Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28267

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro a abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e a realización de probas de control de calidade de hidrocarburos en Galicia.

2.2.2016

307.900,00 €

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia para o uso común da aplicación informática que dará cobertura á base de datos central de empresas de traballo temporal e ao correspondente Rexistro de empresas de traballo temporal.

3.2.2016

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

10.656,51 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

15.718,36 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

9.058,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

21.046,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico Diario, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

3.196,95 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

68.468,10 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

25.842,05 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

10.922,93 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

4.3.2016

149.990,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento catastral mineiro e o desenvolvemento dunha xornada sobre as normas de xestión mineira sustentable.

29.3.2016

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

29.3.2016

37.953,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol para a acreditación da formación impartida por Cáritas no marco do seu convenio coa Fundación Endesa.

18.4.2016

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral da Coruña para financiamento dos gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral Expocoruña da cidade da Coruña.

5.4.2016

27.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral da Finca Sevilla da cidade de Ourense.

5.4.2016

73.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral Instituto feiral da cidade de Vigo.

5.4.2016

36.165,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de exposicións e congresos da Estrada, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral da localidade da Estrada.

5.4.2016

47.246,49 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Áridos (AGA) para o estudo das sinerxías entre a produción dos áridos e o tratamento dos residuos de construción e demolición.

25.4.2016

30.000,00 €