Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de mantemento integral dos equipos de hostalaría do Hospital Universitario Lucus Augusti e centros anexos.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/6057/6047.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico:

ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou enrique.del.castillo.lopez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-16-014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento preventivo (mediante revisións periódicas de seguridade e control de funcionamento, limpeza e axustes de acordo cos protocolos establecidos) e mantemento correctivo (mediante intervencións non programadas para a corrección de deficiencias ou avarías detectadas) sobre os equipamentos de hostalaría do Hospital Universitario Lucus Augusti e centros anexos (Hospital de Calde e Unidade de Saúde Mental).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50881000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cento setenta e nove mil douscentos oitenta euros (179.280,00 €).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: oitenta e nove mil seiscentos corenta euros (89.640,00 €). Importe total: cento oito mil catrocentos sesenta e catro euros con corenta céntimos (108.464,40 €).

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso):

12. Outras informacións.

Lugo, 7 de xuño de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos