Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25643

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza dun novo brote do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

O 2 de maio de 2016 notificouse ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) a detección dun novo brote do organismo nocivo Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (en adiante B. xylophilus), organismo de corentena causante de importantes perdas nas masas de piñeiros e outras especies sensibles, nunha masa de piñeiros do concello de Salvaterra de Miño na provincia de Pontevedra.

Antecedentes:

Primeiro. Durante o ano 2010 detectouse por primeira vez a presenza deste organismo na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto no concello das Neves. Como consecuencia deste feito, estableceuse unha área demarcada e definíronse unha serie de medidas que se van aplicar dentro desta para lograr o control e a erradicación da praga.

Segundo. Desde esa data desenvólvese en toda a zona demarcada un plan de actuacións encamiñadas á erradicación do nematodo e a vixilancia para detectar a posible aparición de novos focos, tanto na propia zona demarcada como no resto da Comunidade Autónoma.

Terceiro. Como froito das prospeccións realizadas para a detección e mostraxe das árbores sintomáticas dentro da zona demarcada detectouse o nematodo nunha mostra procedente dun piñeiro sito nas coordenadas N 42º 07´ 24,6” e W 8º 28´ 33,7” no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra), a unha distancia aproximada de 3 km respecto ao primeiro brote do ano 2010. O resultado da mostra positiva foi confirmado polo laboratorio nacional de referencia para este tipo de pragas.

Cuarto. En cumprimento da normativa vixente, a aparición deste novo brote foi comunicada o día 2 de maio de 2016 ao Ministerio de Medio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama).

Quinto. De acordo co artigo 3 do Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade europea de organismos nocivos para os vexetais o produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito ata países terceiros, o nematodo da madeira do piñeiro ten estatus legal de organismo nocivo cuxa propagación debe prohibirse en todos os estados membros da UE, se se presentan en determinados vexetais.

Sexto. O Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, declara de utilidade pública a loita para a erradicación do nematodo do piñeiro e establece medidas para evitar a súa propagación. No seu artigo 16 establece que a detección de novos focos dentro da zona demarcada se declarará mediante resolución da dirección xeral competente e se aplicarán as medidas establecidas no mencionado decreto.

Sétimo. Esta resolución é obxecto de publicación, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 6 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dada a concorrencia tanto dun interese público na materia como dunha pluralidade de interesados.

Polo anterior, cómpre declarar contaminado o foco referenciado e establecer diferentes zonas ao seu redor, nas que se realizarán as actuacións precisas para a erradicación do nematodo, así como as prospeccións sistemáticas co fin de determinar o alcance da praga e a adopción de todas as medidas fitosanitarias previstas no Decreto 10/2011 e na Decisión 2012/535/UE, actuacións que se realizarán atendendo ás seguintes

Consideracións legais e técnicas:

1. É competente para ditar esta resolución a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias en virtude do disposto no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, que determina as competencias desta dirección xeral en materia de protección e control da sanidade vexetal.

2. O Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, sobre medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara países terceiros (BOE núm. 19, do 22 de xaneiro) atribúe ás comunidades autónomas, nos seus respectivos ámbitos territoriais, a execución das actividades relativas ás inspeccións en orixe, rexistro de produtores, pasaporte fitosanitario e controis fitosanitarios.

3. O artigo 14 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal (BOE núm. 279, do 21 de novembro de 2002) habilita a Comunidade Autónoma de Galicia para adoptar algunha das medidas fitosanitarias establecidas no artigo 18 da dita lei, o que implica a facultade de desinsectar, desinfectar, inmobilizar, destruír, transformar ou someter a calquera outra medida profiláctica os vexetais e os seus produtos, así como o material con eles relacionado, que sexa ou poida ser vehículo de pragas (artigo 18.b).

A adopción destas medidas implica a entrada nos predios e parcelas dos particulares afectados polo organismo de corentena para a erradicación de todas as especies sensibles, sen prexuízo de que os titulares dos aproveitamentos procedan á execución das medidas previstas nesta resolución, de conformidade no artigo 19 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal.

No anexo II desta resolución relaciónanse todos os predios que, segundo datos catastrais, están afectados en todo o en parte polas medidas encamiñadas á erradicación do citado organismo.

De conformidade co disposto no artigo 21 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, cando as medidas establecidas para a loita contra unha praga supoñan a destrución, deterioración ou inutilización de bens ou propiedades particulares ou públicas. A Administración competente que declarará a praga compensará os prexudicados mediante a debida indemnización cuxo importe se valorará de acordo cos baremos que se establezan.

4. O Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a propagación.

5. Cómpre acatar as medidas da Decisión 2012/535/UE da Comisión, do 26 de setembro de 2012, coas súas posteriores modificacións, relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro).

En virtude dos feitos indicados e da lexislación en vigor,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar, con base no establecido no artigo 16 do Decreto 10/2011, a presenza da praga de corentena Bursaphelenchus xylophilus no foco referenciado nas coordenadas N 42º 07´ 24,6” e W 8º 28´ 33,7”, do concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Segundo. Establecer, con base no establecido no anexo II da Decisión 2012/535/UE as seguintes zonas en torno ao punto positivo:

– Zona de corta, que afectará unha área de 100 m de raio arredor do foco onde se realizarán labores de erradicación de todas as especies sensibles, afectadas ou non polo nematodo.

– Zona demarcada na que se manterá a zona establecida de raio de 20 km en torno as coordenadas do punto positivo detectado no ano 2010. Nesta área realizarase un labor de eliminación de todas as árbores secas e sintomáticas xa que poden servir de medio de dispersión da praga a través do seu insecto vector Monochamus spp.

Terceiro. Comezarase coa destrución in situ da árbore afectada e a eliminación das árbores sensibles dentro da zona de corta co obxectivo da redución do risco de extensión da praga. Así mesmo, farase unha prospección intensiva no perímetro inmediato da árbore afectada na procura de individuos sintomáticos, e de tal xeito verificarse o alcance do brote. A corta, movemento e procesado da madeira procedente da zona de corta e da zona demarcada deberá cumprir co establecido na Decisión 2012/535/UE da Comisión, do 26 de setembro de 2012, coas súas posteriores modificacións, relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. E no Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a propagación.

Cuarto. Outorgarase un prazo dun mes aos titulares das parcelas afectadas para comunicar ao Servizo Territorial de Explotacións Agrarias, mediante a remisión de copia do correspondente permiso especial de corta, que van realizar persoalmente as medidas previstas nesta resolución contados desde a publicación desta. A execución destas medidas deberá realizarse no prazo de 15 días desde a presentación do permiso especial de corta. No caso de que estas medidas non se adoptasen no dito prazo, a Administración poderá proceder á súa execución de forma subsidiaria.

Quinto. A Consellería de Medio Rural, en coordinación co Magrama, elaborará un plan de acción para a erradicación do brote no que se contemplarán todas as medidas necesarias para a súa erradicación co menor prexuízo posible aos intereses económicos dos silvicultores e dos valores ambientais e paisaxísticos.

Sexto. Os concellos total ou parcialmente incluídos na zona demarcada de 20 km afectados polas medidas de contención son os que se determinan no anexo I que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Concellos total ou parcialmente incluídos na zona demarcada de 20 km

Mos, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Arbo, A Cañiza, Mondariz- Balneario, Mondariz, Salceda de Caselas, O Porriño, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Tui, Melón e Vigo.

ANEXO II

Táboa 1. Relación de predios afectados segundo datos catastrais

Municipio: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Soutolobre.

Relación de parcelas:

Municipio

Polígono

Parcela

50

24

196

50

24

197

50

24

198

50

24

199

50

24

200

50

24

201

50

24

202

50

24

203

50

24

204

50

24

205

50

24

206

50

24

207

50

24

209

50

24

210

50

24

211

50

24

212

50

24

213

50

24

214

50

24

215

50

24

221

50

24

223

50

24

659

50

25

412

50

25

413

50

25

5437

50

25

9101

50

26

1332

50

26

1339

50

26

1340

50

26

1341

50

26

1379

50

26

1380

50

26

1414