Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27482

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

De acordo co previsto no artigo 10.3 do Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro.

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/portaleducativo) estará dispoñible a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Segundo.

Que o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Que deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos