Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de xuño de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se comunica ás persoas interesadas a resolución de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Cafetería Gama.

Titular: José Baña Rial y otra, S.C.

NIF: G15970627.

Enderezo: rúa Caballeros, 3, baixo.

Concello: 15006 A Coruña.

Establecemento: Cafetería Golden Fisch.

Titular: Amador Pérez Reboiras.

NIF: non consta.

Enderezo: rúa García Bayón, 64.

Concello: 1960 Ribeira.

Establecemento: Cafetería Keops.

Titular: Montserrat Martínez Vila.

DNI: 32783791-M.

Enderezo: rúa Juan Flórez, 94.

Concello: 15005 A Coruña.

Establecemento: Cafetería Nordeste.

Titular: Novo Salgado, S.L.

NIF: B15417587.

Enderezo: rúa Dieciocho de Julio, 3.

Concello: 15960 Ribeira.

Establecemento: Cafetería Remanso.

Titular: Pezetace, S.L.

NIF: B15262660.

Enderezo: rúa Fernández Latorre, 70.

Concello: 15006 A Coruña.

Establecemento: Cafetería Stella Maris.

Titular: Manuel Abelenda Fieira y otros, S.C.

NIF: G15460801.

Enderezo: avenida General Sanjurjo, 3.

Concello: 15006 A Coruña.

Establecemento: Axencia de viaxes Viajes Coruña.

Titular: Viajes Coruña, S.L.

NIF: B15994395.

Enderezo: travesía Buenavista, 1.

Concello: 15006 A Coruña.

Establecemento: axencia de viaxes Viajes Baraka Tour.

Titular: Elena Quintas González.

DNI: 32651081-M.

Enderezo: Urbanización As Palomas, local 5.

Concello: 15883 Cacheiras (Teo).