Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2016 polo que se autoriza a transmisión da titularidade da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade da Coruña e coa frecuencia 106.8 MHz a favor de Unedisa Comunicaciones, S.L.U.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 14 de abril de 2016,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2016 que a continuación se transcribe:

«Autorizar a transmisión da titularidade da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade da Coruña (106.8 MHz) de Unidad Editorial de Información Deportiva a favor de Unedisa Comunicaciones, S.L.U.».

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios