Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 26749

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 73/2016, do 28 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme a alínea primeira do seu artigo 81, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do número 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e a súa garantía.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

No artigo 10, alíneas 1 e 2, da devandita lei establécese que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

No artigo 8.1 establécese, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo V do seu título I os principios xerais da formación profesional inicial e dispón no artigo 39.6 que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introduciron modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenderon, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

Pola súa vez, a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en aspectos que atinxen o procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas de formación profesional, e tamén desde estas ensinanzas aos estudos universitarios de grao.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo tomando como base o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8 establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia e respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e á organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de técnico superior en Integración Social e se fixan as súas ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación establecer o currículo correspondente no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social. Este currículo adapta a nova titulación ao eido profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determínanse a identificación do título, o seu perfil profesional, o ámbito profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para os efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de Formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos, que non terán carácter laboral, en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

O módulo de Proxecto que se inclúe no ciclo formativo de grao superior de Integración Social permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de Formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de abril de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O presente decreto ten por obxecto establecer o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en Integración Social, establecido polo Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo.

CAPÍTULO II
Identificación do título, perfil profesional, ámbito profesional
e prospectiva do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico superior en Integración Social identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: Integración Social.

– Nivel: formación profesional de grao superior.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Servizos Socioculturais e á Comunidade.

– Referente europeo: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

– Nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior: nivel 1; técnico superior.

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico superior en Integración Social determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico superior en Integración Social consiste en programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias, e garantindo a creación de contornos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en Integración Social son as que se relacionan:

a) Elaborar proxectos de integración social aplicando a normativa legal e incorporando a perspectiva de xénero.

b) Dirixir a posta en práctica de proxectos de integración social coordinando as actuacións necesarias para as levar a cabo, e supervisar a realización das actividades con criterios de calidade.

c) Realizar actuacións administrativas asociadas ao desenvolvemento do proxecto, aplicando as tecnoloxías da información e da comunicación, para xestionar a documentación xerada.

d) Programar actividades de integración social aplicando os recursos e as estratexias metodolóxicas máis adecuadas.

e) Deseñar e pór en práctica actuacións para previr a violencia doméstica, e avaliar o seu desenvolvemento.

f) Deseñar actividades de atención ás necesidades físicas e psicosociais, en función das características das persoas usuarias e do contexto, e controlar e avaliar o seu desenvolvemento.

g) Organizar as actividades de apoio á xestión doméstica, en función das características da unidade de convivencia, e controlar e avaliar o seu desenvolvemento.

h) Organizar e desenvolver actividades de apoio psicosocial, amosando unha actitude respectuosa coa intimidade das persoas, e avaliar o seu desenvolvemento.

i) Organizar e desenvolver actividades de adestramento en habilidades de autonomía persoal e social, e avaliar os resultados conseguidos.

j) Deseñar e desenvolver actividades de intervención socioeducativa dirixidas ao alumnado con necesidades educativas específicas colaborando co equipo interdisciplinar.

k) Organizar e pór en práctica programas de inserción laboral e ocupacional, e avaliar o seu desenvolvemento e o seu axuste ao itinerario prefixado.

l) Adestrar en habilidades de comunicación facendo uso de sistemas alternativos ou aumentativos e motivando as persoas usuarias para a súa utilización.

m) Realizar tarefas de mediación entre persoas e grupos aplicando de xeito eficiente técnicas participativas e de xestión de conflitos.

n) Aplicar protocolos establecidos en materia de primeiros auxilios en situacións de accidente ou emerxencia.

ñ) Realizar o control e o seguimento da intervención, con actitude autocrítica e aplicando criterios de calidade e procedementos de retroalimentación, para corrixir as desviacións detectadas.

o) Manter relacións fluídas coas persoas usuarias e as súas familias, membros do grupo de traballo e diferentes profesionais, amosando habilidades sociais e achegando solucións aos conflitos que xurdan.

p) Adaptarse ás novas situacións laborais mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

q) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

r) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade, e supervisar o seu desenvolvemento mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.

s) Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa responsabilidade utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou os coñecementos axeitados e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

t) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa vixente e cos obxectivos da empresa.

u) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

v) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional con sentido da responsabilidade social.

w) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

1. Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Educación de habilidades de autonomía persoal e social, SSC090_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC0252_3: programar, organizar e avaliar as intervencións de integración social.

UC0253_3: desenvolver as intervencións dirixidas ao adestramento e á adquisición de habilidades de autonomía persoal e social.

UC0254_3: establecer, adaptar e aplicar sistemas alternativos de comunicación.

b) Mediación comunitaria, SSC324_3 (Real decreto 1368/2007, do 19 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC1038_3: identificar e concretar as características e as necesidades do contexto social da intervención.

UC1039_3: previr conflitos entre persoas, actores e colectivos sociais.

UC1040_3: organizar e pór en práctica o proceso de xestión de conflitos.

UC1041_3: realizar a valoración, o seguimento e a difusión da mediación como unha vía de xestión de conflitos.

UC1026_3: incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

c) Inserción laboral de persoas con discapacidade, SSC323_3 (Real decreto 1368/2007, do 19 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC1034_3: xestionar a información sobre os recursos sociolaborais e formativos e colaborar na análise de postos de traballo para a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.

UC1035_3: realizar as intervencións dirixidas ao adestramento para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociolaborais nas persoas con discapacidade.

UC1036_3: apoiar no proceso de inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.

UC1037_3: efectuar o seguimento da inserción sociolaboral coa empresa, a persoa usuaria e o seu contorno persoal.

d) Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade, SSC450_3 (Real decreto 1096/2011, do 22 de xullo), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC1448_3: detectar, xerar e utilizar recursos sociais e comunitarios para a realización de intervencións socioeducativas con persoas con discapacidade.

UC1449_3: organizar e realizar o acompañamento de persoas con discapacidade na realización de actividades programadas.

UC1450_3: organizar, desenvolver e avaliar procesos de inclusión de persoas con discapacidade en espazos de lecer e tempo libre.

UC1451_3: organizar e desenvolver o adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica para persoas con discapacidade, en colaboración con profesionais de nivel superior.

UC1452_3: actuar, orientar e apoiar as familias de persoas con discapacidade, en colaboración con profesionais de nivel superior.

2. Cualificacións profesionais incompletas:

a) Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais en centros educativos, SSC444_3 (Real decreto 1096/2011, do 22 de xullo):

UC1427_3: executar, en colaboración co/coa titor/ora e/ou co equipo interdisciplinar do centro educativo, os programas educativos do alumnado con necesidades educativas especiais na súa aula de referencia.

UC1428_3: pór en práctica os programas de autonomía e hixiene persoal no aseo do alumnado con necesidades educativas especiais, participando co equipo interdisciplinar do centro educativo.

b) Dinamización comunitaria, SSC321_3 (Real decreto 1368/07, do 19 de outubro):

UC1022_3: dinamizar a planificación, o desenvolvemento e a avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial.

UC1024_3: establecer estratexias de comunicación e difusión dos proxectos e das actuacións comunitarias.

Artigo 7. Ámbito profesional

1. As persoas que obteñan este título exercerán a súa actividade no sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Técnico/a de programas de prevención e inserción social.

– Educador/ora de equipos residenciais de diverso tipo.

– Educador/ora de persoas con discapacidade.

– Traballador/ora familiar.

– Educador/ora de educación familiar.

– Auxiliar de tutela.

– Monitor/ora de centros abertos.

– Técnico/a de integración social.

– Especialista de apoio educativo.

– Educador/ora de educación especial.

– Técnico/a educador/a.

– Técnico/a especialista I (de integración social).

– Técnico/a especialista II (educativo).

– Monitor/ora de persoas con discapacidade.

– Técnico/a de mobilidade básica.

– Técnico/a de inserción ocupacional.

– Mediador/ora ocupacional e/ou laboral.

– Dinamizador/ora ocupacional e/ou laboral.

– Educador/ora de base.

– Mediador/ora comunitario/a.

– Mediador/ora intercultural.

– Mediador/ora veciñal e comunitario/a.

– Preparador/ora laboral.

– Técnico/a de emprego con apoio.

– Técnico/a de acompañamento laboral.

– Monitor/ora de rehabilitación psicosocial.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. A empregabilidade do título de técnico superior en Integración Social vén avalada polo amplo número de sectores profesionais en que desenvolve a súa actividade, nomeadamente no sector de servizos sociais e educativos, que agrupa a maior cantidade de persoal da familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.

2. A incorporación de actividades profesionais xeradas en novos sectores, como a mediación comunitaria e a inserción laboral de persoas con discapacidade e de persoas en risco de exclusión social, das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas, aumentará considerablemente as posibilidades de inserción laboral das persoas con esta titulación.

3. As medidas establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e o aumento de persoas da terceira idade fan previsible unha alta inserción laboral e a tendencia a un crecemento estable.

4. Os/as profesionais do sector deberán estar especialmente comprometidos/as coas persoas en risco de exclusión social por desigualdade de xénero, segundo o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, nomeadamente na integración social das vítimas da violencia contra as mulleres e das vítimas do tráfico de explotación sexual.

CAPÍTULO III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de Integración Social son os seguintes:

a) Interpretar información seleccionando as estratexias e os recursos pertinentes para elaborar proxectos de integración social adecuados á persoa destinataria, o contexto e o marco legal, e que incorporen a perspectiva de xénero, así como a defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas.

b) Identificar as competencias requiridas ao persoal técnico superior en Integración Social e aos membros do equipo interdisciplinar, analizando o contexto de intervención e os criterios de calidade establecidos na planificación, para dirixir e supervisar a posta en práctica de proxectos e programas.

c) Aplicar as tecnoloxías da información e da comunicación identificando os protocolos e os recursos pertinentes, para xestionar a documentación e realizar as actuacións administrativas asociadas á intervención.

d) Seleccionar recursos e estratexias metodolóxicas, interpretando a normativa relativa a requisitos técnicos e instalacións, para programar actividades de integración social.

e) Identificar os niveis de intervención, analizando os factores influentes para deseñar, pór en práctica e avaliar intervencións dirixidas á prevención da violencia doméstica.

f) Identificar as necesidades de atención física das persoas usuarias en relación, de ser o caso, coas axudas técnicas dispoñibles, para deseñar, supervisar e avaliar actividades que dean resposta a estas.

g) Analizar as características das unidades de convivencia e identificar as variables salientables para organizar, supervisar e avaliar actividades de apoio á xestión doméstica.

h) Seleccionar estratexias metodolóxicas e pautas de actuación, identificando os recursos necesarios, para organizar, levar a cabo e avaliar actividades de apoio psicosocial.

i) Seleccionar estratexias metodolóxicas e pautas de actuación, concretando as axudas técnicas necesarias, para organizar, levar a cabo e avaliar actividades de adestramento en habilidades de autonomía persoal e social.

j) Seleccionar estratexias metodolóxicas e de avaliación, aplicando os criterios establecidos polo equipo interdisciplinar, para deseñar e levar a cabo actividades de intervención socioeducativa.

k) Analizar as necesidades de adestramento, mediación e apoio técnico en función dos recursos sociolaborais dispoñibles para organizar, levar a cabo e avaliar actividades de inserción laboral e ocupacional.

l) Identificar as necesidades de apoio á comunicación e, de ser o caso, as axudas técnicas, en función das características da persoa destinataria, para adestrar en habilidades de comunicación.

m) Analizar os problemas presentados e seleccionar técnicas de participación e xestión de conflitos para realizar tarefas de mediación entre persoas e grupos.

n) Describir os protocolos de actuación en caso de accidente ou emerxencia e seleccionar as técnicas axeitadas para aplicar primeiros auxilios.

ñ) Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación, analizando os criterios e os indicadores de calidade establecidos na programación, para realizar o control, o seguimento e a retroalimentación da intervención.

o) Analizar as habilidades sociais requiridas no ámbito profesional identificando os factores influentes, para manter relacións fluídas coas persoas implicadas na intervención e superar os posibles conflitos.

p) Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe que se relacionan coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.

q) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder ante os retos que se presenten nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.

r) Tomar decisións de xeito fundamentado, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.

s) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

t) Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

u) Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e propor e aplicar medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir contornos seguros.

v) Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

w) Identificar e aplicar parámetros de calidade nos traballos e nas actividades que se realizan no proceso de aprendizaxe para valorar a cultura da avaliación e da calidade e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.

x) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

y) Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

z) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades para desenvolver os valores do principio de igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres nin por ningunha outra condición nin circunstancia persoal nin social, así como a prevención da violencia de xénero e o coñecemento da realidade homosexual, transexual, transxénero e intersexual.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Integración Social, que se desenvolven no anexo I, son os que se relacionan:

MP0017. Habilidades sociais.

MP0020. Primeiros auxilios.

MP0337. Contexto da intervención social.

MP0338. Inserción sociolaboral.

MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

MP0340. Mediación comunitaria.

MP0341. Apoio á intervención educativa.

MP0342. Promoción da autonomía persoal.

MP0343. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

MP0344. Metodoloxía da intervención social.

MP0345. Proxecto de integración social.

MP0346. Formación e orientación laboral.

MP0347. Empresa e iniciativa emprendedora.

MP0348. Formación en centros de traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Integración Social son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante cerramentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberá estar en función do número de alumnos e alumnas, e serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos, e cantas outras sexan de aplicación; respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Integración Social correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da devandita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para os efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B).

3. O profesorado especialista terá atribuída a competencia docente dos módulos profesionais especificados no anexo III A).

4. O profesorado especialista deberá cumprir os requisitos xerais exixidos para o ingreso na función pública docente establecidos no artigo 12 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da devandita lei.

5. Ademais, co fin de garantir que responda ás necesidades dos procesos involucrados no módulo profesional, cómpre que o profesorado especialista acredite no comezo de cada nomeamento unha experiencia profesional recoñecida no campo laboral correspondente, debidamente actualizada, con polo menos dous anos de exercicio profesional nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

6. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C).

A consellería con competencias en materia de educación establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia no cal se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

a) Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

b) Se os devanditos obxectivos non están incluídos, ademais da titulación deberá acreditarse mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional, durante os cales se realizasen actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

CAPÍTULO IV
Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Preferencias para o acceso ao ciclo formativo de grao superior de Integración Social en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas

Terá preferencia para acceder ao ciclo formativo de grao superior de Integración Social o alumnado que cursase a modalidade de bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 14. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico superior en Integración Social permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico superior en Integración Social permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao logo da superación do procedemento de admisión que se estableza.

3. Para os efectos das validacións entre o título de técnico superior en Integración Social e as ensinanzas universitarias de grao, a asignación de créditos entre todos os módulos profesionais deste ciclo formativo é de 120 créditos ECTS, de conformidade co establecido no artigo 14 do Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo.

Artigo 15. Validacións e exencións

1. As validacións entre os módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e os módulos profesionais do título de técnico superior en Integración Social establécense no anexo IV.

2. As persoas que superasen o módulo profesional de Formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de Empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. As persoas que obtivesen a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de Formación e orientación laboral sempre que:

a) Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

b) Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderase determinar a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada co ciclo formativo de grao superior de Integración Social nos termos previstos no devandito artigo.

Artigo 16. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Integración Social para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A).

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Integración Social coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B).

CAPÍTULO V
Organización da impartición

Artigo 17. Distribución horaria

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Integración Social organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI.

Artigo 18. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de promover a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A consellería con competencias en materia de educación determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19. Módulo de Proxecto

1. O módulo de Proxecto incluído no currículo do ciclo formativo de grao superior de Integración Social ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordasen no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente corresponderá ao profesorado que imparta docencia en módulos asociados ás unidades de competencia do ciclo formativo correspondente, preferiblemente nos de segundo curso.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de Formación en centros de traballo, e avaliarase logo de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia do título de técnico superior en Integración Social

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Integración Social nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da consellería con competencias en materia de educación, conforme o procedemento que se estableza, e garantirá que o alumnado poida conseguir os resultados de aprendizaxe destes, de acordo co disposto neste decreto.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

1. Os títulos que se relacionan a continuación terán os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico superior en Integración Social, establecido no Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico especialista en Economía Sociofamiliar, rama de Servizos á Comunidade, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico especialista en Adaptación Social, rama de Servizos á Comunidade, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico especialista Educador de Diminuídos Psíquicos, rama Sanitaria, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico superior en Integración Social establecido polo Real decreto 2061/1995, do 22 de decembro, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 341/1999, do 3 de decembro.

2. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de Formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

1. Os elementos recollidos neste decreto non constitúen ningunha regulación do exercicio de profesión regulada.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas no número 1 da disposición adicional segunda entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas do título de técnico superior en Integración Social

1. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar o ciclo formativo de grao superior de Integración Social nas condicións establecidas na disposición derradeira segunda do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de «deseño universal». Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

3. En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Integración Social exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto será obxecto dun posterior desenvolvemento a través das programacións elaboradas para cada módulo profesional, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ás características do contorno socioprodutivo, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición transitoria única. Centros privados con autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social, ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 341/1999, do 3 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogados o Decreto 341/1999, do 3 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social e todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo do establecido na disposición derradeira primeira.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2015/16 implantarase o primeiro curso das ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 341/1999, do 3 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social.

2. No curso 2016/17 implantarase o segundo curso das ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 341/1999, do 3 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social.

3. No curso 2015/16 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de abril de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: Habilidades sociais.

• Equivalencia en créditos ECTS: 6.

• Código: MP0017.

• Duración: 123 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Pon en práctica estratexias e técnicas para favorecer a comunicación e a relación social co seu contorno, en relación cos principios da intelixencia emocional e social.

– CA1.1. Describíronse os principios da intelixencia emocional e social.

– CA1.2. Valorouse a importancia das habilidades sociais no desempeño do labor profesional.

– CA1.3. Caracterizáronse as etapas dun proceso comunicativo.

– CA1.4. Identificáronse os estilos de comunicación, as súas vantaxes e as súas limitacións.

– CA1.5. Valorouse a importancia do uso da comunicación verbal e non verbal nas relacións interpersoais.

– CA1.6. Estableceuse unha eficaz comunicación para asignar tarefas, recibir instrucións e intercambiar ideas ou información.

– CA1.7. Utilizáronse as habilidades sociais adecuadas á situación e atendendo á diversidade cultural.

– CA1.8. Demostrouse interese por non xulgar as persoas e respectar os seus elementos diferenciadores (emocións, sentimentos, personalidade, etc.).

– CA1.9. Demostrouse unha actitude positiva cara ao cambio e á aprendizaxe de todo o que suceda.

– CA1.10. Valorouse a importancia da autocrítica e a autoavaliación no desenvolvemento de habilidades de relación interpersoal e de comunicación axeitadas.

• RA2. Dinamiza o traballo do grupo aplicando as técnicas adecuadas e xustifica a súa selección en función das características, a situación e os obxectivos do grupo.

– CA2.1. Describíronse os elementos fundamentais dun grupo, a súa estrutura, a súa dinámica e os factores que poidan modificalas.

– CA2.2. Analizáronse e seleccionáronse as técnicas de dinamización e funcionamento de grupos.

– CA2.3. Explicáronse as vantaxes do traballo en equipo fronte ao individual.

– CA2.4. Diferenciáronse os papeis que se poden dar nun grupo e as relacións entre eles.

– CA2.5. Identificáronse as principais barreiras da comunicación grupal.

– CA2.6. Formuláronse estratexias de actuación para aproveitar a función de liderado e os papeis na estrutura e no funcionamento do grupo.

– CA2.7. Definiuse a repartición de tarefas como procedemento para o traballo en grupo.

– CA2.8. Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

– CA2.9. Logrouse un ambiente de traballo relaxado e cooperativo.

– CA2.10. Respectáronse as opinións diferentes á propia e os acordos de grupo.

• RA3. Conduce reunións, para o cal analiza as formas e os estilos de intervención e de organización, en función das características das persoas destinatarias e do contexto.

– CA3.1. Describíronse os tipos e as funcións das reunións.

– CA3.2. Describíronse as etapas do desenvolvemento dunha reunión.

– CA3.3. Aplicáronse as técnicas de moderación de reunións e xustificouse a súa aplicación.

– CA3.4. Demostrouse a importancia da capacidade de expor ideas de xeito claro e conciso.

– CA3.5. Describíronse os factores de risco e as posibilidades de sabotaxe dunha reunión e xustificáronse as estratexias de resolución.

– CA3.6. Valorouse a necesidade dunha información boa e diversa na convocatoria de reunións.

– CA3.7. Describiuse a importancia da motivación e das estratexias empregadas para conseguir a participación nas reunións.

– CA3.8. Aplicáronse técnicas de recollida de información e avaliación de resultados dunha reunión.

– CA3.9. Demostráronse actitudes de respecto e tolerancia na condución de reunións.

• RA4. Pon en práctica estratexias de xestión de conflitos e resolución de problemas, seleccionadas en función das características do contexto e tras a análise de diferentes modelos.

– CA4.1. Analizáronse e identificáronse as principais fontes dos problemas e conflitos grupais.

– CA4.2. Describíronse as principais técnicas e estratexias para a xestión de conflitos.

– CA4.3. Identificáronse e describíronse as estratexias máis axeitadas para a procura de solucións e a resolución de problemas.

– CA4.4. Describíronse as fases do proceso de toma de decisións.

– CA4.5. Resolvéronse problemas e conflitos aplicando os procedementos adecuados a cada caso.

– CA4.6. Respectáronse as opinións das demais persoas respecto ás posibles vías de solución de problemas e conflitos.

– CA4.7. Aplicáronse correctamente técnicas de mediación e negociación.

– CA4.8. Tivéronse en conta as persoas usuarias, independentemente da súa idade e da súa condición física e mental, no proceso de toma de decisións.

– CA4.9. Planificouse a tarefa de toma de decisións e a autoavaliación do proceso.

– CA4.10. Valorouse a importancia do intercambio comunicativo na toma de decisións.

• RA5. Avalía os procesos de grupo e a propia competencia social para o desenvolvemento das súas funcións profesionais e identifica os aspectos susceptibles de mellora.

– CA5.1. Seleccionáronse os indicadores de avaliación.

– CA5.2. Aplicáronse técnicas de investigación social e sociométricas.

– CA5.3. Avaliouse a situación persoal e social de partida do/da profesional.

– CA5.4. Deseñáronse instrumentos de recollida de información.

– CA5.5. Rexistráronse os datos en soportes establecidos.

– CA5.6. Interpretáronse os datos recollidos.

– CA5.7. Identificáronse as situacións que cómpre mellorar.

– CA5.8. Marcáronse as pautas de mellora.

– CA5.9. Realizouse unha autoavaliación final do proceso traballado polo/a profesional.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Posta en práctica de estratexias e técnicas que favorezan a relación social e a comunicación.

• Relacións interpersoais e percepción social.

• Análise dos factores que inflúen na percepción social e na formación de impresións. Estereotipos, prexuízos e discriminación.

• Habilidades sociais, competencia social e conceptos afíns.

• Análise da relación entre comunicación e calidade de vida nos ámbitos de intervención.

• Proceso de comunicación. Comunicación verbal e non verbal.

• Valoración comunicativa do contexto: facilitadores e obstáculos na comunicación.

• Valoración da importancia das actitudes na relación de axuda.

• Intelixencia emocional. Educación emocional. Emocións e sentimentos.

• Mecanismos de defensa.

• Programas e técnicas de comunicación e habilidades sociais. Escoita activa, empatía, asertividade e autocontrol.

• Intervencións en público: materiais de apoio.

BC2. Dinamización do traballo en grupo.

• Grupos: tipos e características. Desenvolvemento grupal.

• Análise da estrutura e dos procesos de grupos.

• Técnicas para a análise de grupos.

• Valoración da importancia da comunicación no desenvolvemento do grupo.

• Comunicación nos grupos. Estilos de comunicación. Comunicación verbal e xestual. Outras linguaxes: icónica e audiovisual; as tecnoloxías da información e da comunicación. Obstáculos e barreiras. Cooperación e competencia nos grupos.

• Dinámicas de grupo. Fundamentos psicosociolóxicos aplicados ás dinámicas de grupo.

• Equipo de traballo. Estratexias de traballo cooperativo. Organización e repartición de tarefas.

• Detección e análise de problemas no traballo en equipo.

• Traballo individual e traballo en grupo.

• A confianza no grupo.

• Valoración do papel da motivación na dinámica grupal.

• Toma de conciencia acerca da importancia de respectar as opinións non coincidentes coa propia.

BC3. Condución de reunións.

• A reunión como forma de traballo en grupo.

• Tipos de reunións e funcións.

• Etapas no desenvolvemento dunha reunión: preparación, inicio, desenvolvemento e finalización.

• Técnicas de moderación de reunións.

• Identificación da tipoloxía de participantes nunha reunión.

• Análise de factores que afectan o comportamento dun grupo: boicot e colaboración.

BC4. Posta en práctica de estratexias de xestión de conflitos e toma de decisións.

• Valoración do conflito nas dinámicas grupais.

• Análise de técnicas de resolución de problemas.

• Proceso de toma de decisións.

• Xestión de conflitos grupais. Negociación e mediación.

• Aplicación das estratexias de resolución de conflitos grupais.

• Valoración do papel do respecto e da tolerancia na resolución de problemas e conflitos.

BC5. Avaliación da competencia social e os procesos de grupo.

• Recollida de datos: técnicas.

• Avaliación da competencia social.

• Avaliación da estrutura e dos procesos grupais.

• Aplicación das técnicas de investigación social ao traballo con grupos.

• Análise de estratexias e instrumentos para o estudo de grupos.

• Sociometría básica.

• Valoración da autoavaliación como estratexia para a mellora da competencia social.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as habilidades sociais necesarias para desenvolver unha profesión de axuda e interactuar adecuadamente nas súas relacións profesionais con outras persoas, adaptando o seu comportamento ás características destas e ao contexto.

Trátase dun módulo nomeadamente procedemental e actitudinal, no cal se lles dá resposta ás funcións de intervención, e de execución e avaliación da competencia social do persoal profesional, tanto no relativo ás relacións interpersoais como para a dinamización de grupos ou a participación neles, desempeñando diferentes papeis. Así mesmo, pretende dar resposta á función de xestión de conflitos.

A función de intervención e execución abrangue a recollida de información acerca das habilidades sociais que se posúen ou das que se carece, a organización da actuación e a previsión de continxencias, o establecemento, de ser o caso, de axudas técnicas para a comunicación, e a posta en práctica das habilidades sociais adquiridas.

Pola súa banda, a función de avaliación refírese ao control e ao seguimento da propia evolución na adquisición da competencia social necesaria para se relacionar axeitadamente coas demais persoas no desempeño das súas funcións.

Finalmente, a función de xestión de conflitos fai referencia á posta en marcha de todos os mecanismos dispoñibles para a súa solución e supón mediación e negociación.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais m), o), q), r), s), t) e w) do ciclo formativo e as competencias m), o), q), r), s) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Selección e posta en práctica de estratexias que permitan o establecemento de relacións de comunicación e interpersoais adecuadas, así como a dinamización e a condución de grupos, a xestión eficaz dos conflitos e a toma de decisións.

– Traballo en equipo, en pequeno e en gran grupo.

– Reflexión sobre as actitudes profesionais.

– Autoavaliación da competencia social profesional.

1.2. Módulo profesional: Primeiros auxilios.

• Equivalencia en créditos ECTS: 3.

• Código: MP0020.

• Duración: 53 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza a valoración inicial da asistencia nunha urxencia e describe os riscos, os recursos dispoñibles e o tipo de axuda necesaria.

– CA1.1. Asegurouse a zona segundo o procedemento oportuno.

– CA1.2. Identificáronse as técnicas de autoprotección na manipulación de persoas accidentadas.

– CA1.3. Describíronse o contido mínimo dunha caixa de urxencias e as indicacións dos produtos e dos medicamentos.

– CA1.4. Establecéronse as prioridades de actuación en múltiples vítimas.

– CA1.5. Describíronse os procedementos para verificar a permeabilidade das vías aéreas.

– CA1.6. Identificáronse as condicións de funcionamento adecuadas da ventilación e da oxixenación.

– CA1.7. Describíronse e executáronse os procedementos de actuación en caso de hemorraxia.

– CA1.8. Describíronse procedementos para comprobar o nivel de consciencia.

– CA1.9. Tomáronse as constantes vitais.

– CA1.10. Identificouse a secuencia de actuación segundo protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Reanimación (ILCOR).

• RA2. Aplica e describe as técnicas de soporte vital básico en relación co obxectivo perseguido.

– CA2.1. Describíronse os fundamentos da reanimación cardiopulmonar.

– CA2.2. Aplicáronse técnicas de apertura da vía aérea.

– CA2.3. Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio e circulatorio.

– CA2.4. Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DEA).

– CA2.5. Aplicáronse medidas posreanimación.

– CA2.6. Indicáronse as lesións, as patoloxías ou os traumatismos máis frecuentes.

– CA2.7. Describiuse a valoración primaria e secundaria da persoa accidentada.

– CA2.8. Aplicáronse primeiros auxilios ante lesións por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

– CA2.9. Aplicáronse primeiros auxilios ante patoloxías orgánicas de urxencia.

– CA2.10. Especificáronse casos ou circunstancias en que non se debe intervir.

• RA3. Aplica procedementos de inmobilización e mobilización de vítimas, e selecciona os medios materiais e as técnicas.

– CA3.1. Efectuáronse as manobras necesarias para acceder á vítima.

– CA3.2. Identificáronse os medios materiais de inmobilización e de mobilización.

– CA3.3. Caracterizáronse as medidas posturais ante unha persoa lesionada.

– CA3.4. Describíronse as repercusións dunha mobilización e dun traslado inadecuados.

– CA3.5. Confeccionáronse sistemas para a inmobilización e a mobilización de persoas doentes ou accidentadas con materiais convencionais e inespecíficos ou medios de fortuna.

– CA3.6. Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• RA4. Aplica técnicas de apoio psicolóxico e de autocontrol á persoa accidentada e ás acompañantes, e describe as estratexias de comunicación aplicadas.

– CA4.1. Describíronse as estratexias básicas de comunicación coa persoa accidentada e coas acompañantes.

– CA4.2. Detectáronse as necesidades psicolóxicas da persoa accidentada.

– CA4.3. Aplicáronse técnicas básicas de soporte psicolóxico para mellorar o estado emocional da persoa accidentada.

– CA4.4. Valorouse a importancia de lle infundir confianza e optimismo á persoa accidentada durante toda a actuación.

– CA4.5. Identificáronse os factores que predispoñen á ansiedade nas situacións de accidente, emerxencia e dó.

– CA4.6. Especificáronse as técnicas para controlar unha situación de dó, ansiedade, angustia ou agresividade.

– CA4.7. Especificáronse as técnicas para superar psicoloxicamente o fracaso na prestación do auxilio.

– CA4.8. Valorouse a importancia do autocontrol ante situacións de estrés.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Valoración inicial da asistencia en urxencia.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Tipos de accidentes e as súas consecuencias.

• Signos de compromiso vital en persoas adultas, en nenos/as, e en lactantes.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Medidas de autoprotección.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Prioridades de actuación en múltiples vítimas. Métodos de triaxe simple.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

BC2. Aplicación de técnicas de soporte vital.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Reanimación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DEA).

• Valoración da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada ao marco das súas competencias.

BC3. Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

• Avaliación da necesidade de traslado.

• Posicións de seguridade e espera.

• Técnicas de inmobilización.

• Técnicas de mobilización.

• Confección de padiolas e materiais de inmobilización.

BC4. Aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de autocontrol.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do/da primeiro/a interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prevención e seguridade.

Esta función abrangue aspectos como:

– Aplicación de primeiros auxilios.

– Xeración de contornos seguros.

As aprendizaxes realizadas neste módulo son de aplicación nos sectores de servizos educativos, culturais, de lecer e tempo libre, e servizos ás persoas e á comunidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar o obxectivo xeral n) do ciclo formativo e a competencia n).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Valoración inicial de posibles persoas accidentadas e selección das técnicas oportunas de primeiros auxilios.

– Correcta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e de soporte vital.

– Aplicación de estratexias de comunicación axeitadas para o apoio psicolóxico a persoas accidentadas e familiares.

1.3. Módulo profesional: Contexto da intervención social.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP0337.

• Duración: 133 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza a dinámica social en relación cos conceptos e cos procesos psicolóxicos e sociolóxicos que a sustentan.

– CA1.1. Explicáronse os procesos básicos do desenvolvemento evolutivo do ser humano.

– CA1.2. Caracterizáronse os procesos que inflúen na conformación social da conduta e as actitudes.

– CA1.3. Describíronse os elementos que configuran a estrutura social e as relacións entre eles.

– CA1.4. Describíronse os procesos básicos que interveñen na dinámica e no cambio social.

– CA1.5. Identificáronse os factores que favorecen ou inhiben o cambio social.

– CA1.6. Identificáronse os factores que facilitan ou dificultan a participación social e comunitaria.

– CA1.7. Argumentouse a necesidade de coñecer os aspectos básicos da dinámica social no deseño das intervencións.

– CA1.8. Explicouse o papel da perspectiva de xénero na dinámica e o cambio social.

• RA2. Caracteriza os procesos de integración e exclusión social, e identifica os factores sociolóxicos e psicolóxicos influentes.

– CA2.1. Definíronse os conceptos psicolóxicos e sociolóxicos básicos relacionados cos procesos de inclusión e exclusión social.

– CA2.2. Explicáronse os procesos básicos asociados á integración e á exclusión social de persoas e colectivos.

– CA2.3. Identificáronse as principais causas da marxinación e da exclusión social.

– CA2.4. Identificáronse os indicadores xerais de marxinación e exclusión social.

– CA2.5. Describíronse as principais necesidades sociais.

– CA2.6. Diferenciouse entre necesidade e demanda social.

– CA2.7. Argumentouse a influencia das necesidades sociais na marxinación e na exclusión social.

– CA2.8. Concretáronse os mecanismos e os procesos xerais de reinserción social.

• RA3. Interpreta o marco da intervención social tendo en conta a relación entre a súa estrutura xurídica e administrativa e a realidade en que se desenvolve.

– CA3.1. Explicáronse os antecedentes e a evolución das políticas de intervención social.

– CA3.2. Describiuse o actual marco xurídico e administrativo da intervención social.

– CA3.3. Relacionouse o marco xurídico dos sistemas de protección social coa realidade en que se desenvolven.

– CA3.4. Concretáronse os sectores de intervención social.

– CA3.5. Xustificouse a necesidade da protección social como un dereito das persoas.

– CA3.6. Argumentouse a importancia dos sistemas de protección social como elemento de integración e estabilidade social.

– CA3.7. Valorouse a importancia da discriminación positiva nos procesos de igualdade.

– CA3.8. Describiuse o papel do persoal técnico en integración social no marco da intervención social.

• RA4. Determina os ámbitos de intervención social e describe as características e as necesidades dos colectivos que os integran.

– CA4.1. Describíronse as características biolóxicas, psicolóxicas e sociais asociadas a situacións ou risco de exclusión social.

– CA4.2. Identificáronse os colectivos que integran os ámbitos de intervención social.

– CA4.3. Explicáronse as características e as necesidades das persoas e dos colectivos susceptibles de exclusión social.

– CA4.4. Identificáronse os factores influentes na situación ou no risco de exclusión social dos colectivos.

– CA4.5. Describíronse as variables que inflúen nas situacións de necesidade nos sectores obxecto de intervención.

– CA4.6. Relacionáronse as características dos suxeitos e dos colectivos específicos coas demandas e as necesidades de intervención social.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de información acerca dos colectivos de intervención.

– CA4.8. Valorouse a importancia de fundamentar a intervención nas necesidades das persoas destinatarias.

• RA5. Caracteriza servizos e programas de intervención social en relación coas necesidades persoais e sociais a que dan resposta.

– CA5.1. Identificáronse os enfoques, as modalidades e as estratexias de intervención social.

– CA5.2. Relacionáronse as principais organizacións e os principais servizos dirixidos á intervención social con diversos colectivos.

– CA5.3. Describíronse contextos e sistemas organizativos de intervención.

– CA5.4. Explicáronse as liñas xerais dos principais programas de intervención social e promoción de igualdade.

– CA5.5. Identificáronse os aspectos básicos da intervención social con diversos colectivos.

– CA5.6. Enumeráronse as principais prestacións e axudas ás cales teñen dereito os colectivos.

– CA5.7. Valorouse a importancia do apoio social na integración das persoas.

– CA5.8. Concretáronse a importancia social, o ámbito de actuación e os límites do voluntariado na intervención social.

1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización da dinámica social.

• Análise dos procesos do desenvolvemento evolutivo do ser humano: socialización e ciclo vital (axentes da socialización); construción do autoconcepto.

• Conceptos e procesos básicos de psicoloxía social e socioloxía: conformación social da conduta (normalización, conformismo e obediencia); atribución e actitudes; identidade persoal e pertenza ao grupo; estereotipos, prexuízos e discriminación (perspectiva de xénero); análise da estrutura e dos procesos da dinámica social; conduta colectiva e movementos sociais; influencia social.

• Redes comunitarias: concepto, características e funcionamento.

• Valoración da influencia dos procesos psicolóxicos e sociolóxicos no desenvolvemento das intervencións sociais.

BC2. Caracterización dos procesos de integración e exclusión social.

• Psicosocioloxía da exclusión social: integración, marxinación e exclusión social (conceptos, teorías, procesos e factores influentes na exclusión social; indicadores); o sexo como factor de exclusión social.

• Necesidades e demandas sociais. Marco conceptual e diferenciación.

• Análise das relacións entre necesidade, marxinación e exclusión.

• Procesos de reinserción social. Identificación das principais dificultades para a reinserción social.

BC3. Interpretación do marco da intervención social.

• Intervención social: marco conceptual; antecedentes, evolución histórica e situación actual; identificación dos sectores; valoración da protección social como dereito.

• Análise dos modelos de intervención social en España e nos países da súa área: fundamentos, e estrutura organizativa e funcional; organización dos servizos sociais e dos recursos; análise da resposta das políticas sociais ás necesidades e ás demandas dos colectivos.

• Marco administrativo, lexislativo e competencial da intervención social: fundamentos constitucionais e lexislación de carácter estatal, autonómico e local; normas reguladoras de equipamentos e centros; identificación das fontes e recursos documentais principais sobre o marco lexislativo e administrativo da intervención social.

• Perfil profesional das persoas coa titulación de técnico superior en Integración Social: profesionalización da intervención social; ámbitos profesionais, competencias e funcións das persoas con esta titulación; equipos profesionais (interdisciplinariedade).

BC4. Determinación de ámbitos de intervención social.

• Características biolóxicas, psicolóxicas e sociais asociadas a situacións ou risco de exclusión social.

• Análise das características, das necesidades e das demandas de colectivos específicos.

• Identificación das principais fontes de información acerca dos colectivos de intervención.

• Enderezos web de organizacións e institucións públicas e privadas relacionadas cos colectivos susceptibles de exclusión social.

• Valoración da análise de necesidades como punto de partida da intervención.

BC5. Caracterización de servizos e programas de intervención social.

• Estratexias de intervención social: políticas, coa sociedade, na sociedade, no grupo, na familia e co individuo.

• Organizacións, servizos e programas de intervención social. Análise dos servizos e dos programas dirixidos a diferentes colectivos.

• Análise do contexto de intervención propio de cada ámbito: marco lexislativo específico; organizacións, servizos e programas; centros e equipamentos; prestacións e axudas das administracións aos colectivos.

• Apoio social e autoaxuda.

• Participación social e voluntariado: ámbito e límites de actuación.

• Uso da internet para a obtención de información acerca de servizos, programas e recursos de intervención social: enderezos web de organismos e de institucións públicas e privadas que desenvolvan programas e servizos de intervención social; acceso dixital aos recursos de protección social.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización e intervención ou execución.

A función de organización abrangue aspectos como a detección de necesidades e a programación.

Esta función abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da actuación.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en:

– Atención de carácter asistencial ás persoas en situación de dependencia.

– Apoio á xestión doméstica.

– Atención de carácter psicosocial ás persoas en situación de dependencia.

– Apoio á inserción ocupacional e laboral.

– Atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social.

– Mediación comunitaria.

– Inserción ocupacional e laboral.

– Promoción da igualdade entre homes e mulleres.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), k), m), ñ) e o) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), k), m), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Traballo en equipo para caracterizar as circunstancias que dan lugar a situacións de marxinación e exclusión social.

– Estudo de casos, individual e en grupo, para identificar as necesidades das persoas usuarias.

– Análise documental de servizos, programas e normativa legal.

– Uso de tecnoloxías da información e da comunicación.

– Sensibilización acerca do valor da prevención no ámbito da marxinación e a exclusión social.

1.4. Módulo profesional: Inserción sociolaboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 13.

• Código: MP0338.

• Duración: 213 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza o contexto da inserción sociolaboral, para o cal analiza o marco legal e os recursos existentes.

– CA1.1. Describíronse o marco legal e as políticas de emprego dirixidas a colectivos con dificultades de inserción.

– CA1.2. Describíronse as principais modalidades de inserción sociolaboral.

– CA1.3. Identificáronse os recursos laborais e formativos para a inserción laboral das persoas usuarias.

– CA1.4. Identificáronse as principais fontes de información acerca dos recursos formativos e sociolaborais existentes.

– CA1.5. Enumeráronse técnicas para a elaboración de arquivos con información sobre os recursos sociolaborais e formativos existentes.

– CA1.6. Identificáronse técnicas para o estudo de oportunidades que ofrecen os recursos sociolaborais e formativos.

– CA1.7. Identificáronse as canles que permiten establecer e manter relacións de colaboración sistemática con empresas e institucións.

– CA1.8. Argumentouse a importancia do papel das persoas coa titulación de técnico superior de Integración Social no proxecto de inserción sociolaboral.

• RA2. Planifica a intervención en inserción laboral, para o cal identifica as necesidades das persoas ás cales vai dirixida.

– CA2.1. Caracterizáronse as necesidades específicas de inserción laboral que presentan os colectivos de intervención.

– CA2.2. Identificáronse as variables que contribúen a determinar as competencias laborais de diversos colectivos e persoas usuarias.

– CA2.3. Valorouse a importancia de respectar o dereito de autodeterminación das persoas usuarias.

– CA2.4. Definíronse as principais fases e os principais elementos do proceso de planificación de proxectos de inserción sociolaboral.

– CA2.5. Determináronse itinerarios de inserción sociolaboral.

– CA2.6. Identificáronse os documentos e os instrumentos de planificación característicos da inserción laboral.

– CA2.7. Describíronse estratexias propias da intervención que garanten unha maior implicación das persoas usuarias e do seu ámbito na procura activa de emprego.

– CA2.8. Valorouse a importancia de colaborar co equipo interdisciplinar na análise do axuste entre as persoas usuarias e o posto de traballo.

– CA2.9. Deseñáronse e elaboráronse programas de inserción laboral individualizados dirixidos a vítimas de violencia de xénero.

• RA3. Aplica técnicas de adestramento en habilidades sociolaborais tendo en conta a relación entre as necesidades das persoas usuarias e o ámbito laboral.

– CA3.1. Seleccionáronse técnicas de promoción da autonomía persoal no ámbito laboral.

– CA3.2. Elaboráronse actividades para o desenvolvemento de habilidades dirixidas á procura activa de emprego.

– CA3.3. Aplicáronse técnicas para mellorar as habilidades sociais das persoas usuarias no ámbito laboral.

– CA3.4. Seleccionáronse estratexias que lle favorezan á persoa usuaria o establecemento dun bo clima laboral e que evitan as situacións de crise.

– CA3.5. Estableceuse a secuencia das tarefas e das funcións propias do posto de traballo da persoa usuaria.

– CA3.6. Estableceuse a secuencia das actividades que favorecen o desempeño da actividade laboral de xeito independente.

– CA3.7. Establecéronse as medidas que aseguran o cumprimento das normas de seguridade e hixiene durante a xornada laboral.

– CA3.8. Valorouse a importancia da implicación da persoa usuaria e da súa familia no proceso de inserción sociolaboral.

• RA4. Planifica actividades de inserción sociolaboral, para o cal analiza a metodoloxía de emprego con apoio.

– CA4.1. Describíronse os principios que rexen os proxectos de emprego con apoio.

– CA4.2. Aplicáronse procedementos de presentación e acompañamento á empresa.

– CA4.3. Determináronse os apoios externos e as súas tarefas no proceso de inserción sociolaboral.

– CA4.4. Seleccionáronse estratexias para a implicación dos apoios naturais na adaptación da persoa usuaria ao seu posto de traballo.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas e os recursos que favorecen a adaptación do contorno laboral ás necesidades da persoa usuaria.

– CA4.6. Determináronse as axudas técnicas e as adaptacións do posto de traballo.

– CA4.7. Establecéronse vías de comunicación que favorecen a coordinación entre a empresa e o equipo durante a fase de apoio.

– CA4.8. Valorouse a necesidade de cambiar da fase de apoio á de seguimento ou mantemento, mediante a análise dos indicadores establecidos.

• RA5. Define procedementos para o seguimento e a avaliación do proceso de inserción sociolaboral e xustifica a selección das estratexias, das técnicas e dos instrumentos de avaliación.

– CA5.1. Identificáronse os indicadores que determinan o éxito ou o fracaso do proxecto de inserción.

– CA5.2. Describíronse técnicas de recollida de información para valorar o proceso de adaptación da persoa usuaria ao posto de traballo.

– CA5.3. Elaboráronse instrumentos de valoración e observación do mantemento de aprendizaxes adquiridas.

– CA5.4. Describíronse procedementos de medición da satisfacción e da adaptación das partes implicadas no proceso de inserción laboral.

– CA5.5. Valorouse a importancia de manter as canles de comunicación entre todos os elementos implicados no proceso de inserción sociolaboral.

– CA5.6. Describiuse o protocolo de coordinación co equipo interdisciplinar durante a fase de seguimento.

– CA5.7. Elaboráronse informes e memorias finais sobre o proxecto de inserción laboral.

– CA5.8. Rexistráronse e organizáronse os resultados da avaliación do proceso de inserción sociolaboral.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización do contexto da inserción sociolaboral.

• Análise do marco legal da inserción sociolaboral.

• Políticas de inserción sociolaboral. Mercado laboral e persoas con dificultades de inserción. Responsabilidade social das empresas. Análise dos beneficios socioeconómicos derivados das políticas de inserción sociolaboral.

• Dereitos laborais das vítimas da violencia de xénero.

• Modalidades de inserción sociolaboral.

• Recursos sociolaborais e formativos para persoas con dificultades de inserción sociolaboral: centros, entidades e servizos de inserción laboral. Rexistro de recursos e fontes de información de inserción sociolaboral. Utilización das novas tecnoloxías.

• Técnicas para o estudo de oportunidades.

• Recursos para a atención ás mulleres vítimas da violencia. Plans e actuacións. Recursos no ámbito laboral. Itinerarios de inserción.

• Establecemento de canles de comunicación e colaboración con empresas.

• Papel das persoas coa titulación de técnico superior en Integración Social no proceso de inserción sociolaboral.

BC2. Planificación de intervencións de inserción laboral.

• Procesos de integración e marxinación sociolaboral. Necesidades sociolaborais de colectivos específicos.

• Proxectos de inserción laboral: fases e elementos. Implicación da persoa destinataria no desenvolvemento do proxecto.

• Itinerarios de inserción laboral.

• Xestión de recursos no desenvolvemento de proxectos de inserción: tipos de recursos implicados; documentos e instrumentos de planificación específicos.

• Metodoloxía da inserción sociolaboral: valoración funcional, detección de necesidades e adecuación ás demandas individuais.

• Valoración do traballo co equipo interdisciplinar na análise de situacións de axuste entre a persoa e o posto de traballo.

BC3. Aplicación de técnicas de adestramento en habilidades sociolaborais.

• Habilidades sociais e de autonomía persoal para a inserción sociolaboral. Mobilidade e desprazamentos no ámbito laboral. Uso de recursos comunitarios sociolaborais. Valoración e xestión do salario. Técnicas de promoción da autonomía persoal no ámbito laboral.

• Habilidades sociais para a inserción sociolaboral: relacións interpersoais e normas sociais no ámbito laboral.

• Habilidades laborais: normas de seguridade e hixiene; técnicas de promoción das competencias laborais; estruturación da xornada laboral (tarefas).

• Habilidades de procura activa de emprego: técnicas e procedementos.

• Creación de ambientes positivos no ámbito laboral: motivación; selección de estímulos para mellorar o rendemento; estratexias para evitar situacións de frustración e crise; comportamentos individuais e grupais no ámbito laboral.

• Valoración da importancia da implicación da persoa e da súa familia nos procesos de inserción sociolaboral.

BC4. Planificación das actividades de inserción laboral.

• Emprego con apoio: concepto, características e regulación.

• Metodoloxía do emprego con apoio: fases, principios éticos e aplicación de criterios de calidade.

• Papel do persoal preparador laboral: funcións e tarefas dos apoios naturais e externos.

• Adaptación do posto de traballo: funcións, tarefas e habilidades requiridas; pautas para a avaliación das condicións laborais; análise da competencia laboral en relación co posto de traballo; axudas técnicas.

• Comunicación entre as partes implicadas durante o proceso de inserción laboral.

• Valoración da importancia da adaptación das actividades de inserción sociolaboral en función dos resultados detectados no proceso.

BC5. Definición de procedementos para o seguimento e a avaliación do proceso de inserción sociolaboral.

• Seguimento da persoa usuaria e do seu ámbito persoal no proceso de inserción sociolaboral. Indicadores do éxito ou fracaso do proxecto de inserción sociolaboral. Técnicas de valoración do rendemento laboral. Procedementos de avaliación de satisfacción e adaptación das partes implicadas. Elaboración de instrumentos de recollida e rexistro de información do seguimento. Detección de novas necesidades de adaptación. Estratexias e canles de comunicación entre os elementos implicados no proceso de seguimento.

• O equipo interdisciplinar no seguimento das intervencións de inserción sociolaboral. Protocolo de coordinación.

• Aplicación de instrumentos de avaliación da inserción laboral: rexistros e escalas. Elaboración de instrumentos.

• Elaboración de informes e memorias de intervención.

• Organización e rexistro da información da avaliación.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de organización, intervención e execución, coordinación e mediación, prevención e seguridade, administración e avaliación da intervención.

A función de organización da intervención abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión e coordinación da intervención.

– Supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención e execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da actuación.

– Aplicación de axudas técnicas.

– Desenvolvemento da actuación.

– Aplicación de estratexias de intervención.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de coordinación e mediación abrangue aspectos como o establecemento de retroalimentación.

A función de prevención e seguridade abrangue aspectos como:

– Xeración de áreas seguras.

– Aplicación da normativa de seguridade e prevención.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Xestión do mantemento.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en inserción ocupacional e laboral dentro do sector de servizos á comunidade e, dentro do sector de servizos ás persoas en situación de dependencia, como apoio á inserción ocupacional.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), k), ñ), o), q), r), t), u), v) e w) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), k), ñ), o), q), s), t) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán relacionadas con:

– Análise da lexislación laboral e dos recursos sobre emprego existentes na área.

– Análise das necesidades sociolaborais de diversos colectivos de persoas, así como planificación de intervencións de inserción laboral específicas para cada colectivo.

– Estudo de casos para o adestramento en habilidades sociolaborais adecuadas a diversas persoas usuarias e a distintos contextos laborais.

– Simulacro da realización de actividades de inserción sociolaboral empregando a metodoloxía de emprego con apoio.

– Aplicación de estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación dirixidos ao seguimento de procesos de inserción sociolaboral.

1.5. Módulo profesional: Atención ás unidades de convivencia.

• Equivalencia en créditos ECTS: 10.

• Código: MP0339.

• Duración: 161 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Planifica a intervención na unidade de convivencia tendo en conta a relación entre os modelos de intervención e os aspectos xerais da metodoloxía de intervención social.

– CA1.1. Identificáronse os modelos de intervención en unidades de convivencia.

– CA1.2. Analizáronse os recursos destinados á intervención en unidades de convivencia nos ámbitos estatal e autonómico.

– CA1.3. Identificáronse as características da intervención nos servizos de axuda a domicilio, programa de familia, teleasistencia e recursos residenciais para colectivos específicos.

– CA1.4. Definíronse os obxectivos dunha intervención nunha unidade de convivencia.

– CA1.5. Describíronse as principais estratexias e técnicas para a intervención nas unidades de convivencia.

– CA1.6. Definíronse as actividades dentro do proxecto de intervención coa unidade de convivencia.

– CA1.7. Determináronse as pautas para a intervención directa nas unidades de convivencia.

– CA1.8. Valorouse o traballo en equipo para a planificación da intervención.

• RA2. Organiza a intervención en unidades de convivencia, para o cal analiza as necesidades destas nos ámbitos doméstico, persoal e relacional.

– CA2.1. Describíronse os factores que interveñen na adquisición de competencias necesarias para a autonomía das unidades de convivencia.

– CA2.2. Identificáronse os niveis de autonomía en diversas unidades de convivencia.

– CA2.3. Identificáronse as necesidades das unidades de convivencia nos ámbitos doméstico, persoal e relacional.

– CA2.4. Determináronse as necesidades de formación, información, supervisión e acompañamento da unidade de convivencia.

– CA2.5. Relacionáronse os obxectivos e as estratexias de intervención social coas necesidades que presenta a unidade de convivencia.

– CA2.6. Organizáronse os espazos, os recursos e os tempos necesarios para a posta en práctica da intervención nas unidades de convivencia tendo en conta a xeración de ámbitos seguros.

– CA2.7. Relacionáronse as carencias e as alteracións na vida cotiá das unidades de convivencia coa intervención do persoal técnico superior en Integración Social.

– CA2.8. Argumentouse a importancia de respectar as decisións de cada membro da unidade de convivencia.

• RA3. Deseña actividades do proxecto de intervención nas unidades de convivencia, para o cal analiza as estratexias de intervención.

– CA3.1. Identificáronse os protocolos de actuación tendo en conta as características da unidade de convivencia.

– CA3.2. Planificáronse as actividades de organización das tarefas de mantemento do domicilio tendo en conta o proxecto de intervención.

– CA3.3. Determináronse estratexias e técnicas de apoio social e emocional na unidade de convivencia.

– CA3.4. Previuse o apoio á xestión doméstica da unidade de convivencia.

– CA3.5. Describíronse os apoios de comunicación e as axudas técnicas necesarias na unidade de convivencia.

– CA3.6. Deseñáronse itinerarios para a participación das persoas usuarias nos espazos e nas actividades de lecer e tempo libre.

– CA3.7. Establecéronse procesos e actividades de educación afectivo-sexual.

– CA3.8. Definiuse o asesoramento á unidade de convivencia sobre as responsabilidades e as accións que deban asumir.

– CA3.9. Simulouse a resolución das continxencias na intervención en unidades de convivencia.

– CA3.10. Valorouse a importancia de que o trato dispensado ás persoas da unidade de convivencia se axuste aos criterios e ás normas de atención establecidas.

• RA4. Organiza estratexias de intervención no ámbito da prevención de violencia doméstica, para o cal analiza os factores persoais e sociais.

– CA4.1. Identificáronse os factores de risco en diversos colectivos.

– CA4.2. Identificáronse os niveis de prevención na intervención social.

– CA4.3. Describíronse accións preventivas para evitar que se produzan ou agraven situacións de violencia doméstica.

– CA4.4. Deseñáronse estratexias que promoven a prevención de accións violentas.

– CA4.5. Seleccionáronse instrumentos e materiais que ofrecen información e formación.

– CA4.6. Determináronse accións de sensibilización para as situacións de violencia doméstica e o seu contorno.

– CA4.7. Elaboráronse actividades de sensibilización sobre o problema da violencia doméstica para todos os sectores da poboación.

– CA4.8. Valorouse o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na realización de accións preventivas.

• RA5. Desenvolve estratexias de intervención en violencia doméstica tendo en conta as relacións entre as características da situación e o protocolo establecido.

– CA5.1. Definíronse as características de posibles situacións de violencia doméstica.

– CA5.2. Describíronse os factores de risco en situacións de violencia doméstica.

– CA5.3. Analizáronse as prestacións dos servizos relacionados coa detección e a atención en situacións de violencia.

– CA5.4. Seleccionáronse os indicadores de violencia doméstica.

– CA5.5. Identificáronse os protocolos en situacións de violencia doméstica.

– CA5.6. Simulouse o acompañamento persoal, social e emocional en situacións de violencia doméstica.

– CA5.7. Aplicáronse técnicas de atención psicosocial para as persoas que sufrisen unha situación de violencia doméstica.

– CA5.8. Valorouse o cumprimento das normas e dos criterios establecidos no protocolo de actuación no relativo ao trato dispensado ás persoas que sufrisen violencia doméstica.

• RA6. Realiza actividades para o control e o seguimento da intervención na unidade de convivencia, e xustifica a selección de estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación.

– CA6.1. Identificáronse os indicadores do proceso de control e seguimento da intervención en unidades de convivencia.

– CA6.2. Seleccionáronse as técnicas, os instrumentos e os protocolos para a realización do seguimento da intervención nas unidades de convivencia.

– CA6.3. Elaboráronse os instrumentos de avaliación que valoren internamente e externamente a intervención na unidade de convivencia.

– CA6.4. Aplicáronse técnicas e procedementos de avaliación para valorar o nivel de satisfacción das necesidades das unidades de convivencia.

– CA6.5. Rexistráronse os datos nos soportes establecidos polo equipo interdisciplinar.

– CA6.6. Transmitíuselles a información ás persoas implicadas na intervención, tanto directamente como indirectamente.

– CA6.7. Valorouse a necesidade de que o persoal técnico superior en Integración Social reflexione sobre as súas propias intervencións.

– CA6.8. Xustificouse a toma de decisións para modificar ou adaptar a intervención nas unidades de convivencia.

1.5.2. Contidos básicos.

BC1. Planificación da intervención na unidade de convivencia.

• Conceptos de unidade de convivencia e de familia: familia (tipos e funcións) e modelos de convivencia (tipos e dinámica de funcionamento).

• Modelos de intervención en unidades de convivencia.

• Análise de servizos, programas e recursos residenciais na atención ás unidades de convivencia e ás familias: servizo de axuda a domicilio, programa de familias, recursos residenciais e teleasistencia. Sectores e ámbitos de intervención.

• Deseño de intervencións en unidades de convivencia.

• Estratexias e técnicas específicas na intervención en unidades de convivencia: terapia familiar, mediación familiar, axuda a domicilio e organización do domicilio.

• Pautas de intervención directa nas unidades de convivencia. Equipo interdisciplinar en intervencións nas unidades de convivencia: características e funcións.

• Valoración do traballo no equipo interdisciplinar como base da intervención en unidades de convivencia.

BC2. Organización da intervención en unidades de convivencia.

• Niveis de autonomía nas unidades de convivencia. Indicadores dos niveis de autonomía. Factores que determinan a autonomía nas unidades de convivencia. Conceptos básicos de intervención: necesidade, consumo e saúde. Fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade na familia. Estratexias.

• Análise de necesidades nos ámbitos doméstico, persoal e relacional.

• Determinación de necesidades de formación, información, supervisión e acompañamento.

• Aplicación da planificación da intervención en unidades de convivencia: identificación de obxectivos fixados, actividades, criterios metodolóxicos, espazos, materiais e tempos; resolución de continxencias.

• Organización do espazo na unidade de convivencia. Axudas técnicas.

• Organización dos recursos e do tempo.

• Respecto polas decisións de cada membro da unidade de convivencia.

BC3. Deseño de actividades do proxecto de intervención en unidades de convivencia.

• Pautas para a posta en práctica do proceso de intervención en unidades de convivencia.

• Desenvolvemento de proxectos de intervención tendo en conta os protocolos establecidos, os obxectivos da intervención, as estratexias metodolóxicas, os recursos e os tempos.

• Análise de protocolos de intervención.

• Supervisión dos servizos de apoio.

• Xestión doméstica e domiciliaria: organización do domicilio e orzamento.

• Análise das relacións de convivencia.

• Apoio social e emocional: coidados básicos, ocupación do tempo libre e acompañamento.

• Itinerarios para a participación en espazos e actividades de lecer e tempo libre.

• Educación afectivo-sexual.

• Asesoramento á unidade de convivencia: axudas, tempo libre, recursos comunitarios, etc.

• Modificación de actividades, pautas e procedementos.

• Resolución de continxencias.

• Valoración do trato dispensado ás persoas que forman a unidade de convivencia.

BC4. Organización de estratexias de intervención.

• Violencia: concepto e tipos.

• Factores de risco en situacións de violencia doméstica.

• Niveis de prevención na intervención social.

• Análise de accións preventivas.

• Creación de estratexias de promoción da prevención: modelos de intervención profesionais; circuítos e protocolos de actuación.

• Promoción de actividades de sensibilización específicas da prevención da violencia doméstica: obradoiros e accións formativas.

• Valoración do uso das tecnoloxías da información e da comunicación na posta en práctica de accións preventivas.

BC5. Desenvolvemento de estratexias de intervención en violencia doméstica.

• Detección de situacións de violencia doméstica: indicadores de violencia doméstica; identificación de protocolos.

• Análise de recursos para a detección e a atención en situacións de violencia doméstica: plans, programas e proxectos; equipamentos e recursos.

• Marco normativo e procedemental en casos de violencia doméstica.

• Acompañamento social, persoal e emocional. Estratexias psicosociais.

• Valoración do trato adecuado ás persoas que sufrisen violencia doméstica.

BC6. Realización de actividades para o seguimento e control da intervención na unidade de convivencia.

• Determinación da técnica de avaliación idónea no desenvolvemento das intervencións.

• Determinación do momento e a secuencia das actividades de avaliación.

• Establecemento de indicadores e protocolos de avaliación en intervención en unidades de convivencia.

• Instrumentos de avaliación: elaboración, selección e aplicación.

• Rexistro de datos en soportes adecuados: análise dos datos obtidos e elaboración da documentación de avaliación para a súa difusión entre as persoas implicadas na intervención en unidades de convivencia.

• Elaboración de informes e memorias.

• Valoración da importancia da avaliación como recurso para a mellora da intervención: autoavaliación.

• Valoración da avaliación como un instrumento útil na toma de decisións.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións consistentes na planificación, organización, intervención, execución e avaliación das intervencións.

A función de planificación abrangue aspectos como:

– Definición e secuencia das intervencións.

– Planificación da intervención e a avaliación.

– Planificación da organización dos recursos.

– Definición e/ou elaboración de memorias, informes, protocolos, etc.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación da intervención.

– Xestión da intervención.

– Supervisión da intervención.

A función de intervención e execución abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Execución de estratexias.

– Coordinación da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de avaliación abrangue aspectos relacionadas co deseño dos instrumentos da valoración da intervención aplicando criterios de calidade nas súas intervencións.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector de servizos ás persoas en situación de dependencia, no subsector da atención de carácter psico-social ás persoas e no apoio á xestión doméstica, e tamén no sector de servizos á comunidade, no subsector de atención psicosocial a colectivos e a persoas en desvantaxe social.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), g), ñ), o), q), r), s), t), u), v) e w) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), ñ), o), q), r), s), t) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Fase previa á planificación, na cal se trata de contextualizar a atención ás unidades de convivencia.

– Planificación de intervencións nas unidades de convivencia mediante o estudo de casos.

– Xestión e coordinación de intervencións nas unidades de convivencia mediante casos simulados.

– Elaboración de estratexias de prevención da violencia doméstica.

– Detección e realización de actividades de asesoramento e acompañamento ás persoas que sufrisen violencia doméstica, mediante o estudo de casos.

1.6. Módulo profesional: Mediación comunitaria.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP0340.

• Duración: 139 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Planifica intervencións de mediación en relación cos contextos en que se desenvolven.

– CA1.1. Seleccionáronse os obxectivos da intervención partindo das características do contexto.

– CA1.2. Valorouse a importancia da planificación no proceso de intervención.

– CA1.3. Deseñáronse actividades ou obradoiros favorecedores da comunicación.

– CA1.4. Deseñáronse actividades de encontro atendendo ás necesidades detectadas nas persoas usuarias potenciais.

– CA1.5. Identificáronse os/as mediadores/as naturais como axentes posibilitadores de intercambio de comunicación.

– CA1.6. Creáronse ou revitalizáronse espazos de encontro entre individuos, grupos e entidades cuxas relacións sexan susceptibles de derivar en conflito.

– CA1.7. Valorouse a coherencia da planificación das actividades cos obxectivos previstos na intervención.

– CA1.8. Detectáronse situacións de violencia de xénero e deriváronse as persoas afectadas aos recursos específicos neste ámbito.

• RA2. Organiza actuacións para a prevención de conflitos, para o cal selecciona as estratexias de intervención.

– CA2.1. Interpretáronse os fundamentos dos modelos de intervención.

– CA2.2. Identificáronse as principais estratexias de intervención na xestión de conflitos.

– CA2.3. Seleccionáronse os modelos e as técnicas que se van empregar no proceso de mediación de acordo co coñecemento da situación previa.

– CA2.4. Seguíronse criterios de confidencialidade e respecto no tratamento da información sobre o conflito.

– CA2.5. Planificouse o encontro inicial coas partes potenciando o diálogo e a confianza.

– CA2.6. Seleccionáronse os espazos atendendo ás características das persoas participantes.

– CA2.7. Ofreceuse o servizo de mediación voluntaria como unha opción na xestión de conflitos.

– CA2.8. Valorouse o contraste de opinións e o intercambio de experiencias de todas as persoas participantes na organización da intervención.

• RA3. Realiza actividades que favorecen os procesos de mediación e describe o desenvolvemento destes.

– CA3.1. Adecuáronse ou modificáronse os espazos adaptándose ás necesidades da intervención.

– CA3.2. Comunicóuselles a situación do lugar de encontro a todas as persoas usuarias potenciais.

– CA3.3. Empregáronse as técnicas de comunicación para favorecer o diálogo e a relación das partes implicadas.

– CA3.4. Aplicáronse técnicas para manter un clima de serenidade no proceso de mediación.

– CA3.5. Transmitíuselles información ás partes implicadas no proceso de mediación sobre as fases deste, para o seu coñecemento e a súa aceptación.

– CA3.6. En caso necesario, deriváronse as partes en conflito a outros servizos da comunidade.

– CA3.7. Redactáronse os acordos por escrito e facilitáronselles ás partes para a súa posterior confirmación.

– CA3.8. Amosouse iniciativa ante as situacións xurdidas no desenvolvemento da intervención.

• RA4. Realiza actividades de avaliación comparando os resultados da intervención cos obxectivos previstos.

– CA4.1. Establecéronse os criterios e os indicadores para levar a cabo a avaliación.

– CA4.2. Definíronse as estratexias para comprobar os resultados da intervención realizada.

– CA4.3. Seleccionáronse as técnicas e os instrumentos para avaliar a intervención realizada.

– CA4.4. Comprobouse sistematicamente que a intervención se está a realizar correctamente.

– CA4.5. Comprobouse a funcionalidade e a adecuación dos espazos e dos recursos empregados.

– CA4.6. Implicáronse as persoas que participasen na intervención na comprobación dos seus resultados.

– CA4.7. Comprobouse o nivel de cumprimento dos obxectivos previstos.

– CA4.8. Valorouse a importancia de manter unha actitude permanente de mellora na eficacia e na calidade do servizo.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Planificación das intervencións de mediación.

• Orixes e evolución da mediación.

• Principios da mediación.

• Vantaxes e dificultades da mediación.

• Tipos e características das fontes de información para a mediación.

• Análise de modelos de mediación comunitaria: tradicional lineal, transformativo, circular-narrativo, interdisciplinar, etc.

• Análise de programas de intervención en mediación.

• Ámbitos de aplicación dos modelos.

• Detección de necesidades de mediación.

• Mediadores: funcións e habilidades; mediadores naturais.

• Deseño e desenvolvemento de actividades favorecedoras da comunicación.

• Lexislación relacionada coa mediación.

• Valoración da importancia de planificar a mediación.

• Violencia de xénero: dimensión da violencia sobre a muller.

• Marco normativo sobre a violencia de xénero: prohibición da mediación nas situacións de violencia de xénero.

BC2. Organización das actuacións para a prevención de conflitos.

• Valores culturais dos principais colectivos sociais: fenómeno migratorio (minorías étnicas e as súas claves culturais); valores (concepto, características, clasificación e funcións sociais) e respecto pola diferenza.

• Recursos e estratexias de mediación comunitaria.

• Determinación de espazos de encontro: tipos e características dos espazos de encontro; espazos e uso do tempo; utilidade dos espazos de encontro para a mediación.

• Confidencialidade da información nos procesos de información.

• Valoración do contraste de opinións e o intercambio de experiencias na organización da intervención.

BC3. Realización de actividades dos procesos de mediación comunitaria.

• Conflito: definición, tipos e compoñentes do conflito; ciclos do conflito.

• Técnicas de xestión de conflitos: transacción, arbitraxe e negociación.

• Etapas no proceso de mediación: fases e características do proceso; protocolos de información ás partes implicadas; derivación a outros servizos: situacións e procedementos; formalización dos acordos.

• Aplicación de técnicas utilizadas na mediación comunitaria.

• Valoración da importancia de manter unha actitude positiva e de liderado durante a intervención.

BC4. Realización de actividades de avaliación da mediación.

• Determinación de criterios e indicadores de avaliación do proceso.

• Sistemas de recollida de información do proceso de mediación.

• Selección de estratexias de avaliación. Estratexias para a implicación das persoas participantes na avaliación.

• Selección de técnicas e instrumentos para a avaliación da mediación.

• Valoración da avaliación como mecanismo de retroalimentación para a mellora da eficacia e da calidade do servizo.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de organización, intervención e execución, coordinación e mediación, control da calidade e avaliación da intervención realizada.

A función de organización da intervención abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Elaboración de informes.

A función de intervención e execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da actuación.

– Desenvolvemento da actuación.

– Aplicación de estratexias de intervención.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de coordinación inclúe aspectos como a xestión e a coordinación da intervención.

A función de control de calidade e avaliación inclúe aspectos como a valoración do servizo e o control do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no sector de servizos á comunidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), m), ñ), o), q), r), t) e w) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), m), ñ), o), q), s) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán relacionadas con:

– Planificación de intervencións de mediación aplicables a diferentes situacións e contextos.

– Organización de actuacións para a prevención de conflitos, seleccionando as estratexias máis adecuadas en función da situación.

– Práctica de actividades que permitan levar a cabo de xeito áxil os procesos de mediación.

– Realización de actividades de avaliación que permitan comparar os resultados da intervención cos obxectivos previstos.

1.7. Módulo profesional: Apoio á intervención educativa.

• Equivalencia en créditos ECTS: 6.

• Código: MP0341.

• Duración: 123 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza o apoio á intervención educativa en relación coas competencias e co ámbito de actuación do persoal técnico no centro escolar.

– CA1.1. Identificáronse as persoas susceptibles da actuación do persoal técnico no contexto educativo.

– CA1.2. Describíronse as estruturas organizativas dos centros que atenden alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

– CA1.3. Analizouse a lexislación relativa á atención á diversidade nos centros educativos.

– CA1.4. Identificáronse os niveis de concreción curricular e os elementos básicos do currículo.

– CA1.5. Relacionouse a intervención educativa dirixida ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo co proxecto educativo e cos documentos de programación do centro.

– CA1.6. Identificáronse as características, os obxectivos, a organización e o funcionamento dos programas de atención á diversidade.

– CA1.7. Identificouse a estrutura organizativa e funcional do equipo interdisciplinar de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

– CA1.8. Identificouse o ámbito de actuación do técnico no contexto da atención á diversidade nos centros educativos.

– CA1.9. Valorouse a importancia da planificación e o traballo en equipo no proceso de intervención educativa.

• RA2. Organiza o apoio á intervención educativa aplicando as directrices do equipo interdisciplinar e os principios de inclusión e individualización.

– CA2.1. Describíronse a estrutura e os elementos dunha adaptación curricular.

– CA2.2. Relacionáronse necesidades educativas específicas de apoio educativo coas adaptacións curriculares requiridas.

– CA2.3. Identificáronse as actividades que cómpre realizar co alumnado analizando as adaptacións curriculares individuais.

– CA2.4. Aplicáronse técnicas para a programación de actividades de apoio á intervención educativa atendendo aos principios de inclusión e individualización.

– CA2.5. Seleccionáronse criterios metodolóxicos de acordo cos obxectivos da institución, co marco curricular e coas necesidades e os intereses do alumnado.

– CA2.6. Identificáronse as medidas de acceso ao currículo establecidas nunha adaptación curricular.

– CA2.7. Valorouse o papel das actividades complementarias na integración escolar.

– CA2.8. Describíronse as funcións do persoal técnico para promover a participación nas actividades complementarias das persoas destinatarias.

• RA3. Desenvolve actividades de apoio á intervención educativa adecuando os materiais curriculares ás directrices do equipo interdisciplinar e ás necesidades do alumnado.

– CA3.1. Organizouse o espazo e a moblaxe atendendo aos criterios establecidos na programación e ás características das persoas destinatarias.

– CA3.2. Estableceuse a secuencia da actividade atendendo á temporalización establecida na programación.

– CA3.3. Seleccionáronse materiais curriculares acordes coas directrices establecidas polo equipo interdisciplinar.

– CA3.4. Adecuáronse os materiais curriculares ás características do alumno ou da alumna.

– CA3.5. Aplicáronse criterios de organización do espazo, de materiais e da moblaxe que garantan a accesibilidade e o cumprimento da normas de seguridade e hixiene.

– CA3.6. Identificáronse axudas técnicas para favorecer a autonomía na aula.

– CA3.7. Valorouse o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na adaptación de materiais curriculares ás características do alumnado.

– CA3.8. Sensibilizáronse as persoas que interveñen no proceso educativo sobre a importancia de xerar contornos seguros.

• RA4. Realiza o seguimento dos procesos de apoio á intervención educativa e transmítelle a información ao equipo interdisciplinar ou á persoa responsable da titoría do alumnado polas vías establecidas.

– CA4.1. Describíronse as técnicas e os instrumentos para o control e o seguimento do apoio á intervención educativa.

– CA4.2. Identificáronse as actividades de avaliación do programa educativo.

– CA4.3. Seleccionáronse as estratexias e as técnicas de avaliación das actividades de apoio á intervención educativa.

– CA4.4. Identificáronse indicadores de avaliación nas adaptacións curriculares da intervención educativa.

– CA4.5. Valorouse a importancia da avaliación en cada momento do proceso.

– CA4.6. Formalizáronse instrumentos de avaliación para avaliar a aplicación de técnicas de prevención de accidentes na aula.

– CA4.7. Interpretouse a información obtida de diversos instrumentos.

– CA4.8. Argumentouse a importancia do proceso de seguimento na actividade do persoal técnico e na eficacia da intervención.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización do apoio á intervención educativa.

• Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: dificultade específica de aprendizaxe, altas capacidades, incorporación tardía ao sistema educativo, condicións persoais ou historia escolar.

• Integración no ámbito educativo: tipos de centros (estrutura organizativa), e tipos e niveis de integración.

• Análise da lexislación en materia de integración escolar.

• Niveis de concreción curricular.

• Identificación dos elementos básicos do currículo.

• Documentos de planificación do centro educativo: proxecto educativo, programación xeral anual, regulamento de réxime interno, etc.

• Plan de atención á diversidade: criterios para a súa elaboración. Análise de programas educativos dirixidos á atención á diversidade.

• Equipo interdisciplinar na atención ás necesidades específicas de apoio educativo: estrutura organizativa e funcional.

• Papel do persoal técnico superior en Integración Social no ámbito educativo.

• Valoración da importancia da planificación na intervención educativa.

BC2. Organización do apoio á intervención educativa.

• Adaptacións curriculares: elementos e estrutura; proceso de elaboración.

• Identificación de necesidades específicas de apoio educativo: adaptacións máis frecuentes.

• Proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: principios metodolóxicos.

• Identificación dos principios psicopedagóxicos que sustentan a intervención educativa co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

• Medidas de acceso ao currículo para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

• Programación de actividades de apoio á intervención educativa.

• Programación de actividades de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en momentos non lectivos: comedor, recreo, etc.

• Papel das actividades complementarias e extraescolares na integración escolar: estratexias para promover a participación do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

• Funcións do persoal técnico nas actividades complementarias.

BC3. Desenvolvemento de actividades de apoio á intervención educativa.

• Organización do espazo e do tempo no desenvolvemento das actividades.

• Asignación de espazos, tempos e recursos materiais de acordo coa planificación da intervención educativa: accesibilidade.

• Secuencia de actividades adaptada á temporalización da programación.

• Recursos curriculares: selección e adecuación ás características do alumnado.

• Uso de axudas técnicas.

• Aplicación de normas de prevención de accidentes e hixiene na aula. Sensibilización na promoción de contornos seguros.

• Valoración do uso das tecnoloxías da información e da comunicación no apoio á intervención educativa.

BC4. Realización do seguimento do proceso de apoio á intervención educativa.

• Avaliación do proceso de apoio á intervención educativa: tipos, funcións, técnicas e instrumentos; indicadores e criterios de avaliación. Sensibilización sobre a importancia de avaliar o proceso de apoio á intervención educativa. Selección, elaboración e formalización de instrumentos de avaliación.

• Interpretación e transmisión da información obtida nos procesos de avaliación. Uso de tecnoloxías da información e da comunicación no control e no seguimento do proceso de apoio á intervención educativa.

• Predisposición á autocrítica e á autoavaliación.

• Valoración da importancia da avaliación ao longo do proceso.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de deseño na planificación e na avaliación das intervencións educativas que se levan a cabo co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O deseño e a planificación abranguen aspectos como:

– Definición e establecemento da secuencia das intervencións educativas.

– Planificación da intervención e avaliación.

– Planificación da organización dos recursos.

– Definición e/ou elaboración da memoria, informes, protocolos e outros documentos.

A función de avaliación abrangue aspectos relacionados co deseño da valoración da intervención aplicando criterios de calidade ás súas intervencións.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no contexto escolar.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), d), f), h), j), ñ), o), q), r), t), u), v) e w) do ciclo formativo e as competencias a), d), f), h), j), ñ), o), q), s), t) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permitan alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise de casos, plans de atención á diversidade, adaptacións curriculares e programas de reforzo e de apoio.

– Programación de actividades de apoio á intervención educativa a partir de adaptacións curriculares individuais e programacións diversas.

– Adecuación dos materiais curriculares ás características do alumnado.

– Reflexión crítica sobre a integración do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no ámbito educativo, así como sobre o grao de cumprimento na práctica dos principios que rexen a atención á diversidade.

– Traballo en equipo.

– Sensibilización acerca da necesidade de acoutar funcións e tarefas do persoal profesional que intervén na educación do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

1.8. Módulo profesional: Promoción da autonomía persoal.

• Equivalencia en créditos ECTS: 13.

• Código: MP0342.

• Duración: 213 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Elabora programas de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social, e selecciona as técnicas propias da intervención.

– CA1.1. Identificáronse as fases dun programa de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.

– CA1.2. Determináronse os elementos dun programa de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.

– CA1.3. Valorouse o estado das persoas usuarias co fin de determinar os obxectivos do programa.

– CA1.4. Identificáronse estratexias de intervención no adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.

– CA1.5. Seleccionáronse técnicas de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social en función da situación de intervención.

– CA1.6. Estableceuse a secuencia das actuacións dirixidas á aprendizaxe e ao mantemento de hábitos de autonomía persoal e social.

– CA1.7. Determináronse os recursos do programa de adestramento en habilidades de autonomía persoal e social.

– CA1.8. Deseñáronse as adaptacións necesarias no programa de intervención para atender as necesidades individuais das persoas.

– CA1.9. Establecéronse as pautas de actuación e colaboración co equipo interdisciplinar e coa familia.

– CA1.10. Argumentouse a importancia das habilidades de autonomía persoal e social na vida cotiá das persoas.

• RA2. Organiza actividades de adquisición de habilidades da vida diaria e describe as fases do proceso de promoción de autonomía.

– CA2.1. Valorouse o estado das persoas para determinar os obxectivos das actividades.

– CA2.2. Definíronse situacións de ensino e aprendizaxe de promoción da autonomía nas actividades da vida diaria.

– CA2.3. Seleccionáronse as técnicas para favorecer a autonomía nas actividades da vida diaria.

– CA2.4. Seleccionáronse os medios e as axudas técnicas.

– CA2.5. Estableceuse a secuencia das actividades de promoción de autonomía nas actividades da vida diaria.

– CA2.6. Establecéronse as adaptacións das axudas técnicas en función das características da persoa.

– CA2.7. Establecéronse medidas de prevención e seguridade consonte a normativa.

– CA2.8. Valorouse a necesidade de establecer estratexias de colaboración coa familia.

• RA3. Organiza actividades de adquisición de competencias básicas de mobilidade e describe as fases do proceso.

– CA3.1. Valorouse o estado das persoas para determinar os obxectivos das actividades.

– CA3.2. Seleccionáronse as técnicas de orientación e mobilidade.

– CA3.3. Seleccionáronse os medios e as axudas técnicas.

– CA3.4. Estableceuse a secuencia das actividades de adquisición de competencias básicas de mobilidade.

– CA3.5. Establecéronse as adaptacións das axudas técnicas en función das características da persoa.

– CA3.6. Establecéronse medidas de prevención e seguridade consonte a normativa.

– CA3.7. Valorouse a necesidade de controlar as variacións na situación da persoa con respecto á súa mobilidade.

– CA3.8. Valorouse a necesidade de establecer estratexias de colaboración coa familia.

• RA4. Organiza actividades de adestramento e adquisición de habilidades sociais e xustifica a súa elección.

– CA4.1. Identificáronse os principais obstáculos que dificultan a comunicación e a interacción social da persoa.

– CA4.2. Valorouse o estado das persoas para determinar os obxectivos das actividades.

– CA4.3. Definíronse situacións de ensino e aprendizaxe de adquisición de habilidades sociais.

– CA4.4. Concretáronse as estratexias metodolóxicas que cómpre seguir no proceso de intervención.

– CA4.5. Seleccionáronse as técnicas e os procedementos que cómpre aplicar no desenvolvemento de habilidades sociais.

– CA4.6. Organizáronse as tarefas que cómpre realizar para a adquisición de habilidades sociais.

– CA4.7. Valorouse a importancia do papel do/da profesional como modelo na adquisición de habilidades sociais.

– CA4.8. Determinouse o protocolo de actuación para unha situación de alteración de conduta.

• RA5. Organiza actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación das capacidades cognitivas, seleccionadas en función das necesidades.

– CA5.1. Valorouse o estado das persoas para determinar os obxectivos das actividades.

– CA5.2. Seleccionáronse estratexias de intervención dirixidas ao mantemento e á mellora das capacidades cognitivas.

– CA5.3. Definíronse as técnicas e os procedementos que cómpre aplicar no desenvolvemento de actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación das capacidades cognitivas.

– CA5.4. Seleccionáronse recursos para a realización de exercicios e actividades propostos.

– CA5.5. Estableceuse a secuencia das actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación das capacidades cognitivas.

– CA5.6. Establecéronse adaptacións nas actividades en función das características das persoas.

– CA5.7. Valorouse a necesidade de controlar as variacións na situación da persoa con respecto ás súas capacidades cognitivas.

– CA5.8. Valorouse a necesidade de establecer estratexias de colaboración coas familias.

• RA6. Desenvolve actividades de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social seleccionándoas en función das características das persoas usuarias.

– CA6.1. Realizáronse actividades para o mantemento e a mellora da autonomía persoal e social.

– CA6.2. Adaptáronse as actividades ás necesidades das persoas usuarias.

– CA6.3. Utilizáronse as axudas técnicas e os medios establecidos no programa de intervención.

– CA6.4. Utilizáronse os materiais con iniciativa e creatividade.

– CA6.5. Asesorouse a persoa usuaria sobre os servizos e os recursos comunitarios e sobre o seu modo de uso.

– CA6.6. Aplicáronse protocolos de actuación ante situacións de crise das persoas.

– CA6.7. Adoptáronse medidas de prevención e seguridade.

– CA6.8. Resolvéronse eficientemente as continxencias xurdidas.

– CA6.9. Valorouse a importancia de respectar a capacidade de elección das persoas usuarias.

• RA7. Realiza actividades de seguimento do proceso de promoción de habilidades de autonomía persoal e social e xustifica a selección das estratexias, das técnicas e dos instrumentos de avaliación.

– CA7.1. Seleccionáronse criterios e indicadores para a avaliación do programa de adestramento.

– CA7.2. Elaboráronse instrumentos de avaliación para o programa de adestramento.

– CA7.3. Rexistráronse os datos nos soportes establecidos.

– CA7.4. Elaboráronse informes sobre o desenvolvemento do programa.

– CA7.5. Transmitíronse os resultados da avaliación ás persoas implicadas.

– CA7.6. Respondeuse con eficacia ás continxencias xurdidas na intervención.

– CA7.7. Valorouse a importancia da transmisión da información ao equipo interdisciplinar.

– CA7.8. Argumentouse a importancia do seguimento da intervención para a súa mellora.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Elaboración de programas de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.

• Promoción da autonomía persoal.

• Autonomía, dependencia e autodeterminación.

• Habilidades de autonomía persoal e social: concepto e compoñentes. Papel das habilidades de autonomía persoal e social na vida cotiá das persoas. Identificación das carencias e das alteracións máis frecuentes nas habilidades de autonomía persoal e social.

• Proceso xeral de adquisición de habilidades básicas.

• Fundamentos de psicoloxía da aprendizaxe: conceptos e procesos básicos. Modelos condutuais, cognitivos e cognitivo-condutuais.

• Programas de adestramento en habilidades de autonomía persoal e social: fases, elementos e recursos. Valoración do estado das persoas usuarias. Secuencia das actividades. Adaptacións individualizadas.

• Coordinación co equipo interdisciplinar e coa familia.

BC2. Organización de actividades de adquisición de habilidades da vida diaria.

• Habilidades da vida diaria: concepto e clasificación.

• Programas de adestramento de habilidades da vida diaria: fases, elementos e recursos. Valoración do estado das persoas usuarias. Secuencia de actividades. Adaptacións individualizadas.

• Situacións de ensino e aprendizaxe de promoción de autonomía nas actividades da vida diaria.

• Técnicas de adestramento de habilidades da vida diaria: habilidades de autocoidado e de organización da vida cotiá.

• Axudas técnicas para as actividades da vida diaria.

• Alfabetización tecnolóxica.

• Adaptación do ámbito.

• Valoración da importancia de promover contornos seguros.

BC3. Organización de actividades de adquisición de competencias básicas de mobilidade.

• Orientación e mobilidade: concepto e fundamentos teóricos.

• Programas de adestramento de competencias básicas de mobilidade: fases, elementos e recursos. Valoración do estado das persoas usuarias. Secuencia de actividades. Adaptacións individualizadas.

• Técnicas de adestramento de competencias básicas de mobilidade: orientación, traslado e mobilización.

• Axudas técnicas para a prevención da perda e o mantemento de mobilidade: selección, adecuación, posta a punto, manexo e adaptación.

• Accesibilidade.

• Valoración da importancia de promover contornos seguros.

BC4. Organización de actividades de adestramento e adquisición de habilidades sociais.

• Adquisición de habilidades sociais. Factores que inciden na súa adquisición.

• Programas de adestramento e adquisición de habilidades sociais: fases, elementos e recursos. Valoración do estado das persoas usuarias. Secuencia de actividades. Estratexias metodolóxicas.

• Situacións de ensino e aprendizaxe de adquisición de habilidades sociais.

• Técnicas de adestramento e adquisición de habilidades sociais.

• Protocolo de actuación ante situacións de alteración de conduta.

• Valoración do papel do persoal profesional como modelo na adquisición de habilidades sociais.

BC5. Organización de actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación das capacidades cognitivas.

• Estimulación e mantemento cognitivo: concepto e fundamentos teóricos.

• Programas de adestramento de estimulación e mantemento cognitivo: fases, elementos e recursos. Valoración do estado das persoas usuarias. Secuencia de actividades. Adaptacións individualizadas.

• Técnicas de adestramento de estimulación e mantemento cognitivo: mellora de memoria, atención, orientación, etc.

• Deseño de actividades de mantemento e mellora da capacidade cognitiva.

• Valoración do carácter preventivo dos programas de estimulación cognitiva.

• Estratexias de colaboración coas familias.

BC6. Desenvolvemento de actividades de adquisición e adestramento de habilidades básicas de autonomía persoal e social.

• Adaptación de actividades e de axudas técnicas segundo os casos e os niveis de autonomía.

• Elaboración de materiais.

• Papel do persoal técnico: funcións e actitudes; actuación en situacións de crise; relación coas persoas usuarias e co seu contorno.

• Respecto pola autodeterminación da persoa usuaria.

BC7. Realización de actividades de seguimento do proceso de promoción de habilidades de autonomía persoal e social.

• Indicadores do nivel de autonomía da persoa usuaria.

• Técnicas e instrumentos de avaliación da autonomía persoal e social: selección, elaboración e aplicación.

• Elaboración de informes.

• Transmisión da información.

• Valoración da importancia da coordinación e do traballo en equipo na avaliación da intervención.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de planificación, execución e avaliación das intervencións con persoas en situación de dependencia no adestramento de habilidades.

A función de planificación abrangue aspectos como a detección de necesidades e a programación.

A función de execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da planificación.

– Desenvolvemento da actividade.

– Aplicación de estratexias.

– Elaboración e formalización da documentación asociada ao proceso.

A función de avaliación refírese ao control e ao seguimento do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse, no sector dos servizos sociais, en programas que impliquen adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), d), f) h), i), j), ñ), o), q) r), t), u), v) e w) do ciclo formativo e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), d), f), h), i), j), ñ), o), q), s), t) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo actividades versarán sobre:

– Deseño de programas e actividades de intervención para a adquisición e o mantemento de habilidades de autonomía persoal e social.

– Planificación de estratexias, actividades e recursos para a intervención na adquisición e no mantemento de habilidades de autonomía persoal e social.

– Desenvolvemento de actividades para a intervención na adquisición e no mantemento de habilidades de autonomía persoal e social, e de inserción laboral.

– Avaliación do proceso de intervención.

Seguiranse sempre as seguintes liñas de acción:

– Traballo en equipo.

– Creatividade.

– Aplicación de criterios que permitan a eficacia e a mellora da calidade no servizo.

– Autoavaliación do traballo realizado.

1.9. Módulo profesional: Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

• Equivalencia en créditos ECTS: 10.

• Código: MP0343.

• Duración: 139 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Detecta as necesidades comunicativas da persoa usuaria en relación cos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

– CA1.1. Identificáronse as necesidades comunicativas da persoa usuaria.

– CA1.2. Identificáronse os recursos que favorecen o proceso de comunicación.

– CA1.3. Valorouse a influencia da comunicación no desenvolvemento diario das persoas.

– CA1.4. Describíronse os aspectos que determinan a elección dun sistema de comunicación ou outro en función das características motóricas, cognitivas e actitudinais da persoa usuaria.

– CA1.5. Analizáronse as formas de interacción e as condicións máis favorables para que a comunicación se estableza.

– CA1.6. Identificáronse elementos externos que poden afectar o correcto uso dos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

– CA1.7. Aplicáronse estratexias de fomento da implicación familiar e do seu ámbito social, na intervención con sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

– CA1.8. Analizáronse as principais informacións e orientacións ofrecidas ao persoal coidador favorecendo a xeneralización de condutas comunicativas establecidas.

• RA2. Organiza a intervención para potenciar a comunicación, interpretando as características da persoa usuaria e do contexto.

– CA2.1. Valorouse a importancia da comunicación nas intervencións.

– CA2.2. Definíronse os obxectivos de acordo coas necesidades da persoa usuaria.

– CA2.3. Avaliouse o contexto comunicativo do ámbito en que se vai realizar a intervención.

– CA2.4. Seleccionáronse as estratexias e a metodoloxía comunicativa para as propostas de intervención.

– CA2.5. Identificáronse procedementos de intervención adecuados.

– CA2.6. Seleccionáronse os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación de acordo cos obxectivos previstos.

– CA2.7. Identificáronse as axudas técnicas adecuadas.

– CA2.8. Valorouse a importancia de organizar a intervención no ámbito do apoio á comunicación.

• RA3. Aplica programas de intervención no ámbito da comunicación empregando sistemas alternativos e aumentativos con axuda.

– CA3.1. Describíronse as características e os usos básicos dos principais sistemas alternativos de comunicación con axuda.

– CA3.2. Creáronse mensaxes cos sistemas de comunicación con axuda, co cal se facilitou a comunicación e a atención á persoa usuaria.

– CA3.3. Describíronse os principais signos utilizados nas situacións habituais de atención social e educativa.

– CA3.4. Comprendéronse mensaxes expresadas mediante sistemas de comunicación con axuda.

– CA3.5. Realizáronse os axustes necesarios en función das características particulares das persoas usuarias.

– CA3.6. Identificáronse as axudas técnicas que se poderían aplicar en casos prácticos caracterizados e os requisitos de localización e uso que se deberían manter.

– CA3.7. Aplicáronse estratexias comunicativas analizando distintos contextos.

– CA3.8. Analizouse a importancia de incrementar o número de símbolos e pictogramas atendendo aos intereses e ás necesidades da persoa usuaria.

– CA3.9. Comprobouse o uso correcto dos sistemas en que cómpre a participación de terceiras persoas.

• RA4. Aplica programas de intervención no ámbito da comunicación empregando lingua de signos e sistemas alternativos e aumentativos sen axuda.

– CA4.1. Describíronse as estruturas básicas dos sistemas alternativos sen axuda e os principais signos utilizados nas situacións habituais de atención social e educativa.

– CA4.2. Creáronse mensaxes en lingua de signos e en sistemas de comunicación sen axuda facilitando a comunicación e a atención ás persoas usuarias.

– CA4.3. Aplicáronse os axustes necesarios en función das características particulares das persoas usuarias.

– CA4.4. Comprendéronse mensaxes expresadas en lingua de signos e mediante sistemas de comunicación sen axuda.

– CA4.5. Aplicáronse estratexias comunicativas analizando diversos contextos comunicativos.

– CA4.6. Analizouse a importancia de aumentar o número de signos e o seu contido atendendo aos intereses e ás necesidades da persoa usuaria.

– CA4.7. Comprobouse o uso correcto dos sistemas en que cómpre a participación de terceiras persoas.

• RA5. Comproba a eficacia da intervención e detecta os aspectos susceptibles de mellora no ámbito comunicativo.

– CA5.1. Rexistrouse o nivel de competencia comunicativa nos principais sistemas de comunicación da persoa usuaria.

– CA5.2. Comprobouse o uso correcto dos elementos que compoñen o sistema de comunicación elixido.

– CA5.3. Rexistráronse elementos alleos aos sistemas de comunicación aplicados e que poden interferir no desenvolvemento da intervención na comunicación.

– CA5.4. Identificáronse os desaxustes entre a persoa usuaria e o sistema de comunicación establecido.

– CA5.5. Determinouse o nivel de cumprimento dos obxectivos previstos.

– CA5.6. Valorouse a importancia de realizar rexistros comunicativos como medio de avaliación da competencia comunicativa da persoa usuaria.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Detección de necesidades comunicativas das persoas usuarias.

• Valoración de necesidades e proceso de intervención. Contextos comunicativos. Estrutura comunicativa do contorno. Expectativas e actitudes comunicativas do persoal profesional.

• Sistemas de comunicación: adecuación das condicións ambientais e do sistema de comunicación á persoa usuaria.

• Comunicación aumentativa e alternativa: concepto e estratexias de uso. Elementos externos que afectan o proceso. Proceso de selección do sistema alternativo de comunicación.

• Comunicación con axuda e sen axuda.

• Persoas candidatas para a comunicación aumentativa. Variables que interveñen na elección dos sistemas de comunicación con axuda en función das características das persoas usuarias.

• Valoración da importancia da coordinación coas familias e co persoal coidador na intervención con sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

BC2. Organización da intervención.

• Avaliación do contexto comunicativo.

• Proxectos de intervención na comunicación.

• Programas específicos para fomentar a comunicación.

• Estratexias de intervención.

• Organización de recursos e actividades.

• Establecemento de rutinas e contextos significativos.

• Valoración da organización da intervención no ámbito de apoio na comunicación.

BC3. Aplicación de sistemas de comunicación alternativa con axuda.

• Características dos principais sistemas.

• Uso dos sistemas SPC e Bliss.

• Tipos de símbolos para a comunicación: pictográficos, arbitrarios e ideográficos.

• Establecemento e uso de códigos.

• Modo de acceso aos sistemas de comunicación con axuda.

• Uso doutros sistemas non estandarizados de comunicación con axuda. Elaboración de taboleiros de comunicación. Modo de acceso aos sistemas de comunicación con axuda.

• Axudas de alta e baixa tecnoloxía.

• Valoración do axuste do sistema á persoa usuaria.

BC4. Aplicación de sistemas de comunicación sen axuda.

• Estrutura básica dos sistemas alternativos sen axuda.

• Uso da lingua de signos.

• Uso do sistema bimodal.

• Uso doutros sistemas de comunicación sen axuda non xeneralizados: mímica, acenos, dactilolóxico, movementos oculares e escritura en palma.

• Valoración dos sistemas de comunicación sen axuda.

BC5. Comprobación da eficacia do sistema de comunicación.

• Indicadores significativos nos rexistros de competencias comunicativas: número de signos expresados e comprendidos, velocidade de expresión e recepción en dactilolóxico e tamaño da fonte en sistemas baseados na lectoescritura.

• Sistemas de rexistro de competencias comunicativas en función dos elementos que se avalíen: tipos, formalización e transmisión da información.

• Criterios que determinan o axuste ou o cambio do sistema de comunicación: deterioración nas funcións mentais, agravamento nas patoloxías sensoriais e dificultades na xeneralización de competencias comunicativas.

• Valoración da importancia da avaliar os sistemas de comunicación.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de organización, intervención e execución, coordinación e mediación, calidade e avaliación da intervención realizada.

A función de organización da intervención abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión e coordinación da intervención.

– Supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención e execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da actuación.

– Aplicación de axudas técnicas.

– Desenvolvemento da actuación.

– Aplicación de estratexias de intervención.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de coordinación e mediación abrangue aspectos como:

– Establecemento de retroalimentación.

– Derivación a outros servizos.

A función de calidade e avaliación abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse, en comunicación alternativa e aumentativa, dentro do sector de servizos á comunidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), d), h), j), l), ñ), o), q), r), t), u) e w) do ciclo formativo e as competencias a), b), d), h), j), l), ñ), o), q), s), t) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán relacionadas con:

– Identificación das necesidades comunicativas das persoas usuarias.

– Organización de intervencións que potencien a comunicación das persoas usuarias.

– Uso de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación con axuda e sen axuda.

– Realización de actividades de avaliación dos procesos de comunicación establecidos coas persoas usuarias.

1.10. Módulo profesional: Metodoloxía da intervención social.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP0344.

• Duración: 133 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina métodos, técnicas e instrumentos para a análise da realidade social e interpreta as súas características e o ámbito de aplicación.

– CA1.1. Identificáronse os métodos, as técnicas e os instrumentos principais de obtención de información.

– CA1.2. Concretáronse os requisitos de aplicación dos instrumentos e dos recursos.

– CA1.3. Identificáronse as aplicacións, as posibilidades e as limitacións das técnicas e dos instrumentos.

– CA1.4. Elaboráronse instrumentos coherentes coa súa finalidade.

– CA1.5. Empregáronse as tecnoloxías da comunicación na elaboración de instrumentos para a obtención de información.

– CA1.6. Seleccionáronse as técnicas de análise adecuadas á situación.

– CA1.7. Xustificouse o papel da análise da realidade no éxito da intervención.

– CA1.8. Valoráronse os aspectos éticos da recollida e tratamento da información.

• RA2. Determina os elementos que constitúen un proxecto de intervención social en relación cos modelos de planificación.

– CA2.1. Comparáronse modelos teóricos de intervención social.

– CA2.2. Identificáronse os niveis de planificación na intervención social.

– CA2.3. Comparáronse modelos de planificación.

– CA2.4. Describíronse as fases do proceso de planificación.

– CA2.5. Xustificouse a necesidade de fundamentar adecuadamente os proxectos de intervención social.

– CA2.6. Identificáronse os elementos fundamentais da planificación.

– CA2.7. Comparáronse métodos, técnicas e instrumentos aplicables na intervención social.

• RA3. Determina estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención social tendo en conta a relación entre os recursos dispoñibles e os obxectivos perseguidos.

– CA3.1. Explicáronse os conceptos e os procesos básicos relativos á publicidade e aos medios de comunicación.

– CA3.2. Argumentouse a importancia dos medios de comunicación na promoción e na difusión dos proxectos sociais.

– CA3.3. Identificáronse os elementos fundamentais dunha campaña de promoción e difusión.

– CA3.4. Describíronse os medios, as estratexias e as técnicas principais para a promoción e a difusión dos proxectos sociais.

– CA3.5. Utilizáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a elaboración de materiais de promoción e difusión.

– CA3.6. Deseñáronse campañas de promoción e difusión de proxectos sociais utilizando recursos de diversa índole.

– CA3.7. Argumentouse a necesidade de promover e difundir os proxectos sociais.

– CA3.8. Xustificouse a necesidade de garantir a veracidade informativa nos procesos de promoción e difusión dos proxectos sociais.

• RA4. Incorpora a toma en consideración das diferenzas sexuais na elaboración dos proxectos de intervención social tendo en conta a relación entre o marco teórico e legal vixente e as estratexias e os criterios utilizados.

– CA4.1. Argumentouse a importancia da análise da realidade tendo en conta a consideración das diferenzas sexuais.

– CA4.2. Argumentouse a necesidade de incorporar a consideración das diferenzas sexuais na elaboración dos proxectos de intervención social.

– CA4.3. Interpretouse o marco lexislativo que promove a igualdade de oportunidades.

– CA4.4. Analizáronse a información e os recursos das institucións e dos organismos de igualdade que existen no ámbito da intervención.

– CA4.5. Identificáronse os criterios para incorporar a consideración das diferenzas sexuais nos proxectos.

– CA4.6. Analizáronse os protocolos internacionais sobre o uso da linguaxe non sexista.

– CA4.7. Asegurouse o uso non sexista da linguaxe na planificación dos proxectos de intervención social.

– CA4.8. Identificáronse as estratexias para incorporar a consideración das diferenzas sexuais nos instrumentos de promoción e difusión.

– CA4.9. Identificáronse as principais manifestacións de violencia de xénero como un reflexo da desigualdade entre homes e mulleres.

• RA5. Define procedementos de avaliación de proxectos de intervención social, para o cal analiza os modelos teóricos, tendo en conta a consideración das diferenzas sexuais.

– CA5.1. Describíronse modelos, técnicas e instrumentos de avaliación na intervención social.

– CA5.2. Explicáronse as funcións e os principios xerais da avaliación.

– CA5.3. Describíronse as fases da avaliación.

– CA5.4. Concretáronse as técnicas, os indicadores, os criterios e os instrumentos de avaliación de proxectos de intervención social.

– CA5.5. Establecéronse os procedementos xerais para a xestión da calidade nos proxectos deseñados.

– CA5.6. Determináronse estratexias e instrumentos para verificar a incorporación da consideración das diferenzas sexuais en proxectos de intervención social.

– CA5.7. Argumentouse a necesidade da avaliación para mellorar o funcionamento dos programas e garantir a súa calidade.

– CA5.8. Empregáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a elaboración e a presentación de informes de avaliación e memorias.

1.10.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación de métodos, técnicas e instrumentos de análise da realidade.

• Métodos e técnicas da investigación social:

– Conceptos e aspectos teóricos básicos.

– Investigación-acción.

– Técnicas e instrumentos cualitativos e cuantitativos.

– Análise das técnicas básicas de mostraxe.

– Análise das fontes e dos sistemas principais de rexistro da información: observación, entrevista, cuestionario, enquisa e compilación documental.

• Elaboración, planificación e aplicación de instrumentos de análise da realidade: observación, entrevista, cuestionario e enquisa.

• Fiabilidade e validez da información. Valoración das posibilidades e das limitacións dos sistemas de obtención e rexistro da información.

• Uso das tecnoloxías da información e da comunicación na investigación social.

• Análise e interpretación de datos: métodos, técnicas e instrumentos. Estatística básica.

• Valoración dos aspectos éticos da recollida de información.

BC2. Determinación dos elementos de proxectos de intervención social.

• Modelos teóricos na intervención social.

• Planificación na intervención social. Principais modelos e tipos de planificación.

• Técnicas de programación características da intervención social.

• Proceso de planificación.

• Toma de conciencia da importancia dunha adecuada fundamentación do proxecto de intervención social.

• Valoración do proxecto como eixe da intervención da persoa coa titulación de técnico superior.

BC3. Determinación de estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención.

• Conceptos básicos de publicidade e comunicación.

• Publicidade e medios de comunicación na intervención social.

• Elementos básicos na organización dunha campaña de promoción e difusión dun proxecto social.

• Medios, estratexias e técnicas de promoción e difusión de proxectos sociais.

• Elaboración de materiais para a promoción e a difusión de proxectos sociais.

• Uso de tecnoloxías da información e da comunicación na promoción e na difusión de proxectos sociais.

• Deseño de campañas de promoción e difusión de proxectos sociais.

• Valoración da importancia da veracidade nos procesos de promoción e difusión de proxectos sociais.

BC4. Incorporación da consideración das diferenzas sexuais nos proxectos de intervención social.

• Análise da realidade tomando en consideración as diferenzas sexuais.

• Consideración das diferenzas sexuais no deseño de proxectos de intervención social.

• Marco legal da igualdade de oportunidades. Lei galega para a igualdade de mulleres e homes.

• Análise de recursos e organismos que promoven a igualdade entre mulleres e homes.

• Protocolos internacionais. Guías e manuais de linguaxe non sexista.

• Criterios para a consideración das diferenzas sexuais nos proxectos de intervención social.

• Consideración das diferenzas sexuais nos instrumentos de promoción e de difusión.

• Violencia de xénero: factores, manifestacións e consecuencias.

BC5. Definición de procedementos de avaliación de proxectos de intervención social.

• Avaliación de proxectos de intervención social: modelos, técnicas e instrumentos.

• Análise do proceso de avaliación.

• Soportes informáticos no tratamento, na organización e na comunicación da información.

• Elaboración de informes e memorias.

• Xestión da calidade nos proxectos de intervención social.

• Avaliación e seguimento nas intervencións para impulsar a igualdade entre homes e mulleres.

• Valoración da obxectividade na avaliación.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de organización, intervención e execución, avaliación, promoción e difusión, e xestión de calidade e administración, pois permite coñecer os principais modelos de intervención social e os métodos, as estratexias e os instrumentos para realizar a análise da realidade en que se interveña, así como os modelos e os principios xerais de planificación.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión e coordinación da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención e execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da actuación.

– Aplicación de estratexias de intervención.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración e formalización da documentación asociada.

A función de avaliación fai referencia á aplicación dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción e difusión abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de xestión de calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Atención á clientela.

– Xestión de licenzas, autorizacións, permisos, etc.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos ás persoas, nos seguintes subsectores:

– Atención de carácter asistencial ás persoas.

– Apoio na xestión doméstica.

– Atención de carácter psicosocial ás persoas.

No sector de servizos á comunidade aplícanse nestes subsectores:

– Atención psicosocial a colectivos e as persoas en desvantaxe social.

– Mediación comunitaria.

– Inserción ocupacional e laboral.

– Promoción da igualdade entre homes e mulleres.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), k), m), ñ) e w) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), k), m), ñ) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise documental de programas.

– Traballo en equipo para:

– Elaboración e aplicación de instrumentos de análise da realidade social.

– Deseño de estratexias e campañas de promoción e difusión, con elaboración dos materiais pertinentes.

– Avaliación de proxectos de intervención social.

– Uso de tecnoloxías da información e da comunicación para obter, xestionar e comunicar información, así como para promover e difundir proxectos.

– Sensibilización acerca do valor da planificación na intervención social.

1.11. Módulo profesional: Proxecto de integración social.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP0345.

• Duración: 26 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e polo tipo de produto ou servizo que ofrecen.

– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicáronse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

• RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as fases que o compoñen.

– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se van tratar no proxecto.

– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto, e o seu contido.

– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

– CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

• RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o cal determina o plan de intervención e a documentación asociada.

– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definíronse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Planificáronse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dá resposta ás condicións da posta en práctica.

– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

• RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poden presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.

– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela e elaboráronse os documentos específicos.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

• RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.11.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.

A función de análise do contexto abrangue as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.

A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas, concretando os aspectos salientables para a súa realización. Inclúe as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.

A función de organización da execución abrangue as subfuncións de programación de actividades, xestión de recursos e supervisión da intervención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da integración social.

Fomentaranse e valoraranse a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais, bardante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Execución de traballos en equipo.

– Responsabilidade e autoavaliación do traballo realizado.

– Autonomía e iniciativa persoal.

– Uso das TIC.

1.12. Módulo profesional: Formación e orientación laboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP0346.

• Duración: 107 horas.

1.12.1. Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.

• Código: MP0346_12.

• Duración: 45 horas.

1.12.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de servizos á comunidade.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de servizos á comunidade.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en Integración Social.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en Integración Social.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en Integración Social.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse as formas de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse as formas de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións que cómpre realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cada unha.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en Integración Social.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en Integración Social.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizáronse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) adecuadas ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.12.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector de servizos á comunidade en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de servizos á comunidade.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.12.2. Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

• Código: MP0346_22.

• Duración: 62 horas.

1.12.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en Integración Social e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse adecuadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en Integración Social.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos ámbitos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da seguridade social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitáronse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros Estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en Integración Social.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para melloralas e permitir unha adecuada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en Integración Social.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.12.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e dos inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector de servizos á comunidade segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e obrigas derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en Integración Social.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade social, emprego e desemprego.

• A seguridade social como piar do Estado social.

• Estrutura do sistema da Seguridade Social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

• Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en Integración Social.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en Integración Social.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en Integración Social.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de servizos á comunidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais o), p), s), u) e y) do ciclo formativo e as competencias o), p), r), t) e w).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de servizos á comunidade.

– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet, para a procura de emprego.

– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– Identificación de ofertas de emprego público ás cales se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– Estudo das condicións de traballo do sector de servizos á comunidade a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de servizos á comunidade.

– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que, polo menos, dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: Empresa e iniciativa emprendedora.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: MP0347.

• Duración: 53 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizáronse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da formación, da responsabilidade e da colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de servizos á comunidade.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse, a partir das ideas emprendedoras, unha determinada idea de negocio do ámbito de integración social que servirá de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizáronse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, os aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores/as, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de integración social en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizáronse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa integración social e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de integración social, prácticas que incorporan valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial, de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de integración social e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúe a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizáronse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de servizos á comunidade.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de integración social tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, aos trámites administrativos, ás axudas e ás subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa integración social, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, notas promisorias e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de integración social e describíronse os circuítos que percorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.13.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de integración social (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• Actuación das persoas emprendedoras no sector de servizos á comunidade.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de integración social.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de integración social: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de integración social: clientela, provedores/as, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de integración social.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de servizos á comunidade.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de integración social: documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.13.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais p) e x) do ciclo formativo e as competencias p) e v).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de integración social, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de servizos á comunidade.

– Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de integración social, composto por un plan de empresa e un plan financeiro, e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que, polo menos, dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.14. Módulo profesional: Formación en centros de traballo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 22.

• Código: MP0348.

• Duración: 384 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

– CA1.1. Identificáronse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientela co desenvolvemento da actividade empresarial.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

– Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

– Necesidades formativas para a inserción e reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondentes ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicáronse as incidencias salientables.

– CA2.9. Valoráronse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Realiza operacións de preparación da actividade laboral, aplicando técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e coas normas establecidas.

– CA3.1. Interpretáronse as instrucións recibidas para a preparación da actividade laboral.

– CA3.2. Identificouse a documentación asociada á preparación dos procesos laborais que cómpre desenvolver.

– CA3.3. Utilizáronse os procedementos de control de acordo coas instrucións ou normas establecidas.

– CA3.4. Identificáronse as necesidades de acondicionamento dos espazos onde se vai realizar a actividade laboral.

– CA3.5. Aplicáronse correctamente os criterios para o inicio da actividade laboral tendo en conta as instrucións e as normas establecidas.

– CA3.6. Recoñecéronse e determináronse as necesidades das persoas destinatarias do servizo tendo en conta os protocolos establecidos.

– CA3.7. Realizáronse correctamente os procedementos para o primeiro contacto coas persoas usuarias, utilizando medios e aplicando técnicas, segundo as instrucións e as normas establecidas.

– CA3.8. Identificáronse as dificultades xurdidas no proceso de preparación da actividade laboral.

– CA3.9. Realizáronse todas as actividades de preparación tendo en conta os principios de respecto pola intimidade das persoas usuarias.

• RA4. Leva a cabo as actividades previstas no plan de traballo tendo en conta a relación das instrucións e as normas establecidas coa aplicación de procedementos e técnicas inherentes ás actividades que cómpre desenvolver.

– CA4.1. Interpretáronse as instrucións recibidas para a realización da actividade laboral.

– CA4.2. Identificouse a documentación asociada aos procesos laborais que cómpre desenvolver.

– CA4.3. Realizáronse as tarefas seguindo os procedementos establecidos.

– CA4.4. Realizáronse todas as actividades laborais tendo en conta os criterios deontolóxicos da profesión.

– CA4.5. Respectouse a confidencialidade da información relativa ás persoas usuarias coas cales teñen relación.

– CA4.6. Empregáronse as actitudes adecuadas ao tipo de persoa usuaria, situación ou tarefa.

– CA4.7. Empregáronse os recursos técnicos apropiados á actividade.

– CA4.8. Seguíronse os procedementos establecidos na utilización dos recursos técnicos.

– CA4.9. Relacionáronse as técnicas empregadas coas necesidades das persoas destinatarias do servizo.

• RA5. Cumpre criterios de seguridade e hixiene actuando segundo normas hixiénico-sanitarias, de seguridade laboral e de protección ambiental.

– CA5.1. Recoñecéronse as normas hixiénico-sanitarias de obrigado cumprimento relacionadas coa normativa legal e as específicas da propia empresa.

– CA5.2. Recoñecéronse os comportamentos e as aptitudes susceptibles de producir problemas hixiénico-sanitarios ou de seguridade.

– CA5.3. Empregouse a vestimenta adecuada para a actividade.

– CA5.4. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA5.5. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cómpre aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lexislación aplicable.

– CA5.6. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

– CA5.7. Aplicáronse as operacións de recollida, selección, clasificación e eliminación ou vertedura de residuos.

• RA6. Analiza o servizo prestado en relación cos criterios de calidade do procedemento de intervención.

– CA6.1. Identificáronse os procedementos e os instrumentos de xestión da calidade.

– CA6.2. Utilizáronse adecuadamente as canles de transmisión da información establecidas na empresa ou institución.

– CA6.3. Valorouse o grao de cumprimento das instrucións recibidas para a realización da actividade laboral.

– CA6.4. Identificouse a documentación asociada aos procesos de control e seguimento da súa actividade.

– CA6.5. Amosouse unha actitude crítica na realización das actividades.

– CA6.6. Comprobouse que seguiu o procedemento establecido para a realización das tarefas.

– CA6.7. Aplicáronse os criterios deontolóxicos da profesión na realización das actividades profesionais.

– CA6.8. Argumentouse a adecuación das técnicas e dos recursos empregados.

1.14.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Integración Social e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzasen no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente

60

40

46 %

Taller de intervención social

120

90

54 %

• A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

– Equipamentos audiovisuais.

– Equipamentos informáticos instalados en rede e con conexión á internet, coas oportunas adaptacións de accesibilidade. Software.

– Produtos de apoio para vestirse.

– Produtos de apoio para a mobilidade.

– Produtos de apoio para a transferencia e a viraxe e a elevación.

– Produtos de apoio para a alimentación.

– Produtos de apoio para a comunicación.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Integración Social.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP0017. Habilidades sociais.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0020. Primeiros auxilios.

Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

Profesorado técnico de formación profesional.

Profesorado especialista.

• MP0337. Contexto da intervención social.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0338. Inserción sociolaboral.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0340. Mediación comunitaria.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0341. Apoio á intervención educativa.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0342. Promoción da autonomía persoal.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0343. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional.

Profesorado especialista.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0345. Proxecto de integración social.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0346. Formación e orientación laboral.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0347. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións equivalentes para os efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e Orientación Laboral.

– Diplomado/a en Ciencias Empresariais.

– Diplomado/a en Relacións Laborais

– Diplomado/a en Traballo Social.

– Diplomado/a en Educación Social.

– Diplomado/a en Xestión e Administración Pública.

Intervención Sociocomunitaria.

– Mestre/a, en todas as súas especialidades.

– Diplomado/a en Educación Social.

– Diplomado/a en Traballo Social.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa, e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

• MP0017. Habilidades sociais.

• MP0337. Contexto da intervención social.

• MP0341. Apoio á intervención educativa.

• MP0342. Promoción da autonomía persoal.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• MP0346. Formación e orientación laboral.

• MP0347. Empresa e iniciativa emprendedora.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

• MP0020. Primeiros auxilios.

• MP0338. Inserción sociolaboral.

• MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

• MP0340. Mediación comunitaria.

• MP0343. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

• MP0345. Proxecto de integración social.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

4. Anexo IV.

Validacións entre módulos profesionais de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) e os establecidos no título de técnico superior en Integración Social ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Módulos profesionais incluídos nos ciclos formativos establecidos na LOXSE

Módulos profesionais do ciclo formativo (LOE):

Integración Social

• Animación e dinámica de grupos.

• MP0017. Habilidades sociais.

• Contexto e metodoloxía da intervención social.

• MP0337. Contexto da intervención social.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• Inserción ocupacional.

• MP0338. Inserción sociolaboral.

• Atención a unidades de convivencia.

• MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

• Habilidades de autonomía persoal e social.

• MP0342. Promoción da autonomía persoal.

• Pautas básicas e sistemas alternativos de comunicación.

• MP0343. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

• Formación en centro de traballo do título de técnico superior en Integración Social.

• MP0348. Formación en centros de traballo.

5. Anexo V.

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

• UC0252_3: programar, organizar e avaliar as intervencións de integración social.

• UC1448_3: detectar, xerar e utilizar recursos sociais e comunitarios para a realización de intervencións socioeducativas con persoas con discapacidade.

• MP0337. Contexto da intervención social.

• UC1034_3: xestionar a información sobre os recursos sociolaborais e formativos, e colaborar na análise de postos de traballo para a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.

• UC1035_3: realizar as intervencións dirixidas ao adestramento para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociolaborais nas persoas con discapacidade.

• UC1036_3: apoiar no proceso de inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.

• UC1037_3: efectuar o seguimento da inserción sociolaboral coa empresa, a persoa usuaria e o seu contorno persoal.

• MP0338. Inserción sociolaboral.

• UC1450_3: organizar, desenvolver e avaliar procesos de inclusión de persoas con discapacidade en espazos de lecer e tempo libre.

• UC1452_3: actuar, orientar e apoiar as familias de persoas con discapacidade, en colaboración con profesionais de nivel superior.

• MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

• UC1038_3: identificar e concretar as características e as necesidades do contexto social da intervención.

• UC1039_3: Previr conflitos entre persoas, actores e colectivos sociais.

• UC1040_3: organizar e pór en práctica o proceso de xestión de conflitos.

• UC1041_3: realizar a valoración, o seguimento e a difusión da mediación como unha vía de xestión de conflitos.

• MP0340. Mediación comunitaria.

• UC1427_3: executar, en colaboración co/coa titor/ora e/ou co equipo interdisciplinar do centro educativo, os programas educativos do alumnado con necesidades educativas especiais na súa aula de referencia.

• UC1428_3: pór en práctica os programas de autonomía e hixiene persoal no aseo do alumnado con necesidades educativas especiais, participando co equipo interdisciplinar do centro educativo.

• MP0341. Apoio á intervención educativa.

• UC0253_3: desenvolver as intervencións dirixidas ao adestramento e á adquisición de habilidades de autonomía persoal e social.

• UC1449_3: organizar e realizar o acompañamento de persoas con discapacidade na realización de actividades programadas.

• UC1451_3: organizar e desenvolver o adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica para persoas con discapacidade, en colaboración con profesionais de nivel superior.

• MP0342. Promoción da autonomía persoal.

• UC0254_3: establecer, adaptar e aplicar sistemas alternativos de comunicación.

• MP0343. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

• UC1022_3: dinamizar a planificación, o desenvolvemento e a avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial.

• UC1024_3: establecer estratexias de comunicación e difusión dos proxectos e das actuacións comunitarias.

• UC1026_3: incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

• MP0337. Contexto da intervención social.

• UC0252_3: programar, organizar e avaliar as intervencións de integración social.

• UC1448_3: detectar, xerar e utilizar recursos sociais e comunitarios para a realización de intervencións socioeducativas con persoas con discapacidade.

• MP0338. Inserción sociolaboral.

• UC1034_3: xestionar a información sobre os recursos sociolaborais e formativos, e colaborar na análise de postos de traballo para a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.

• UC1035_3: realizar as intervencións dirixidas ao adestramento para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociolaborais nas persoas con discapacidade.

• UC1036_3: apoiar no proceso de inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.

• UC1037_3: efectuar o seguimento da inserción sociolaboral coa empresa, a persoa usuaria e o seu contorno persoal.

• MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

• UC1450_3: organizar, desenvolver e avaliar procesos de inclusión de persoas con discapacidade en espazos de lecer e tempo libre.

• UC1452_3: actuar, orientar e apoiar as familias de persoas con discapacidade, en colaboración con profesionais de nivel superior.

• MP0340. Mediación comunitaria.

• UC1038_3: identificar e concretar as características e as necesidades do contexto social da intervención.

• UC1039_3: previr conflitos entre persoas, actores e colectivos sociais.

• UC1040_3: organizar e pór en práctica o proceso de xestión de conflitos.

• UC1041_3: realizar a valoración, o seguimento e a difusión da mediación como unha vía de xestión de conflitos.

• MP0341. Apoio á intervención educativa.

• UC1427_3: executar, en colaboración co/coa titor/ora e/ou co equipo interdisciplinar do centro educativo, os programas educativos do alumnado con necesidades educativas especiais na súa aula de referencia.

• UC1428_3: pór en práctica os programas de autonomía e hixiene persoal no aseo do alumnado con necesidades educativas especiais, participando co equipo interdisciplinar do centro educativo.

• MP0342. Promoción da autonomía persoal.

• UC0253_3: desenvolver as intervencións dirixidas ao adestramento e á adquisición de habilidades de autonomía persoal e social.

• UC1449_3: organizar e realizar o acompañamento de persoas con discapacidade na realización de actividades programadas.

• UC1451_3: organizar e desenvolver o adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica para persoas con discapacidade, en colaboración con profesionais de nivel superior.

• MP0343. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

• UC0254_3: establecer, adaptar e aplicar sistemas alternativos de comunicación.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• UC1022_3: dinamizar a planificación, o desenvolvemento e a avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial.

• UC1024_3: establecer estratexias de comunicación e difusión dos proxectos e das actuacións comunitarias.

• UC1026_3: incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Integración Social para o réxime ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade do profesorado

• MP0337. Contexto da intervención social.

133

Intervención Sociocomunitaria.

• MP0338. Inserción sociolaboral.

213

Servizos á Comunidade.

• MP0339. Atención ás unidades de convivencia.

161

Servizos á Comunidade.

• MP0342. Promoción da autonomía persoal.

213

Intervención Sociocomunitaria.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

133

Intervención Sociocomunitaria.

• MP0346. Formación e orientación laboral.

107

Formación e Orientación Laboral.

Total 1º

(FCE)

960

• MP0017. Habilidades sociais.

123

Intervención Sociocomunitaria.

• MP0020. Primeiros auxilios.

53

Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

Profesorado especialista.

• MP0340. Mediación comunitaria.

139

Servizos á Comunidade.

• MP0341. Apoio á intervención educativa.

123

Intervención Sociocomunitaria.

• MP0343 Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

139

Servizos á Comunidade.

Profesorado especialista.

• MP0347. Empresa e iniciativa emprendedora.

53

Formación e Orientación Laboral.

Total 2º

(FCE)

630

• MP0345. Proxecto de integración social.

26

Intervención Sociocomunitaria.

Servizos á Comunidade.

• MP0348. Formación en centros de traballo.

384

7. Anexo VII.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

• MP0346. Formación e orientación laboral.

• MP0346_12. Prevención de riscos laborais.

45

• MP0346_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e de seguridade social, e procura de emprego.

62