Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 20 de xuño de 2016, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36R001-199-2016.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, 7, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de xuño de 2016

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001-199-2016.

Interesada: Vinicios da Barrosa, S.L. (O Trasno).

CIF/NIF: B-36438315.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.