Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27188

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de obras na nova aula da Univesidade de Educación a Distancia.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Patrimonio. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986  22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 19846-240.

2. Obxecto do Contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: obras do proxecto de execución das obras de acondicionamento de espazo para ampliación de aula Universitaria da UNED en locais de planta 4ª, 5ª e 6ª do Auditorio e Pazo de Congresos Mar de Vigo. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 600.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

Declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

Posuír a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría 3ª.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicarase importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao seu valor estimado.

Posuír a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría 3ª.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: si; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) data e hora. Anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 17 de xuño de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 19.6.2015 e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación