Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican varios acordos de procedencia de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras do programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo).

En virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, notifícaselle ás entidades interesadas os acordos citados no anexo, comunicándolles que dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a sala contencioso-administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Con carácter previo poderán comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, avenida de Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 25 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente núm.: TR 340 K 2011/48-1.

Nome: Qualinnova Consulting, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Oslo, 2, baixo,15008 A Coruña.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.

Contía: 1.527,75 euros.

Precepto infrinxido: artigos 20.1 e 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.

2. Expediente núm.: TR 340 K 2011/160-1.

Nome: Ollamar 2010, S.L.

Último enderezo coñecido: praza do Conde, 9, entresollado esquerdo, 15160, Sada, A Coruña.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.

Contía: 6.000 euros.

Precepto infrinxido: artigos 20.1 e 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.

3. Expediente núm.: TR 340 K 2011/230-1.

Nome: Paz y Naveira. S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Galera, 51 baixo.15003. A Coruña.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da subvención para a xeración de emprego estable.

Contía: 6.000 euros.

Precepto infrinxido: artigo 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011.