Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de aloxamento externo (hosting) da infraestrutura da Plataforma Tecnolóxica da Pesca (PTP) que presta servizo no ámbito de mar da Xunta de Galicia (expediente 11/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a prestación do servizo relativo ao aloxamento e mantemento dos servidores da Plataforma Tecnolóxica da Pesca para o mantemento das infraestruturas de comunicacións asociadas, así como dos servizos de soporte asociados necesarios para a súa explotación, e o aloxamento e explotación da infraestrutura física da plataforma.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.1.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 119.988,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 48.395,16 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.5.2016.

b) Data de formalización do contrato: 10.6.2016.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 43.555,64 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia