Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 8/2016-G-OTM).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de febreiro de 2016, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para ordenar os volumes edificables, axustar as rasantes interiores e concreción das condicións estéticas e de composición da edificación nas parcelas E1B-E2 da rúa Madeira do parque empresarial de Bértoa, de Carballo, promovido pola entidade Gallega de Mallas, S.L., segundo a documentación técnica presentada o 12 de xaneiro de 2016, núm. de rexistro de entrada 2016000252, asinada polo arquitecto Javier Caamaño Puñal (Col. 2794 COAG).

O que se somete a información pública por un prazo dun mes en cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

Carballo, 4 de abril de 2016

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde