Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 17 de xuño de 2016 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001-110-2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 5 baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016.

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-110-2016.

Interesado: Jesús López Vilariño (administrador de Automoción Tobal Cangas, S.L.).

CIF/NIF: 35245731W.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-112-2016.

Interesado: Jesús López Vilariño (administrador de Automoción Talleres Tobal Móvil, S.L.).

CIF/NIF: 35245731W.

Acto notificado: resolución de expediente.