Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Xanceda-Mesía II (Mesía-A Coruña) para ser notificado, por comparecencia, dunha resolución que modifica o acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a José Luis Varela Fernández, propietario nº 281 da zona de concentración parcelaria de Xanceda-Mesía II (Mesía-A Coruña), para ser notificado da Resolución do 20 de abril de 2016, que modifica o acordo de concentración da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro da resolución, o interesado poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

A Coruña, 16 de xuño de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña