Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa por transformación, por modificación do réxime xurídico, da Asociación Galega de Actividades Náuticas (Aganplus).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a baixa por transformación, a causa da modificación do réxime xurídico, da Asociación Galega de Actividades Náuticas (Aganplus).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego