Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 13 de xuño de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01272-O-2016 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01272-O-2016 e outros cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores estan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 13 de xuño de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01272-O-2016

9483-JKR

Varitrans Transportes de Maquinaria, S.L.

B84274976

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

10.3.2016; 10.34; N-634; 700,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01291-O-2016

5135-HGG

Alazor LKW Transportes, S.L.

B73793820

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.3.2016; 13.16; AP-9F; 25,2

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 €

XC-01336-O-2016

1756-JGZ

MartÍn Pascual Julio

03438627N

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

16.3.2016; 9.28; AP-9F; 25,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01337-O-2016

1756-JGZ

MartÍn Pascual Julio

03438627N

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Atenuante-igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

16.3.2016; 9.25; AP-9F; 25,2

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01435-O-2016

1417-JLM

Sparom 2014 S. Coop. Mad.

F87110409

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

4.4.2016; 10.24; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-03898-O-2015

7534-DRH

Eloy Vázquez Vázquez

34884662X

Realizar transporte público de mercadorías carecendo do título habilitante.

17.9.2015; 10.10; AP-9M; 1,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 €