Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25596

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión (código ED305B).

A función docente constitúe un factor esencial da calidade da educación e para o seu adecuado desenvolvemento a formación do profesorado é unha peza clave. Por outra banda, a función docente experimentou unha notable transformación nos últimos anos, transformación que vai parella aos novos retos que ten que afrontar o sistema educativo. Neste contexto a oferta formativa debe, por unha banda, coordinarse cos grandes obxectivos e programas da política educativa e, por outra banda, facer o profesorado partícipe permitíndolle implicarse de forma activa na mellora das súas competencias, de xeito que se fomente a creatividade, a capacidade de innovación e, en resumo, que agrome o talento existente.

Neste sentido, os cambios derivados do desenvolvemento do Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (en diante, LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, tratan de que a formación permanente responda, tanto nas súas estruturas como nos seus plans e nas accións concretas, a unha vocación de apoio constante na mellora da función docente do profesorado galego.

No marco normativo estatal, a LOE, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, dedica o seu título III a salientar o protagonismo que debe adquirir o profesorado no sistema educativo actual, cunha atención prioritaria á súa formación inicial e permanente.

Esta lei establece, no seu artigo 102, que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros, coa finalidade, entre outras, de prever a adecuación dos coñecementos e métodos á evolución das ciencias e das didácticas específicas. E, por outra parte, o artigo 105, de medidas para o profesorado de centros públicos, dispón na alínea 2.d) que a Administración educativa disporá o desenvolvemento de licenzas retribuídas, de acordo coas condicións e requisitos que se establezan, coa finalidade de estimular a realización de actividades de formación e de investigación e innovación educativas que revertan en beneficio directo do propio sistema educativo.

Ademais da formación anual programada e desenvolvida polas estruturas de formación a través de actividades para o profesorado, é conveniente ofertar unha modalidade formativa de máis longa duración nun contexto de implicación activa do profesorado no seu deseño e de acordo coas principais liñas de traballo marcadas para o sistema educativo. Neste sentido, as novas tecnoloxías acadan unha importante presenza e gozan de gran proxección no eido docente, polo que a Administración pretende facer partícipe o profesorado na realización de proxectos de investigación elaborando materiais didácticos, sen esquecer a especificidade da formación profesional, que lles permita afondar nesta vertente do seu labor profesional e, ao mesmo tempo, que proporcionen o seu coñecemento e experiencia ao conxunto da comunidade educativa no deseño de actividades de formación a distancia, modalidade cun crecemento substancial dentro da formación do profesorado. Por outra banda, a potenciación da formación do profesorado nas linguas estranxeiras constitúe un eixe fundamental para o sistema educativo galego, de xeito que na función docente se tenda a acadar os niveis adecuados de competencia dentro dun marco europeo de referencia para as linguas.

En consecuencia, no uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e persoas destinatarias

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá tanto a convocatoria pública como a execución das licenzas por formación para o curso académico 2016/17, dirixidas ao persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2016/17 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).

b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).

c) Persoal interino.

2. A distribución da duración das licenzas por modalidades, expresada en meses, é a que se recolle no anexo I desta orde de convocatoria.

Artigo 2. Modalidades de licenzas por formación

As licenzas por formación, todas elas retribuídas, poden solicitarse para as seguintes modalidades:

Modalidade 1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

Ten por obxecto a creación de materiais dixitais para o programa de educación dixital en niveis obrigatorios e segundo ciclo de educación infantil. Valorarase preferentemente a creación de secuencias didácticas das materias de libre configuración autonómica para os niveis indicados, así como materiais vinculados á atención á diversidade nestes niveis. Terán especial consideración aqueles materiais dixitais que permitan o visionamento en calquera tipo de dispositivo, incluídos os móbiles, é dicir, HTML5, HTML ou Javascript. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

Ten por obxecto a creación de materiais dixitais para o programa de educación dixital en niveis obrigatorios e segundo ciclo de educación infantil. Valorarase preferentemente a creación de secuencias didácticas para as materias de libre configuración autonómica dos niveis indicados, así como materiais vinculados á atención á diversidade nestes niveis. Terán especial consideración aqueles materiais dixitais que permitan o visionamento en calquera tipo de dispositivo, incluídos os móbiles, é dicir, HTML5, HTML ou Javascript. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Ten por obxecto a elaboración ou adaptación de materiais plurilingües que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2 do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

• Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

• Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

Con carácter xeral, serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais de formación profesional establecidos ao abeiro da LOE.

No anexo IX relaciónanse os módulos profesionais que xa foron obxecto de elaboración de materiais noutras convocatorias, coa indicación do número de horas pendentes de elaborar e o número de horas pendentes de adaptación.

Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería no procedemento de elaboración de programación de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación profesional, grupos de traballo, etc.).

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Ten por obxecto a elaboración de materiais plurilingües inéditos que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2 do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Os materiais poderán ser redactados nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

Con carácter xeral, serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais establecidos ao abeiro da LOE.

No anexo IX relaciónanse os módulos profesionais que xa foron obxecto de elaboración de materiais noutras convocatorias, coa indicación do número de horas pendentes de elaborar.

Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería no procedemento de elaboración de programación de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación profesional, grupos de traballo, etc.).

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 5. Proxecto individual ou en grupos de dous a tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

Ten por obxecto a creación de cursos non presenciais de formación do profesorado que poderán impartirse na Plataforma de teleformación galega (Platega). A presentación do proxecto versará sobre algunha das temáticas preferentes propostas no anexo VIII, con mención expresa das subcompetencias profesionais correspondentes, e segundo as instrucións proporcionadas polo departamento correspondente do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), que coordinará o curso. O obxectivo desta modalidade é a creación e, de ser o caso, a posterior titoría dos cursos, segundo o compromiso recollido no anexo V e nas condicións normativas establecidas no desenvolvemento de actividades de formación permanente do profesorado. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, dentro do período comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2016.

Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües, segundo o compromiso recollido no anexo VI. Está dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas polo profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

A adxudicación de licenzas realizarase consonte a seguinte orde de preferencia: en primeiro lugar, o profesorado non especialista de segundo ciclo de educación infantil, ensino primario e secundario e o profesorado que imparta docencia na formación profesional e, en segundo lugar, o profesorado especialista en linguas estranxeiras.

A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV. O proxecto centrarase na presentación do plan de perfeccionamento da lingua que se desenvolverá durante o período da licenza.

As licenzas desta modalidade terán unha duración mínima dun mes e máxima de tres meses.

Artigo 3. Requisitos

1. As persoas candidatas a calquera das modalidades de licenza reguladas nesta orde deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2014/15 e 2015/16, e no 2016/17 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería.

2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2016/17, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2015/16, a valoración positiva do traballo desenvolvido considerarase unicamente para efectos de desempate.

b) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

2. Ademais, nas modalidades 3 e 4:

O profesorado solicitante deberá ter atribución docente no módulo ou módulos solicitados, agás na modalidade 4, tal como se recolle no parágrafo seguinte.

No caso de elaborar ou adaptar materiais nalgunha lingua estranxeira, acreditar a competencia lingüística nesta lingua no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas. Na modalidade 4, cumprirá que polo menos un membro do grupo de traballo teña acreditada esta competencia lingüística ou que un membro sexa da especialidade en que se vaian elaborar ou adaptar materiais.

Na submodalidade 3.a e na modalidade 4, a suma da duración das actividades elaboradas será dun mínimo de 15 horas por persoa e mes de duración da licenza.

Na submodalidade 3.b a suma da duración das actividades adaptadas será dun mínimo de 45 horas por persoa e mes de duración da licenza.

3. Obteren os mínimos previstos nesta convocatoria.

Artigo 4. Solicitudes, documentación e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse utilizando o modelo do anexo II. A solicitude será única e para unha soa modalidade.

2. Á solicitude achegaráselle a seguinte documentación:

a) Para as modalidades 1, 3 e 6: acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo III desta orde. As modalidades 2, 4 e 5, ao seren de grupo, quedan exentas.

No caso da formación académica non exixida para o ingreso no corpo e que non figure no expediente do solicitante, este poderá optar por presentar fotocopia compulsada da documentación acreditativa ou ben autorizar a Administración para a súa consulta a través da páxina web http://intranet.xunta.es/interoperabilidade

A indicada autorización deberá axustarse ao modelo que figura no anexo II desta orde de convocatoria.

b) Ademais, para as modalidades 1 e 2, unha demostración ou exemplo desenvolvido, elaborado coa/s ferramenta/s que utilizará segundo o seu proxecto.

c) Ademais, nas modalidades 3 e 4, no caso de elaborar ou adaptar materiais nalgunha lingua estranxeira, para acreditar a competencia lingüística nesta lingua no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas deberán presentar orixinal ou copia compulsada da documentación que acredite esta circunstancia.

d) Ademais, para a modalidade 5, unha maqueta do curso na plataforma dixital Platega 2 (Moodle 2.6), especificando a descrición de cada bloque (obxectivos, contidos, espazos de comunicación e interacción, tarefas...) e o anexo V debidamente cuberto.

e) Ademais, na modalidade 6, o anexo VI debidamente cuberto e, de ser o caso, orixinal ou copia compulsada da documentación que acredite a competencia lingüística na lingua correspondente no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

f) Para todas as modalidades, proxecto de traballo segundo o contido do anexo IV. A persoa que solicite a modalidade 3.b non cubrirá a alínea d) do proxecto.

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992, do 26 de novembro), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Esta documentación tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

6. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número de código único de rexistro.

8. Todas as persoas participantes deberán presentar relación numerada e asinada da documentación entregada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo III. Non se terán en conta nin se valorarán os méritos nin os servizos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire este artigo.

Cómpre salientar que non terán que presentarse os documentos xustificativos de méritos alegados que xa fosen achegados polo profesorado para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstas nesta norma, salvo que xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 6. Comisión de selección

1. A selección das persoas candidatas realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidencia: a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de catro, con categoría de titular de subdirección xeral, xefatura de servizo ou membro da Inspección educativa, por designación da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Secretaría: unha persoa funcionaria da Consellería, que actuará con voz e sen voto.

Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión.

A comisión, para os efectos dun mellor coñecemento e unha mellor valoración das solicitudes, poderá realizar peticións de informes, por medio da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, á Inspección educativa ou ás persoas especialistas da citada consellería.

2. A comisión poderá dispor a constitución dunha subcomisión técnica especializada, só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 2, 3 e 4 do baremo do anexo III. Ás reunións desta subcomisión poderá asistir unha persoa representante de cada unha das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

3. Esta comisión estará incluída na categoría que corresponda para os efectos do previsto no Decreto 144/2008, do 26 de xuño –que modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño–, concretado na Resolución do 20 de xuño de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xuño de 2008 respecto da actualización do previsto no anexo IV do citado Decreto 144/2001.

Artigo 7. Criterios de selección e puntuación provisional

1. A comisión seleccionadora baremará as solicitudes presentadas de conformidade cos criterios establecidos nesta orde.

Nas modalidades 1 e 2 é requisito alcanzar, como mínimo, o 40 % da puntuación en cada punto que se recolle no anexo X para poder optar a unha licenza.

Nas modalidades 3 e 4 é requisito acadar unha puntuación mínima de 8 puntos na valoración do proxecto, segundo se recolle no anexo X.

Na modalidade 5 é requisito alcanzar, como mínimo, o 40 % da puntuación en cada punto que se recolle no anexo X para poder optar a unha licenza.

No caso de ter gozado dunha licenza no curso 2015/16, contar coa valoración positiva do traballo desenvolvido.

2. En caso de empate, este dirimirase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

c) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

3. No caso de se produciren vacantes nalgunha das modalidades, poderán acumularse ás outras modalidades. En ningún caso poderá excederse o número total de meses establecido no anexo I.

4. A puntuación provisional obtida polas persoas candidatas farase pública no portal educativo da Consellería na internet (www.edu.xunta.es), e abrirase un prazo de dez días naturais para efectuar reclamacións ante a presidencia da comisión.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior presentaranse as posibles renuncias á concesión das licenzas, dirixidas á presidencia da mencionada comisión seleccionadora.

Artigo 8. Resolución definitiva

1. Logo de resoltas as reclamacións, a comisión seleccionadora remitirá ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da concesión de licenzas por formación, xunto coa acta ou as actas definitivas, nas cales se indicarán as valoracións outorgadas a cada persoa candidata, así como a relación final de persoas beneficiarias das licenzas. Esta proposta de resolución definitiva publicarase no portal educativo www.edu.xunta.es. A seguir procederase á publicación da resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia.

2. Unha vez resolta esta convocatoria, só se admitirán renuncias ás licenzas concedidas e modificacións no seu desenvolvemento en casos excepcionais e libremente valorados pola Consellería.

A aceptación destas renuncias ou modificacións requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, logo de solicitude por escrito por parte da persoa beneficiaria.

3. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

4. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de cinco meses desde a data de publicación desta orde.

Artigo 9. Período de desenvolvemento das licenzas

O período de desenvolvemento para o exercicio das licenzas é o abranguido entre o 15 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017, agás para a modalidade 5 (proxecto individual ou en grupos de dous a tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado) que será o comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2016; e a modalidade 6 (Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior), que será o comprendido entre o 15 de setembro de 2016 e o 31 de agosto de 2017.

Artigo 10. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Nas modalidades 1, 2 e 5, unha persoa asesora do CAFI e, nas modalidades 3 e 4, unha persoa asesora do Servizo de Ordenación e Formación Profesional ou das estruturas de formación do profesorado porase en contacto coas persoas beneficiarias co fin de lles transmitir as instrucións para a elaboración dos materiais. Durante o período de duración da licenza, as persoas beneficiarias asumen a obriga de entregar os documentos precisos para lle facilitar o labor de seguimento correspondente e de seguir, de ser o caso, as súas indicacións técnicas.

2. En caso de que durante o seguimento da licenza se observase algún incumprimento por parte dos beneficiarios, estes poderán perder o dereito de continuar gozando dela.

3. As persoas beneficiarias das licenzas poderán ser convocadas ás reunións que sexan necesarias, de carácter obrigatorio, para establecer as pautas de coordinación e indicacións técnicas xerais.

4. Nun prazo máximo de dous meses desde a finalización da licenza, as persoas beneficiarias presentarán a correspondente documentación xustificativa do cumprimento dos obxectivos previstos. Así mesmo, realizarase unha valoración final que será comunicada aos beneficiarios.

A citada documentación enviarase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Servizo de Formación do Profesorado), e constará dos seguintes elementos:

a) Para as modalidades 1 a 5, os seguintes elementos comúns:

a.1) Unha declaración xurada ou promesa (de cada membro do equipo ou do representante da entidade) de posuír, como responsables da autoría, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados –incluídos sons, vídeos, animacións, flash, textos... que forman parte dos obxectos dixitais educativos (ODE)–, e de que estes non estean comercializados. A autoría deberá aparecer expresada na portada do traballo obxecto da licenza. Esta declaración deberá axustarse ao modelo que se recolle no anexo XI.

a.2) No caso de que se inclúan imaxes de menores, en aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, achegaranse as correspondentes autorizacións de pais, nais ou persoas responsables da súa titoría legal, en soporte impreso e electrónico (PDF), debidamente cubertas e asinadas.

a.3) Poderanse incluír outros materiais complementarios que os autores e as autoras consideren de interese.

b) Elementos específicos para cada modalidade:

b.1) Para as modalidades 1 e 2:

b.1.1) Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.

b.1.2) Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, preparado para a súa publicación na internet, preferentemente con empaquetaxe SCORM. Para isto último deberanse seguir as recomendacións sobre creación e estrutura de contidos dixitais dispoñibles no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/web/ODEs

b.1.3) Un manual de uso (en formato PDF ou RTF) en que se expliquen, cunha linguaxe axeitada para o nivel do alumnado, as pautas de utilización do material. Cando, por razóns especiais, non se xulgue necesario este documento, deberase razoar a decisión nun documento específico de igual título.

b.1.4) Un documento técnico en galego e castelán (en formato PDF ou RTF) en que se especifiquen os pasos que haxa que seguir para a instalación e os parámetros de configuración e execución da aplicación desde a internet e no servidor cliente.

b.2) Para as modalidades 3 e 4:

Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, no cal constará:

1. Programación dos módulos profesionais dos cales se elaboran materiais, realizada mediante a aplicación informática de elaboración de programacións da Consellería.

2. As actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación elaboradas que desenvolvan algunha das relacionadas no punto 4.a) da correspondente programación. Estas actividades deben ser entregadas en soporte dixital editable.

Os materiais elaboraranse seguindo o formato e as instrucións que especifique o Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

b.3) Para a modalidade 5:

b.3.1) Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.

b.3.2) Orixinal en soporte dixital editable dos materiais elaborados para o curso que estean embebidos na Platega e aloxados en servizos externos (Youtube, Slideshare, Issuu, etc.).

b.4) Para a modalidade 6:

b.4.1) Memoria final segundo o guión que figura no anexo VII.

b.4.2) Certificación orixinal ou unha fotocopia compulsada expedida polo centro ou a institución onde se realizou o perfeccionamento na lingua estranxeira, con expresión da duración en datas e número total de horas da formación recibida, así como unha tradución desa certificación.

Artigo 11. Situación administrativa das persoas beneficiarias

Durante o tempo de duración dunha licenza, o persoal docente seleccionado recibirá os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. As persoas beneficiarias dunha licenza consideraranse, para todos os efectos, en situación de servizo activo.

Artigo 12. Incompatibilidades

1. A concesión de licenzas é incompatible coa realización de calquera outra actividade remunerada pública ou privada, así como coa participación simultánea en programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro ofrecidas á marxe desta convocatoria.

2. A persoa solicitante que obteña praza en calquera das convocatorias a que se refire o punto anterior deberá notificalo urxentemente e por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 13. Responsabilidades por incumprimento

O incumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da licenza ou á incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario do persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14. Seguimento

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa efectuará o axeitado seguimento e control dos estudos e dos traballos que se realicen durante o período da licenza, e poderá solicitar directamente, a través de entrevista ou por medio da Inspección educativa, información sobre o traballo realizado e sobre o que quede pendente, de tal xeito que o incumprimento do establecido no proxecto inicial poderá dar lugar á revogación da licenza.

Artigo 15. Propiedade dos materiais

1. Con independencia do recoñecemento da súa autoría, os materiais realizados serán propiedade da Consellería, que reserva para si o dereito de reprodución, distribución e comunicación pública, e poderaos distribuír baixo unha licenza Creative Commons by-sa (recoñecemento-compartir igual).

2. Os autores e as autoras, para poderen difundir pola súa conta os devanditos traballos, farán constar na correspondente difusión que o traballo foi realizado durante unha licenza retribuída pola consellería.

Artigo 16. Retirada de documentación

A partir dos dous meses da data de publicación da resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas ou aquelas que autoricen disporán dun prazo de tres meses para retiraren a documentación perante a presidencia da comisión. Transcorrido o dito prazo, entenderase que renuncian á súa devolución.

Artigo 17. Réxime dos recursos

Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 18. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Profesorado», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica. Edificio Administrativo San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través do correo electrónico dxefpie@edu.xunta.es

Artigo 19. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 20. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código ED305B, poderase obter información a través dos seguintes medios:

a) A seguinte páxina web:

www.edu.xunta.es

b) Os seguintes teléfonos:

881 99 76 35/981 54 65 15.

c) O seguinte enderezo electrónico:

licenzas.fprofe@edu.xunta.es

Disposición adicional primeira. Acceso especial á modalidade 6

O profesorado con nivel B1 poderá optar á licenza en modalidade 6 cando teña por obxecto acadar a acreditación B2 e sirva para a súa consolidación no desempeño de seccións bilingües.

Disposición adicional segunda. Adxudicación doutras prazas de formación

Cando do marco das accións de colaboración, promoción e cooperación establecidas entre a Consellería e outras institucións ou entidades derive unha oferta de accións formativas para o profesorado, estas poderán adxudicarse, de ser o caso, dentro da cota de prazas existentes, en atención á modalidade retribuída que por analoxía lle corresponda.

Disposición derradeira primeira. Execución e desenvolvemento desta orde

Autorizo a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar as medidas necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución das licenzas por formación
por meses segundo as modalidades

Modalidades

Meses

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

80

2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

80

3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

24

Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

6

4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

70

5. Proxecto individual ou en grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

40

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

200

Total

500

ANEXO III

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos

máximo

Documentos

1. Proxecto de traballo.

1.1. Será necesario alcanzar un mínimo de oito puntos.

Ata 20 puntos

20

O solicitado para cada modalidade no anexo IV

2. Méritos docentes:

2.1. Servizos docentes.

Por cada ano de servizos na función pública docente (non se computarán os exixidos como requisito).

1 punto por ano completo

Por este subepígrafe, ata 10 puntos

3. Actividades de formación permanente do profesorado organizadas ou homologadas polas administracións educativas.

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas

(Só no caso de que non figuren no expediente persoal)

3.1. Docencia en actividades de formación do profesorado.

Nota: para titores e titoras de prácticas de mestres e mestras, do ICE e das universidades (prácticas de psicopedagoxía ou similar) puntuarase 0,15 puntos por cada ano.

Por cada dez horas: 0,10 puntos

2

3.2. Coordinación e/ou asistencia a actividades de formación do profesorado.

Por cada dez horas: 0,10 puntos

4

4. Méritos académicos non exixidos para o ingreso no corpo.

4

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudos, de ser o caso

(Só no caso de que non figuren no expediente persoal e non se opte por autorizar a Administración para que os consulte)

4.1. Título de doutoramento.

1,50 puntos

4.2. Licenciatura ou equivalente.

1 punto

4.3. Diplomatura ou equivalente.

0,5 puntos

4.4. Por cada ciclo formativo de grao superior ou grao de ensinanzas de réxime especial ou de grao superior de formación profesional.

4.5. Outros estudos de posgrao: diploma de estudos avanzados (DEA) ou equivalente, títulos propios da universidade, mestrados, etc.).

0,25 puntos

0,25 puntos

ANEXO IV
Esquema dos contidos dos proxectos
e documentación complementaria

Modalidades 1 e 2. Proxectos individuais ou grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis:

1. Presentarase unha proposta sobre o traballo que se vaia realizar durante o período da licenza, onde se concretará, de xeito especial, como se levarán a cabo as fases de posta en práctica e avaliación. Nesta proposta, que deberá ser de carácter tanto organizativo como curricular, farase constar:

a) Título do proxecto.

b) Materia ou materias e cursos a que se dirixa e ámbito ou ámbitos, de ser o caso, en que se desenvolverá dentro da modalidade.

c) Descrición do proxecto: obxectivos do recurso, estándares de aprendizaxe, competencias clave, metodoloxía de aplicación, estratexias de atención á diversidade, avaliación e outros ítems que os solicitantes consideren oportuno incluír.

d) Descrición do soporte e das ferramentas que se utilizarán para a elaboración do material.

e) Número mínimo de obxectos dixitais educativos (ODE), unidades didácticas integradas (UDI) ou recursos que se comprometen a achegar.

f) Cronograma da organización e realización do proxecto con especificación das entregas parciais, se é o caso.

g) Un exemplo desenvolvido que permita valorar o recurso que se vai elaborar.

h) Outros aspectos de interese.

A non inclusión dalgún dos puntos anteriores suporá a non baremación do proxecto.

Os participantes especificarán no programa un compromiso de entregas temporalizadas, así como un índice detallado das partes do proxecto. Poderase obter unha valoración negativa se non se cumpre o compromiso de entregas.

2. Requisitos e características dos materiais dixitais:

Os recursos terán que visualizarse correctamente nas últimas versións dos navegadores máis comúns (Mozilla Firefox, Chrome e Internet Explorer). Deben funcionar sen necesidade de instalar ningún plugin específico ou navegador, agás os de Flash e Java.

Todos os materiais cumprirán, no momento da súa publicación, a normativa expresada na disposición adicional quinta, punto 1 («Accesibilidade para as persoas con discapacidade e de idade avanzada á información proporcionada por medios electrónicos») da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizo da sociedade da información e de comercio electrónico, modificada pola Lei 56/2007, do 28 de decembro, de medidas de impulso da sociedade da información, en canto á accesibilidade das páxinas das administracións públicas na internet.

Características dos materiais dixitais:

Multimedia, interactividade, accesibilidade, adaptabilidade, interoperabilidade e portabilidade. Os materiais presentados non poderán incluír publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.

Presentarase en soporte dixital (CD, DVD, pen drive, etc.) correctamente etiquetado.

O material incluirá todas as páxinas e os ficheiros necesarios para a correcta execución da súa interactividade, tanto se se executa esta en modo servidor como se se trata de módulos ou aplicacións que actúan en modo cliente.

Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e poderán ser executados en local.

O material creado publicarase baixo a licenza Creative Commons by-sa que combine as seguintes propiedades: recoñecemento e compartir igual.

O arquivo comprimido zip de cada obxecto dixital educativo (en diante, ODE) creado terá un peso nunca superior a 100 Mb. Cada traballo pode ter os ODE que o autor considere necesarios para desenvolver o proxecto presentado.

Os traballos entregaranse en soporte físico. Non virán protexidos con contrasinal. Tampouco se admitirán materiais aloxados na internet en servizos da web 2.0.

Tanto nos arquivos de entrega como nos nomes dos arquivos de recursos que se utilizan para elaborar o material ou que se vinculan dentro del (é dicir, en toda a estrutura de navegación) é importante non usar espazos, eñes, acentos nin caracteres especiais.

3. Os traballos e as investigacións que supoñan unha actuación en centros docentes ou noutras institucións públicas ou privadas xuntarán certificado de conformidade das respectivas direccións, co visto e prace da Inspección educativa ou autorización das persoas responsables das institucións, de ser o caso.

4. O proxecto terá unha extensión máxima de 8.000 palabras.

Modalidades 3 e 4. Proxectos individuais ou grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

1. Presentarase unha proposta sobre as actividades que se vaian realizar durante o período da licenza, onde se fará constar:

a) Ciclo formativo e módulo profesional, duración total das actividades que se vaian elaborar e, de ser o caso, linguas estranxeiras en que se van elaborar os materiais.

b) Participantes: datos persoais e profesionais.

c) Breve descrición do contido do proxecto.

d) Segundo o establecido no manual de elaboración de programacións dos módulos profesionais dispoñible no enderezo www.edu.xunta.es/programacions:

1º. Proposta de relación de unidades didácticas do módulo profesional, así como das actividades que se vaian desenvolver, cunha breve descrición e a duración para cada unha delas.

2º. Para as actividades incluirase, ademais, a asignación dos resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación que se tratarán en cada unha delas.

e) Planificación e temporalización das diferentes fases de execución do proxecto.

f) Deberase indicar a relación priorizada de ata tres módulos profesionais dos cales o solicitante está disposto a elaborar ou adaptar materiais curriculares, como posible alternativa ao definido na alínea a). Esta relación empregarase no caso de que o proxecto sexa seleccionado e que simultaneamente outro proxecto, dirixido á elaboración ou adaptación de materiais curriculares do mesmo módulo, sexa tamén seleccionado por obter maior puntuación e non queden horas dispoñibles dese módulo.

2. O proxecto terá unha extensión máxima de 15 páxinas en papel tamaño DIN-A4, a dobre espazo e con letra tipo Arial ou Times New Roman de 12 puntos.

Modalidade 5. Proxecto individual ou en grupos de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

1. Presentarase unha proposta sobre o curso a distancia que se vaia realizar durante o período da licenza, na cal se fará constar:

a) Título do proxecto.

b) Áreas de traballo con especificación das subcompetencias correspondentes.

c) Datos xerais do curso en rede (perfil de participantes a que se dirixirá, duración, obxectivos e contidos do curso, competencias profesionais...).

d) Descrición e xustificación das ferramentas de Moodle que se vaian empregar.

e) Descrición de ferramentas externas a Moodle que se vaian empregar, de ser o caso.

f) Deseño das tarefas, métodos de participación e procedementos de seguimento e avaliación.

g) Estratexias para a titorización, xestión de contidos e dinamización do curso a distancia.

h) Cronograma da organización e realización do proxecto con especificación das entregas parciais, se é o caso.

i) Unha maqueta do curso na plataforma virtual, especificando a descrición de cada bloque (foros, obxectivos, contidos, tarefas...).

j) Outros aspectos de interese.

A non inclusión dalgún dos puntos anteriores suporá a non baremación do proxecto.

Os participantes especificarán no programa un compromiso de entregas temporalizadas, así como un índice detallado das partes do proxecto. Poderase obter unha valoración negativa se non se cumpre o compromiso de entregas.

2. Requisitos e características dos materiais dixitais.

Todos os materiais cumprirán, no momento da súa publicación, a normativa expresada na disposición adicional quinta, punto 1 («Accesibilidade para as persoas con discapacidade e de idade avanzada á información proporcionada por medios electrónicos») da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, modificada pola Lei 56/2007, do 28 de decembro, de medidas de impulso da sociedade da información, en canto á accesibilidade das páxinas das administracións públicas na internet.

Os beneficiarios desta modalidade utilizarán a guía de boas prácticas, instrumentos de estimación de tempos e calquera outra indicación achegada a través da Rede de Formación do Profesorado.

Os cursos crearanse directamente nunha aula virtual na Platega 2. Todos os arquivos fonte estarán incorporados no propio espazo virtual.

Características dos materiais dixitais:

Multimedia, interactividade, accesibilidade, flexibilidade, modularidade, adaptabilidade, rexeitabilidade, interoperabilidade e portabilidade. Os materiais presentados non poderán incluír publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.

Crearanse directamente nunha aula virtual na Platega. Cando se usen programas externos, os materiais presentarase en soporte dixital (CD, DVD, etc.) correctamente etiquetado cos materiais creados con ferramentas externas á aula virtual.

Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e integrados na Platega.

O material creado publicarase baixo a licenza Creative Commons by-sa que combine as seguintes propiedades: recoñecemento-compartir igual.

3. O proxecto terá unha extensión máxima de 8.000 palabras.

As licenzas para esta modalidade soamente poden solicitarse para realizar no primeiro trimestre do curso 2016/17.

Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Deberase presentar a seguinte documentación:

1. Certificación acreditativa de dispor do nivel B2 na lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas, agás para o profesorado especialista.

2. Anexo VI da orde cuberto e asinado.

3. O proxecto consistirá na exposición, cunha extensión máxima de catro folios, do plan de perfeccionamento que se pretenda acometer con base na lingua estranxeira que se vaia perfeccionar, con expresión de, polo menos:

a) País onde se levará a cabo. Enténdese que o país escollido deberá ter como lingua oficial aquela que perfeccionará a persoa solicitante.

b) Centro ou institución onde recibirá a formación, achegando os datos identificativos.

c) Denominación da formación que vaia recibir, nivel académico e a súa duración expresada en días e cómputo total de horas.

d) Razóns ou motivos polos que solicita a licenza por formación para o perfeccionamento da lingua estranxeira.

e) Beneficios que espera obter tanto para o profesorado como para o centro de destino.

ANEXO VII
Guión para a elaboración da memoria final

Modalidade 6

Extensión máxima: cinco folios.

1. Datos de identificación do profesor ou da profesora participante.

2. Datos do centro de acollemento.

3. Descrición dos contidos do programa traballados.

4. Actividades pedagóxicas e culturais realizadas no país de acollida.

5. Posible impacto do seu perfeccionamento na lingua estranxeira no seu centro educativo e medidas de difusión do aprendido no estranxeiro.

6. Achegas persoais.

ANEXO VIII
Relación de temáticas e subcompetencias profesionais docentes

Temática: Técnicas e estratexias de avaliación do proceso de ensino/aprendizaxe.

Subcompetencia 1. Programación, seguimento e avaliación

Temática: Técnicas e estratexias de avaliación docente.

Subcompetencia 16. Diagnóstico e avaliación da práctica docente

Temática: Metodoloxías activas de aprendizaxe.

Subcompetencia 2. Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin

Temática: Seguridade na rede.

Subcompetencia 6. Normativa

Subcompetencia 12. Centros saudables e seguridade integral

Temática: Seguridade integral.

Subcompetencia 12. Centros saudables e seguridade integral

Temática: Intelixencia emocional e resolución de conflitos.

Subcompetencia 15. Mediación, resolución de conflitos

Temática: Alfabetización mediática e informacional (AMI).

Subcompetencia 2. Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin

Subcompetencia 24. Software

Temática: Competente en linguas estranxeiras.

Subcompetencia 23. Destrezas comunicativas verbais e non verbais: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento

Temática: Formación de equipos directivos.

Subcompetencia 6. Normativa

Subcompetencia 7. Organización, planificación, coordinación

Subcompetencia 9. Xestión da participación e implicación en proxectos comúns

Temática: Pensamento computacional.

Subcompetencia 2. Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin

Subcompetencia 24. Software

Temática: Narrativa transmedia multidisciplinar.

Subcompetencia 23. Destrezas comunicativas verbais e non verbais: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento

Subcompetencia 24. Software

ANEXO IX
Relación de módulos profesionais de ciclos formativos obxecto de elaboración

Código

Módulo

Duración
do módulo

Horas pendentes de elaborar

Horas pendentes
de adaptar

MP0486

Acceso a datos

157

117

40

MP0201

Acústica e elementos de protección sonora

187

147

40

MP0061

Anatomofisioloxía e patoloxía básicas

107

27

80

MP3002

Aplicacións básicas de ofimática

240

200

40

MP0223

Aplicacións ofimáticas

240

200

40

MP0216

Atención sanitaria

213

53

160

MP0012

Autonomía persoal e saúde infantil

155

105

5

MP0690

Botánica agronómica

80

40

40

MP0212

Características e necesidades das persoas en situación de dependencia

160

80

80

MP0579

Composicións florais e con plantas

140

100

40

MP0352

Configuración de instalacións solares térmicas

107

27

80

MP0654

Contabilidade e fiscalidade

157

27

130

MP0337

Contexto da intervención social

133

128

133

MP0487

Contornos de desenvolvemento

107

82

25

MP0246

Deseño de construcións metálicas

267

227

40

MP0427

Deseño de produtos mecánicos

320

280

40

MP0387

Deseño de produtos turísticos

140

100

40

MP0488

Desenvolvemento de interfaces

140

100

40

MP0613

Desenvolvemento web en contorno servidor

175

80

95

MP0016

Desenvolvemento socioafectivo

123

83

40

MP0614

Despregamento de aplicacións web

88

54

34

MP0011

Didáctica da educación infantil

240

120

120

MP1124

Dinamización grupal

123

29

94

MP0399

Dirección de entidades de intermediación turística

87

42

45

MP0569

Eficiencia enerxética en edificación

70

30

40

MP0551

Elementos de sistemas de telecomunicacións

240

160

80

Empresa e iniciativa emprendedora

53

13

40

MP1052

Equipamentos microprogramables

266

186

80

MP0745

Estética hidrotermal

123

65

58

MO0731

Estudo da cavidade oral

213

118

95

MP0171

Estrutura do mercado turístico

133

93

40

MP0562

Estruturas de construción

107

67

40

MP0236

Instalacións de distribución

155

115

40

MP0007

Interpretación gráfica

133

93

40

MP0577

Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes

176

136

40

MP0694

Maquinaria e instalacións agroforestais

186

149

37

MP0931

Márketing dixital

187

127

60

MP0564

Medicións e valoracións de construción

87

47

40

MP0910

Medios técnicos audiovisuais e escénicos

187

147

40

MP0042

Montaxe e mantemento de instalacións de climatización

210

160

50

MP0013

O xogo infantil e a súa metodoloxía

187

107

80

MP0541

Operacións básicas de moblaxe

240

195

45

MP0904

Planificación da realización en televisión

160

120

40

MP0918

Planificación de proxectos de espectáculos e eventos

213

40

173

MP0370

Planificación e administración de redes

213

173

40

MP0026

Procesos básicos de pastelaría e repostaría

240

180

60

MP0650

Proceso integral da actividade comercial

133

53

80

MP0386

Procesos de guía e asistencia turística

105

65

40

MP0517

Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións

187

150

37

MP0048

Produtos culinarios

350

310

40

MP0485

Programación

240

200

40

MP0172

Protocolo e relacións públicas

105

25

80

MP0920

Recursos expresivos audiovisuais e escénicos

187

107

80

MP0177

Recursos humanos no aloxamento

87

47

40

MP0384

Recursos turísticos

187

147

40

MP0225

Redes locais

213

163

50

MP0832

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

214

174

40

MP0563

Representacións de construción

347

227

120

MP0378

Seguridade e alta dispoñibilidade

105

20

85

45 horas

ao inglés

MP0226

Seguridade informática

140

58

82

0 horas

ao inglés

MP0385

Servizos de información turística

70

30

40

MP0375

Servizos de rede e internet

140

100

40

MP0227

Servizos en rede

157

135

22

MP0656

Simulación empresarial

140

10

130

MP0483

Sistemas informáticos

186

145

41

MP0224

Sistemas operativos en rede

157

117

40

MP0093

Soldadura en atmosfera natural

347

257

90

MP1098

Son para audiovisuais

267

187

80

MP0441

Técnica contable

133

43

90

MP1304

Toma e edición dixital de imaxe

240

141

99

MP0693

Topografía agraria

107

27

80

MP0440

Tratamento informático da información

267

147

120

MP0627

Xestión administrativa do comercio internacional

187

27

160

MP0501

Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias

80

40

40

MP0815

Xestión da conservación do medio natural

123

83

40

MP0602

Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas

70

30

40

MP0813

Xestión da pesca continental

87

47

40

MP0500

Xestión da produción en cociña

244

204

40

MP0372

Xestión de bases de datos

187

135

52

MP0217

Atención hixiénica

87

0

87

MP0228

Aplicacións web

123

0

123

MP0484

Bases de datos

187

0

187

MP0211

Destrezas sociais

123

0

123

Formación e orientación laboral

107

0

107

MP0017

Habilidades sociais

123

0

123

MP0376

Implantación de aplicacións web

122

0

122

MP0237

Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios

123

0

123

MP0018

Intervención con familias e atención a menores en risco social

123

0

123

MP0373

Linguaxes de marcas e sistemas de xestión

de información

133

0

133

MP0105

Promoción da saúde

157

0

157

ANEXO X

Criterios de valoración

Poderase obter ata un máximo de 20 puntos.

Modalidades 1 e 2.

Criterio

Puntuación
máxima

a) Coherencia do proxecto

6

b) Pertinencia do soporte e das ferramentas do recurso para acadar os obxectivos de aprendizaxe propostos

3

c) Adecuación do cronograma

3

d) Calidade do exemplo desenvolvido no curso

3

e) Orixinalidade e carácter innovador

5

É requisito alcanzar, como mínimo, o 40 % da puntuación de cada alínea para poder optar a unha licenza.

Modalidades 3 e 4.

Criterio

Puntuación
máxima

a) Contido e calidade do proxecto, segundo o anexo IV desta orde

13

b) A elaboración ou adaptación de actividades que superen o número de horas mínimo establecido como requisito, 0,1 puntos por cada hora adicional

2

c) A elaboración ou adaptación de actividades nunha ou máis linguas estranxeiras

2

d) Que o obxecto do proxecto sexa elaborar ou adaptar materiais de módulos profesionais que se estean a ofertar na modalidade de formación profesional a distancia no curso actual

1

e) Que o obxecto do proxecto sexa elaborar ou adaptar materiais de módulos profesionais de formación profesional establecidos ao abeiro da LOE

1

f) Que o obxecto do proxecto sexa elaborar ou adaptar materiais que permitan completar os materiais dalgún dos módulos do anexo IX

1

É preciso alcanzar, como mínimo, 8 puntos na valoración do proxecto.

Modalidade 5.

Criterio

Puntuación máxima

a) Coherencia do proxecto

6

b) Xustificación e pertinencia das ferramentas utilizadas

2

c) Estratexias para a titorización, xestión de contidos e dinamización do curso a distancia

2

d) Adecuación do cronograma

2

e) Calidade do exemplo desenvolvido do curso

5

f) Orixinalidade e carácter innovador

3

É requisito alcanzar, como mínimo, o 40 % da puntuación de cada punto para poder optar a unha licenza.

ANEXO XI
Modelo de declaración xurada

Eu, ..................................................., con DNI nº.........................., docente en activo con destino en ...........................................

Declaro baixo xuramento:

Que posúo como responsable da autoría do recurso educativo «...................................» plenos dereitos ou, de ser o caso, os permisos correspondentes de divulgación e publicación, reprodución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados, materiais que non están comercializados.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria queda exenta de calquera responsabilidade en caso de incumprimento desta declaración xurada.

E, para que conste, asino esta declaración.

..., ............... de ............................. de 201...

(Nome e apelidos)

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file