Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xuño de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU2/36/2012).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 9 de maio de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha cuarta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/36/2012 a José Luis Dorrego Fernández como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de febreiro de 2013, que ordenaba a demolición dunha edificación de dúas plantas que conta cunha superficie de 90 m2 por planta, como mínimo, nas parcelas con referencias catastrais 54057A166001080000BF e 54057A166001080001ZG, no lugar Camiño da Rabadeira, Valadares, 24, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, o interesado poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e indícaselle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística