Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación da subministración de doce (12) vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais, operación cofinanciada pola Unión Europea-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (proposta 6/16-I; expediente 25/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de doce (12) vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais, con capacidade mínima para dúas persoas e 4.000 litros de capacidade útil para auga.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de entrega: os vehículos deberán entregarse no prazo de catorce semanas (14) desde a data de sinatura do contrato, no lugar que indique a Subdirección Xeral de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 34144210-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 2.308.740,00 €; IVE (21 %): 484.835,40 €. Importe total: 2.793.575,40 €.

Valor estimado: 2.308.740,00 €.

5. Financiamento: fondos propios 20 % e operación cofinanciada pola Unión Europea-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 5, prioridade de investimento 5.2 e obxectivo específico 5.2.1. Liña de actuación 26.

6. Requisitos específicos do contratista.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: 115.437 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27416

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 26 de xullo de 2016.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico sinalado.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 5 de agosto de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural