecánica

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

850 €

7616

Fernández Neira, Marta

Imaxe Persoal

36018173

IES de Teis

850 €

6819

González Carbajal, María

Agraria

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

850 €

8039

Jove Fernández, Daniel

Transporte e Mantemento de Vehículos

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €

6924

Lorenzo Leiro, Laura

Sanidade

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

850 €

6513

Martínez Penedo, José María

Informática e Comunicacións

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

850 €

7435

Martínez Sidrás, Alejandro

Electricidade e Electrónica

36013771

IES Fermín Bouza Brey

850 €

6114

Mosquera López, Carlos

Comercio e Márketing

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

7815

Novo Celeiro, Araceli

Téxtil, Confección e Pel

15027897

CIFP Paseo das Pontes

850 €

7930

Paredes Pampín, José Ricardo

Imaxe e Son

36024461

IES Audiovisual de Vigo

850 €

7515

Patao Lameiro, Óscar

Instalación e Mantemento

15005749

IES Universidade Laboral

850 €

7523

Peñalver López, Carmen

Hostalaría e Turismo

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

850 €

7438

Pregue López, Sara

Administración e Xestión

15027058

IES As Fontiñas

850 €

6618

Presas González, Hugo

Actividades Físicas e Deportivas

15005233

IES Agra do Orzán

850 €

6918

Rancaño Carrera, Diego

Enerxía e Auga

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

7113

Ribao Guzmán, Natalia

Química

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

850 €

6721

Río Caamaño, Jorge del

Industrias Alimentarias

15027897

CIFP Paseo das Pontes

850 €

6413

Sóñara Pita, Xosé Roi

Artes Gráficas

15021469

IES Leixa

850 €

7518

Souto Rial, Adrián

Edificación e Obra Civil

15027058

IES As Fontiñas

850 €

8022

Villasenín Iglesias, Rubén

Seguridade e Medio Ambiente

36007552

CIFP A Granxa

850 €