Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28437

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital E-DIXGAL durante o curso 2016/17.

De conformidade co establecido no punto 7.3 da Resolución desta dirección xeral do 13 de abril de 2016 (DOG do 21 de abril) pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2016/17, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Seleccionar os centros que se relacionan no anexo I desta resolución para participar no proxecto E-DIXGAL.

Segundo. Considerar non válida a solicitude dos centros que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 107.1, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I
Centros seleccionados

Educación primaria

Código

Centro

Provincia

Concello

15011661

CEIP Manuel Fraga Iribarne

A Coruña

Cariño

36009524

CEP Pedro Caselles Beltrán

Pontevedra

Tomiño

Educación secundaria obrigatoria

Código

Centro

Provincia

Concello

15027873

IES Afonso X O Sabio

A Coruña

Cambre

36016024

CPR Abrente

Pontevedra

Sanxenxo

ANEXO II
Solicitudes non válidas

Código

Centro

Provincia

Concello

Motivo

15004083

CPR Compañía de María

A Coruña

A Coruña

Xa é un centro E-DIXGAL

15018148

CPI de Atios

A Coruña

Valdoviño

Xa é un centro E-DIXGAL

36006641

CPR Calasancio

Pontevedra

Tomiño

Xa é un centro E-DIXGAL