Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24789

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 16 de xuño de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 24601, no artigo 7, punto 3, onde di: «…das especialidades establecidas no curriculum vitae correspondente.»,debe dicir: «…das especialidades establecidas no currículo correspondente.».

E na páxina 24602, no artigo 10, punto 1, onde di: «…establecidos no curriculum vitae do ciclo formativo…», debe dicir: «…establecidos no currículo do ciclo formativo…».