Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo interposto por Felipe Iravedra Pita.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo tramítase o recurso 161/2016-D (procedemento abreviado), interposto por Felipe Iravedra Pita, fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 3 de marzo de 2016, pola que se desestima, nos termos desta, o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 20 xaneiro de 2015, da directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, pola que se convoca un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo na Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, mediante contratación laboral fixa, e se nomean os membros dos tribunais (DOG núm. 56, do 24 de marzo de 2015).

O recorrente pretende que se anule e se deixe sen efecto o punto terceiro das normas xerais de valoración do persoal non sanitario, incluída no anexo IV (baremos), relativa a que a experiencia profesional se valorará a partir da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría correspondente.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos