Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24647

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para realizar proxectos de mellora das pemes galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 1 de febreiro de 2016, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para realizar proxectos de mellora das pemes galegas, e facultou o director xeral para a súa convocatoria para o exercicio 2016, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para realizar proxectos de mellora das pemes galegas e convocar para 2016 un máximo de 100 bolsas en réxime de concorrencia competitiva.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A dotación orzamentaria para estas bolsas ascende ao importe de 1.122.288,00 € e aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Partida

Orzamento 2016

Orzamento 2017

Orzamento 2018

Orzamento total

09.A1.741A.4800

379.440,00 €

572.805,00 €

127.755,00 €

1.080.000,00 €

09.A1.741A.4840

13.602,64 €

23.364,12 €

5.321,24 €

42.288,00 €

Total:

393.042,64 €

596.169,12 €

133.076,24 €

1.122.288,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 10.800 € brutos por bolsa.

Quinto. A titulación universitaria de acceso á bolsa deberá terse obtido con posterioridade ao 31 de decembro de 2009.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para realizar proxectos de mellora das pemes galegas

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en cumprimento das funcións que ten encomendadas como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, está impulsando a prestación de servizos de mellora da competitividade das pemes en diversos ámbitos, como poden ser o diagnóstico da situación competitiva, a profesionalización da xestión empresarial ou o desenvolvemento estratéxico.

Este impulso aos servizos parte do convencemento de que a adquisición de competencias por parte das empresas é a base da capacidade de xeración actual e futura das vantaxes que lle permitirán á empresa competir. Concíbense, pois, servizos claramente enfocados ás necesidades detectadas nela, curtos no tempo para poder modularizar as actuacións, e con resultados medibles á súa finalización.

Por outra parte, as entidades asociativas galegas prestan aos seus asociados un conxunto de servizos cuxo obxectivo é tamén a mellora da competitividade da empresa.

A prestación destes servizos especializados supón unha importante oportunidade para incrementar a formación teórico-práctica de novos titulados galegos, se temos en conta o seguinte:

– Os servizos comezan con accións formativas dirixidas ás empresas que van participar neles, ás cales asistirán tamén os bolseiros.

– A adquisición de coñecemento por parte dun titulado recente nos ámbitos de mellora de que se trata só é posible mediante unha combinación de formación e acción. Unha gran cantidade de coñecemento teórico non garante a capacidade de levar a cabo un proxecto sen a experiencia real.

– Os bolseiros, ademais da formación teórica, completarán o seu programa formativo baixo a tutela de empresas prestadoras de servizos profesionais, clústers ou entidades asociativas de carácter empresarial ou profesional, e rematarán a súa formación práctica mediante a participación potencial en varias prácticas formativas relacionadas con pemes distintas durante un ano de duración da súa bolsa. Deste xeito, acádase unha experiencia máis rica que coa presenza continua nunha mesma peme e ábrense oportunidades de incorporación ao mercado laboral.

– O bolseiro, ademais, poderá participar nas tarefas realizadas pola peme receptora do servizo e a entidade de acollida, o cal permite unha atención máis directa, e beneficia a necesaria dedicación que un proxecto de mellora necesita dentro da empresa.

Co ánimo de aproveitar esta oportunidade, e sen limitar en principio a incorporación dos bolseiros soamente a programas impulsados polo Igape, senón deixándoo aberto a outras iniciativas similares de execución de proxectos de mellora en empresas, o Igape pon en marcha as bolsas de formación teórico-práctica que son obxecto das presentes bases de tramitación.

A convocatoria das bolsas para incorporar novos titulados a proxectos de mellora das pemes galegas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. As distintas convocatorias incluirán o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes, o número de bolsas convocadas, os créditos asignados, a data a partir da cal se debe ter recibido a titulación de acceso á bolsa e a súa contía.

As bolsas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Nestas convocatorias en concorrencia competitiva, a preparación de solicitudes será necesariamente electrónica, en beneficio de ambas as partes. A súa presentación e a comunicación entre o solicitante e o Igape poderá ser, así mesmo, totalmente electrónica ou ben mediante a presentación física da instancia de solicitude.

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto destas axudas é a concesión do número de bolsas indicado na resolución de convocatoria para realizar prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o plan formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa. Entre outros:

a) Optimización financeira/mellora do circulante.

b) Profesionalización da produción e tecnoloxías relacionadas coa Fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0.

c) Relanzamento comercial.

d) Xestión por procesos.

e) Imaxe e comunicación empresarial.

f) Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

g) Desenvolvemento de plans de acción.

h) Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.

i) Innovación na empresa.

j) Desenvolvemento do capital humano.

k) Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.

l) Asesoramento integral ao proceso emprendedor.

m) Dixitalización na empresa.

2. Os titulados participarán nun itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clústers empresariais, período durante o ca recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas bolsas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar bolsas por contía superior á que se determine en cada convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Natureza e incompatibilidade da bolsa

1. O programa reúne os requisitos previstos no artigo 1 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, polo que a dita norma resulta de aplicación.

2. A concesión ou gozo destas bolsas non implica ningunha vinculación laboral, estatutaria ou administrativa entre o beneficiario e o Igape, nin as súas colaboradoras, nin supoñen ningún compromiso ou dereito de incorporación aos seus cadros de persoal, e non terá o bolseiro, en ningún caso, a representación do Igape.

3. Estas bolsas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de similares características, así como con calquera relación laboral ou de prestación de servizos remunerada do bolseiro durante o período de formación práctica.

4. A obtención doutras axudas recibidas para a realización do proxecto obxecto da bolsa deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a memoria final da bolsa. En todo caso, antes de conceder a bolsa, solicitarase do solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre outras axudas recibidas para a realización do proxecto obxecto da bolsa. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Requisitos dos solicitantes

Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:

1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.

3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito, Bioloxía/Biotecnoloxía e Farmacia. A titulación deberá terse obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

4. Non ter gozado con anterioridade ningunha outra bolsa do Igape.

5. Non ter gozado doutra bolsa concedida por outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.

6. Non ter desempeñado con anterioridade ningún traballo profesional para o que se requirise a mesma titulación exixida nesta convocatoria, en virtude de calquera tipo de contrato laboral de duración igual ou superior a seis meses, o cal se acreditará mediante informe de vida laboral da Seguridade Social.

7. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.

8. Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario telemático a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 51.d) da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Artigo 5. Condicións e contía das bolsas

1. Duración e destino.

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses, contados desde a asignación do bolseiro ao seu destino, e poderá ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata catro meses adicionais. As prórrogas das bolsas poderanse conceder, mediante resolución motivada, en función da necesidade de finalizar unha parte do programa formativo que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar.

As bolsas desfrutaranse en destinos escollidos polo Igape, baixo a supervisión de axentes colaboradores concertados que participen na prestación ás pemes de servizos de mellora da competitividade.

Poderanse establecer listas de reserva para cubrir posibles desistencias ou renuncias por un tempo que cubrirá unicamente o que reste desde a data de inicio da nova bolsa concedida ata a data de finalización que tivese a bolsa inicial. Non poderán concederse bolsas para suplir renuncias ou incidencias por un tempo inferior a catro meses.

2. Contía.

A contía das bolsas é de 10.800 euros anuais. En caso de prórroga da bolsa, a dotación incrementarase proporcionalmente segundo a duración da prórroga.

Considéranse incluídos dentro da dotación da bolsa a Seguridade Social, de ser o caso, os impostos de carácter persoal así como todos os gastos en que teña que incorrer o bolseiro para o desenvolvemento das fases teóricas ou prácticas da bolsa.

3. Programa de formación teórica.

Durante a execución do programa de bolsas, o Igape organizará un curso de formación teórica destinado aos bolseiros seleccionados.

Este curso terá a consideración de non computable no período da bolsa, será gratuíto e non remunerado e será obrigatorio para participar nas prácticas formativas, entenderase a non asistencia como renuncia á solicitude e arquivarase.

Se o titular dunha solicitude aprobada se vise obrigado a interromper a súa formación teórica por motivo de enfermidade, accidente ou causa grave deberá comunicalo ao Igape na maior brevidade posible, xuntando o correspondente xustificante. No caso de que a interrupción da formación supere o 10% das horas do curso, o Igape considerará a dita interrupción como renuncia á solicitude, cos efectos xa indicados.

Os asistentes ao curso de formación teórica disporán de diploma de asistencia en que conste o plan de formación, equipo docente e número de horas.

O curso constará dun mínimo de 40 horas de formación teórica, que poderán organizarse en varias edicións, e estará baseado nunha formación específica nas materias que constituirán o obxecto das prácticas formativas e que están indicadas no artigo 1.

4. Prácticas formativas

As prácticas formativas realizaranse baixo a supervisión do Igape en axentes colaboradores concertados que participen na prestación de servizos de mellora da competitividade ás pemes.

O Igape e o axente colaborador establecerán, mediante convenio, o programa de prácticas formativas nunha ou varias das tipoloxías de proxectos de mellora, no cal se detallarán as actividades do bolseiro, a documentación en que se reflectirán, así como a formación específica que se deberá impartir ao bolseiro para a súa execución. Ao longo das prácticas formativas programaranse un mínimo de horas adicionais de formación nas materias obxecto das prácticas.

O axente colaborador designará un titor que levará a cabo as seguintes funcións:

a) Coordinador e formador principal do bolseiro, de xeito que toda a súa actividade formativa teórico-práctica se leve a cabo baixo a súa supervisión e dirección.

b) Asesoramento ao bolseiro no programa formativo, e instrución na súa función e relación coas empresas en que se desenvolvan as prácticas formativas.

c) Avaliación do traballo do bolseiro.

d) Aseguramento do cumprimento da normativa en canto a prevención e riscos durante as prácticas formativas.

Artigo 6. Entidades colaboradoras

Co fin de ofertar destinos formativos aos bolseiros, o Igape formalizará convenios de adhesión como entidade colaboradora coas empresas ou entidades que cumpran os seguintes requisitos:

1. Solvencia técnica: empresas con experiencia mínima de 4 anos en consultoría empresarial especificamente dirixida á elaboración de proxectos de mellora nas pemes nos ámbitos relacionados no artigo 1 (proxectos elixibles), que teñan asegurada carga de traballo nos próximos 12 meses neste tipo de proxectos, designen un titor cun compromiso de dedicación mínima ao bolseiro do 10% da súa xornada, e presenten un plan formativo cun mínimo de 40 horas teóricas e 1.600 prácticas que se desenvolverán durante os 12 meses de bolsa.

Acreditación da solvencia técnica:

a) Declaración responsable dos principais proxectos elixibles executados durante os últimos catro anos, con indicación de título, descrición, importe contratado, dedicación en horas/home e cliente final.

b) Relación de contratos asinados ou encargos firmes para os próximos 12 meses e carga de traballo en horas/home asociada a cada un deles.

c) Plan de formación teórica dos bolseiros e plan de prácticas formativas mediante a participación nos proxectos enumerados na relación de contratos anterior. Estes plans deben axustarse e concretar o establecido no Plan formativo do anexo III das bases reguladoras.

d) Declaración responsable do titor en que se compromete a dedicar un 10% da súa xornada á supervisión e formación directa do bolseiro.

Quedará a criterio do Igape a avaliación positiva ou negativa da solvencia técnica acreditada pola empresa, de acordo cos requirimentos do programa de bolseiros.

2. Obrigas da entidade colaboradora.

a) Executar o plan de formación teórica e o plan de prácticas formativas mediante a participación nos proxectos enumerados na solvencia técnica presentada.

b) Asignar un titor a cada bolseiro, cunha dedicación dun 10% da súa xornada á supervisión e formación directa del.

c) Cumprir a normativa en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo e incluír o bolseiro no plan de prevención de riscos das súas instalacións ou daquelas pemes en que se desenvolva a formación práctica.

d) Sufragar os gastos de desprazamento en que incorra o bolseiro durante as prácticas formativas. Para este efecto a entidade colaboradora fixará unha lugar das prácticas formativas para o bolseiro, que poderá ser directamente na peme ou no centro de traballo da entidade colaboradora. Este lugar non se poderá cambiar máis de cinco veces ao longo da bolsa. Os gastos que se deberán sufragar serán os relativos aos desprazamentos desde a lugar fixada.

e) Informar o Igape de calquera incidencia que ocorra ao longo do período da bolsa.

f) Someterse aos mecanismos de inspección e de control que o Igape considere convenientes, vinculados ás actividades formativas dos beneficiarios en relación coa bolsa concedida.

3. Solvencia económica: acreditación do cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Mínimo 3 empregados UTA ou 3 profesionais independentes con dedicación superior ao 90 % á empresa no ano inmediatamente anterior ao da convocatoria. Deberá acreditarse, mediante vida laboral da empresa para o ano inmediatamente anterior ao da convocatoria, declaración responsable da empresa subscrita polos profesionais con dedicación superior ao 90 %, ou calquera outra documentación que, a xuízo do Igape, sexa bastante.

b) Facturación mínima no ano inmediatamente anterior ao da convocatoria: 200.000 € en proxectos de servizos profesionais. Deberá acreditarse mediante declaración relativa á cifra de negocios do dito exercicio.

Os clústers galegos legalmente constituídos, os centros tecnolóxicos, as entidades asociativas de carácter empresarial ou profesional, as entidades con que o Igape colabore no marco dun acordo formal para a prestación de servizos a empresas ou emprendedores no ámbito do artigo 1 destas bases, e as empresas cuxa data de constitución teña unha antigüidade inferior a catro anos na data de publicación da convocatoria de bolsas para a cal van acoller bolseiros eximiranse do requisito de solvencia técnica relativa á experiencia de 4 anos (si deberán cumprir o resto de requisitos de solvencia técnica), así como dos requisitos de solvencia económica. Así mesmo, quedarán exentos da presentación da declaración responsable dos principais proxectos elixibles executados durante os últimos catro anos, e substituirán a relación de contratos asinados ou encargos firmes para os próximos 12 meses por unha declaración dos principais traballos que se van acometer.

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os formularios de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non sexa autorizado o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nestas bases reguladoras, salvo que estes xa estivesen en poder do Igape; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A presentación da solicitude pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, e deberá presentar entón a certificación nos termos establecidos regulamentariamente.

5. De conformidade co artigo 17 da da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puidesen impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 8. Solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no citado formulario e, no caso de que se conceda a bolsa, serán obxecto de acreditación documental nas fases de tramitación en cada caso oportunas e, en calquera caso, previamente a calquera aboamento da axuda.

2. Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet o do número de teléfono 900 81 51 51, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

3. As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de maneira obrigatoria na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario de solicitude será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

4. O formulario de solicitude deberá vir acompañado do curriculum vitae.

De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa estea en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

5. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto co curriculum vitae. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.

6. Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude a copia dixitalizada do curriculum vitae, e a persoa que asina a solicitude responsabilizarase e garantirá a fidelidade do dito documento co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirirlle ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais, e obterá arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

Os solicitantes que o presenten por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

b) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

c) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

d) Os interesados que cumpran os requisitos do punto a) anterior tamén poderán empregar a vía electrónica para recibir notificacións do Igape e para enviar de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación electrónica neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación electrónica, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño).

7. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Competitividade do Igape será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da bolsa. Correspóndelle ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ditar a resolución de concesión ou denegación da bolsa, que porá fin ao procedemento administrativo. A asignación de titor ao bolseiro realizarase mediante dilixencia do director da Área de Competitividade.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

1. Baremación das solicitudes.

Presentadas as solicitudes de adxudicación dunha bolsa, estas serán avaliadas, en función dos datos declarados polo solicitante, polos servizos da Área de Competitividade do Igape. No caso de empate nas puntuacións en calquera das listas ordenadas de solicitudes, para desempatar terase en conta por esta orde: maior puntuación no expediente académico, maior puntuación na formación específica e número de expediente, que se outorgará segundo a data de entrada da solicitude no Igape.

A Área de Competitividade valorará as solicitudes de acordo co seguinte baremo:

a) Ata 5 puntos polo expediente académico, segundo a media que se obteña utilizando o seguinte baremo de puntuación:

Matrícula de honra: 5 puntos.

Sobresaliente: 4,5 puntos.

Notable: 3,5 puntos.

Aprobado: 2,5 puntos.

b) Ata 1,5 puntos pola formación específica nos ámbitos relacionados no artigo 1 destas bases (másters, curso de posgrao, cursos ou similares), polo que os candidatos que acrediten a realización dun curso completo nesta materia de duración igual ou superior a 600 horas ou 60 créditos obterán 1,5 puntos nesta epígrafe, ou 0,75 se o curso acreditado é de duración igual ou superior a 300 horas ou 30 créditos e inferior a 600 horas ou 60 créditos. Corresponde á Área de Competitividade a avaliación da similitude ou relación dos méritos achegados co obxecto da convocatoria.

c) 1,5 puntos se a titulación que acredita o candidato é unha das seguintes titulacións superiores:

Administración e Dirección de Empresas.

Economía.

Ciencias Empresariais.

Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Informática e Enxeñaría en Telecomunicacións.

d) 1 punto polo coñecemento dalgún idioma estranxeiro a nivel polo menos B2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas, acreditado mediante título oficial.

A suma total destas puntuacións será como máximo de 9 puntos.

2. Proposta provisional.

Unha vez baremadas as solicitudes, o órgano instrutor publicará na súa web (enderezo www.tramita.igape.es) a proposta de resolución provisional do procedemento, que incluirá unha lista de bolsas concedidas ata un máximo das indicadas na convocatoria (as que obtivesen a máxima puntuación no baremo), unha lista dun máximo de 100 bolsas en posto de reserva (as 100 como máximo seguintes por orde de puntuación) que servirán para cubrir posibles renuncias ou incumprimentos, unha lista de solicitudes denegadas con indicación da súa causa de exclusión (que poderá incluír o feito de non acadar a puntuación de corte ou o incumprimento de calquera das condicións para ser beneficiario) e unha lista de solicitudes arquivadas debido á súa presentación incorrecta, fóra de prazo, renuncias ou outras causas de arquivo.

Esta publicación producirá os efectos de notificación aos interesados, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, e concederase un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación, para presentar alegacións.

Na proposta provisional concederáselles aos titulares de solicitudes provisionalmente concedidas ou en posto de reserva un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación, para presentar a documentación acreditativa das circunstancias alegadas nas súas solicitudes ou as alegacións que consideren oportunas, con indicación de que se non o fixesen se lles terá por desistidos da súa solicitude, que se arquivará sen máis trámite. A documentación acreditativa (no caso de que estea redactada nunha lingua non oficial en Galicia deberase presentar xunto coa tradución realizada por intérprete xurado) será a seguinte:

a) Copia do DNI ou NIE, só no caso de non ter autorizado a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no anexo I.

b) No caso de que o solicitante sexa estranxeiro e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE), deberá achegar fotocopia do pasaporte.

c) Acreditación do cumprimento da veciñanza administrativa en Galicia mediante o certificado de empadroamento, só no caso de non ter autorizado a súa consulta ao Igape no anexo I.

d) Título de estudos universitarios acadado, segundo o expresado no artigo 4.3 ou, no seu defecto, xustificante de ter pagadas as taxas para a súa obtención, só no caso de non ter autorizado a súa consulta ao Igape no anexo I.

e) Expediente académico oficial expedido polo centro ou institución onde o solicitante realizou os seus estudos universitarios superiores ou medios. No caso de estar redactado nun idioma non oficial en Galicia, terase que achegar tradución asinada por intérprete xurado.

f) Para o caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados, acreditación da súa homologación polo Ministerio de Educación español.

g) Certificado médico de boa saúde para o normal exercicio da bolsa, emitido con posterioridade á data de convocatoria.

h) Informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou organismo equivalente estranxeiro emitido con posterioridade á data de convocatoria. No caso de estar redactado nun idioma non oficial en Galicia, terase que achegar tradución asinada por intérprete xurado.

i) Acreditación, de ser o caso, da formación específica; certificado de realización do curso completo nesta materia en que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

j) Certificado oficial de nivel de lingua estranxeira, de ser o caso. O nivel deberá estar certificado en data non superior á de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa estea en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

Os titulares dos expedientes que aparezan como excluídos na proposta provisional disporán de dez días desde a publicación para presentar alegacións á proposta provisional e, no caso de que formulen alegacións, deberán presentar o mesmo conxunto de documentación ca os admitidos, xa que no caso de que as alegacións se estimasen, e non constase presentada no expediente a documentación citada, teríase por desistido da súa solicitude e arquivaríase sen máis trámite.

3. Resolución definitiva.

Unha vez analizadas as ditas alegacións e a documentación recibida, o órgano instrutor confeccionará a proposta de resolución definitiva, que elevará ao director xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección do Igape, na cal se reflectirá a contía da axuda concedida a cada solicitude e a lista de reservas para cubrir posibles revogacións ou incidencias.

A resolución definitiva será publicada na páxina web do Igape, publicación que producirá os efectos da notificación segundo o establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 5 meses contados desde a data de finalización do período de presentación das solicitudes. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que ditase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Os titulares de solicitudes aprobadas e de reserva serán convocados polo mesmo medio á formación teórica.

4. Curso de formación teórica.

Os titulares das solicitudes aprobadas e de reserva participarán nun curso de formación teórica. A ausencia en máis dun 10 % da duración destas actividades formativas, sen motivo xustificado (enfermidade ou accidente), será causa de perda do dereito a gozar da bolsa.

O curso de formación terá lugar nas datas e lugares de Galicia que se comunicarán na resolución, e correrán por conta do solicitante, de ser o caso, os gastos de desprazamento, estadía e manutención.

5. Selección para as prácticas formativas.

As listas definitivas de bolseiros titulares e suplentes terán unha vixencia de 12 meses desde a súa publicación. Durante ese período e a medida que o Igape teña dispoñibilidade de axentes colaboradores para realizar prácticas formativas e por resolución do director xeral do Igape asignará, por orde estrito de puntuación dentro das preferencias en titulacións e formación específica concertadas no convenio de colaboración coa entidade correspondente, a cada bolseiro un titor, e notificaralles a ambos individualmente a dita asignación, con expresión da data de comezo do desfrute do período da bolsa.

O bolseiro poderá solicitar ao Igape a suspensión da asignación de titor por un período determinado, co cal o Igape procederá a asignar os seguintes bolseiros da lista durante o dito período.

Os bolseiros con titor asignado terán un prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da notificación do seu proxecto formativo para a súa incorporación ás prácticas formativas asignadas, a cal o axente colaborador comunicará ao Igape mediante a dilixencia de aceptación segundo o modelo normalizado establecido polo Igape. Se no dito prazo non constase a incorporación, entenderase que o bolseiro renuncia á axuda, e seleccionarase o seguinte da lista de admitidos (en primeiro lugar) ou reservas (se xa non fose posible asignalo a un posto da lista de admitidos), mediante resolución do director xeral do Igape ditada por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Transcorridos 12 meses desde a data de publicación da resolución definitiva establecida no apartado 10.3 anterior sen asignación dun titor, decaerá o dereito á percepción da bolsa tanto das persoas titulares da bolsa como dos integrantes da lista de reservas, e arquivarase o expediente.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá, por delegación do Consello de Dirección do Igape, o director xeral do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12. Incidencias

Calquera alteración das condicións que se tiveron en conta para conceder as axudas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, ben por instancia do solicitante ou de oficio, pola Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, sempre que se cumpran os requisitos do artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Obrigas dos bolseiros

Sen prexuízo doutras obrigas conforme estas bases e demais disposicións aplicables, os beneficiarios das bolsas quedarán suxeitos ás seguintes obrigas:

1. Asistir á formación teórica e incorporarse ás prácticas formativas asignadas dentro do prazo indicado nestas bases.

2. Cumprir as normas internas establecidas polo titor asignado.

3. Elaborar e presentarlle ao Igape trimestralmente, en colaboración co seu titor, un informe parcial dos traballos realizados durante ese período e un informe de vida laboral.

4. Elaborar e presentarlle ao Igape ao final da bolsa, en colaboración co seu titor, unha memoria final dos traballos realizados durante todo o período da bolsa e completar a enquisa de avaliación que recibirán ao finalizar este.

5. Comunicarlle ao Igape a obtención doutras bolsas ou axudas de carácter similar, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade ao aboamento da bolsa.

6. Proceder ao reintegro da bolsa percibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Cumprir as demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Os beneficiarios están obrigados a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da dita lei.

Artigo 14. Xustificación e pagamento

1. A dotación da bolsa aboarase ao bolseiro segundo o seguinte detalle:

a) Un 15 % da dotación unha vez recibida a notificación de asignación de titor.

b) O resto da bolsa repartido en períodos trimestrais.

c) Ao finalizar a bolsa, o importe pendente desde o último pago trimestral ata completar o importe total da bolsa. Este pagamento deberá ser polo menos ao 10 % da bolsa e condicionarase á entrega do informe final da bolsa e á contestación da enquisa final.

2. A concesión do anticipo do 15 % será obxecto de resolución motivada. O importe conxunto dos pagamentos á conta e do pagamento anticipado non excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario e pode acadar ata o 90% da subvención logo de autorización polo Consello da Xunta nos termos previstos nos artigos 62.2 e 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. A solicitude de aboamento dos pagos da bolsa realizaraa o bolseiro a través da plataforma informática de xestión que manterá o Igape coas entidades colaboradoras na conta bancaria por el designada.

Con carácter previo aos pagamentos á conta trimestrais e do pagamento final, o bolseiro deberá presentar, a través do seu titor e mediante a plataforma informática de xestión do Igape coas entidades colaboradoras, un informe das actividades realizadas no trimestre correspondente e unha memoria final da bolsa, que a título informativo figura como anexo II a estas bases, á cal se unirá informe de vida laboral do bolseiro durante o período de prácticas formativas que leve executado.

Artigo 15. Certificado da bolsa

Tras a presentación no Igape da memoria final das actividades realizadas, o bolseiro terá dereito a recibir un certificado de beneficiario da bolsa concedida.

Artigo 16. Incumprimento

1. Procederá a revogación da bolsa e, se é o caso, o reintegro das cantidades anticipadas e os seus xuros de demora devindicados desde o seu pagamento, cando o bolseiro incumpra calquera das bases da convocatoria ou os compromisos contraídos na resolución de concesión, así como nos casos previstos nos artigos 33 e concordantes da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

En calquera momento o Igape poderá comprobar, mediante os mecanismos de inspección e de control que considere convenientes, as actividades formativas dos beneficiarios relativas á bolsa concedida.

2. Ao terminar o primeiro semestre o Igape revisará o cumprimento do programa de formación asignado e resérvase a facultade de revogar a bolsa se o bolseiro incumpre as súas obrigas, sen que sexa por algunha causa xustificada ou motivo de forza maior.

3. No caso de que o bolseiro renuncie á bolsa concedida deberá comunicalo ao Igape por escrito con polo menos 15 días de antelación á data en que abandone as prácticas formativas, na cal deberá presentar o informe final da bolsa. Este prazo establécese con carácter xeral sen prexuízo de que por causas de forza maior non se poida cumprir o dito prazo.

4. En todos os casos, a cantidade anticipada que se vai devolver obterase pola diferenza entre a dotación percibida ata o momento da renuncia e a que lle corresponde polos días efectivamente desfrutados.

5. O procedemento de incumprimento iniciarao o Igape, de oficio, ben por iniciativa do órgano concedente ou como consecuencia das actuacións de control da Intervención Xeral, por petición razoada doutros órganos que teñan atribuídas facultades de comprobación na materia ou por denuncia.

6. O órgano competente para iniciar, tramitar e resolver o expediente será aquel que ditou a resolución de concesión.

7. O procedemento iniciarase mediante a comunicación ao beneficiario das presuntas causas determinantes do incumprimento e as posibles consecuencias del. As persoas interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións ou xuntar documentos e outros elementos de xuízo.

8. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados, que disporán dun prazo de quince días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

9. Presentadas as alegacións ou transcorrido o prazo de quince días sen contestación por parte do beneficiario, o Igape ditará a resolución que proceda, e pronunciarase sobre o alcance do incumprimento e, se é o caso, a obriga de reintegro das cantidades percibidas.

10. O prazo máximo para resolver os procedementos sobre incumprimento será de doce meses computados desde o acordo de iniciación. Se pasado o dito prazo non se ditase resolución, entenderase caducado o procedemento sen prexuízo de que se notifique a resolución en que se declare a caducidade e se ordene o arquivamento das actuacións.

11. O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dite resolución pola que se declare a dita circunstancia e da iniciación do procedemento sancionador cando os feitos que motivaron o procedemento de reintegro puidesen ser constitutivos de infracción administrativa.

12. En todo o non regulado nestas bases rexerá o disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V, capítulos I e II do Decreto 11/2009, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 17. Control

Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe o Igape e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que sexa requirida polo ditos organismos.

Artigo 18. Interpretación

Correspóndelle ao director xeral do Igape a facultade de ditar as disposicións necesarias para a aplicación das axudas previstas nestas bases, así como para resolver as dúbidas concretas que se susciten na súa aplicación.

Artigo 19. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía, Emprego e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as axudas concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape www.igape.es e no Diario Oficial de Galicia, con expresión da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións.

3. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de Datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

4. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na BDNS non requirirá o consentimento do beneficiario. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no número 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 20. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destas bases reguladoras, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado “Beneficiarios-terceiros”, cuxo obxecto, entre outras finalidades, é xestionar estas bases reguladoras, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é o Igape, quen no ámbito das súas respectivas competencias cederá os datos á Consellería de Economía, Emprego e Industria para resolver o expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nestas mesmas bases reguladoras para a súa tramitación. O solicitante faise responsable da veracidade de todos eles e declara ter o consentimento das terceiras persoas cuxos datos poida ser necesarios xuntar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd@igape.es.

Artigo 21. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases, será de aplicación o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Plan formativo
Bolsas formativas para realizar proxectos de mellora das pemes galegas

O plan formativo que se presenta baséase na intervención do bolseiro nunha fase de formación teórica e na asistencia, dirixido pola entidade colaboradora, a todo o desenvolvemento de entre dous e catro plans de mellora.

O número de plans de mellora en que o bolseiro poida participar depende en gran medida do servizo en particular que se estea prestando á peme receptora, e da complexidade específica que a dita peme presente para a implantación. É por iso que os tempos que se presentan na epígrafe “Relación de módulos considerados” son indicativos.

Deste xeito, e tendo en conta a definición que aparece máis tarde de cada módulo, poderiamos definir graficamente un plan da seguinte forma:

missing image file

(en azul os módulos teóricos e en vermello os módulos prácticos)

Deste xeito, unha bolsa en que se asista a tres proxectos de mellora tería a relación de fases seguintes:

Inicial-Execución 1-Intermedio 1-Execución 2-Intermedio 2-Execución 3-Final

Isto poderíase adaptar, por exemplo, a unha duración de 4+15+2+14+2+17+1=55 semanas que, dado que as 3 primeiras semanas (módulo M1) non son computables na bolsa, daría as 52 semanas do ano de duración da bolsa. Os axustes levaranse a cabo, de ser o caso, a través do labor do titor, ou vía prórroga para finalizar un proxecto de mellora en curso.

Relación de módulos considerados

Módulo

Tipo de formación

Responsable

Localización

Duración estimada
(semanas)

Descrición

M1

Formación inicial

Teórica (80 horas)

Igape

Provedor de formación contratado polo Igape

3

Formación teórica xenérica segundo programa que se xunta, que non está incluída na duración da bolsa, e que se realiza previamente á asignación de titor e de axente colaborador.

M2

Formación específica

Teórica (25 horas)

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

1

Formación específica sobre o servizo que se vai prestar, segundo plan formativo que se xuntará ao convenio de colaboración. Nela o bolseiro terá un primeiro contacto cos métodos, técnicas e ferramentas de consultoría que se van aplicar nun servizo concreto.

M3

Asistencia á formación de empresa

Teórica (10 horas)

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

1

Asistencia á formación que o axente colaborador definise para a prestación do servizo á peme. Os servizos disporán, polo xeral, deste tipo de formación previa, xa que se conciben como formación-acción. O bolseiro asistirá a esta primeira acción formativa de empresa como se fose un alumno máis.

M4

Asistencia ao traballo de campo inicial

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora e da peme receptora do servizo

3

No traballo de campo inicial, a entidade colaboradora traspasa á peme máis polo miúdo as ferramentas que se van utilizar (que dependen do servizo que se vai prestar), ao tempo que se recolle a documentación e datos que serán necesarios para a síntese da solución.

M5

Asistencia á fase de análise e síntese de solución

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

2

Tras a utilización das ferramentas propostas, a entidade colaboradora deseña unha solución para a peme que inclúe a aplicación nela de métodos ou técnicas co fin de executar o proxecto de mellora

M6

Asistencia ao traballo de implantación da solución proposta

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da peme receptora do servizo

6

Execución do proxecto de mellora deseñado.

M7

Asistencia á redacción de documentos finais

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora e da peme receptora do servizo

1

Ao finalizar cada servizo exixiranse á entidade colaboradora uns entregables determinados (procedementos, análises, comunicacións de actividade, informes…) a cuxa redacción asistirá o bolseiro.

M8

Redacción do informe de actividade

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

0,5

O bolseiro debe actualizar o seu informe de actividade para o Igape.

M9

Perfeccionamento de técnicas e ferramentas

Teórica (15 horas)

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

0,5

Ao finalizar cada servizo, a entidade colaboradora debe complementar a formación teórica do bolseiro na metodoloxía seguida, á luz da experiencia adquirida.

M10

Asistencia á preparación do seguinte servizo

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

1

O bolseiro debe asistir á preparación, por parte da entidade colaboradora, da planificación do seguinte servizo

M11

Redacción do informe final de actividade

Práctica

Entidade colaboradora

Dependencias da entidade colaboradora

1

Ao final da bolsa, o titor e o bolseiro redactan conxuntamente o informe final de actividade necesario para o pagamento da axuda

Proposta de programa formativo para o curso inicial aos bolseiros.

A seguinte é a especificación do módulo M1, responsabilidade directa do Igape, suxeita á adaptación de cada módulo, en concreto, ás necesidades de execución:

• Módulo 1: 8 horas. Competitividade e estratexia: enfoque de competencias, elaboración da visión e plan de acción. Equipos, implantación e seguimento de plans de acción.

• Módulo 2: 8 horas. Melloras comerciais: sistemas de escoita para coñecer o mercado, segmentación de clientes, adecuación de oferta por segmentos de clientes, técnicas e sistemas de fidelización.

• Módulo 3: 8 horas. Melloras operativas en procesos: técnicas lean, análises de valor, conceptos TOC e mellora continua, e tecnoloxías relacionadas coa Fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0.

• Módulo 4: 8 horas. Melloras na xestión do circulante e o financiamento. Políticas de xestión e investimento en circulante: control. Financiamento do circulante: instrumentos e custos. Reestruturación financeira.

• Módulo 5: 8 horas. Emprendemento, clúster, dixitalización na empresa.