Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2016/187-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Título: LMT CII809 Domaio Signo.

Situación: Moaña.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 52 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1, CH-2500-11P, e final no apoio proxectado nº 2, HVH-4500-S13. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 25 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado nº 2 e final no CT proxectado Doamio Signo. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 382 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado e final no apoio proxectado nº 12 na LMT CII809 Latón 9. Centro de transformación de 400 kVA, r.t. 20 kV/400-230 V, situado en Domaio, Moaña.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 3. Municipio: Moaña; lugar: Bulsiños; titular: herdeiros de Manuel Pastoriza Cuña; afeccións: 6,62 m2 para o centro de transformación, 17,78 m2 para liña subterránea, 1,28 m2 para o apoio nº 2 e 98,2 m2 de voo correspondentes a 17 metros de liña aérea.

Predio 4. Municipio: Moaña; lugar: Bulsiños; titular: Umberto Rosales Pérez; afeccións: 5,24 m2 para o centro de transformación, 1,28 m2 para liña subterránea, 1,28 m2 para o apoio nº 2 e 102,14 m2 de voo.

Predio 5. Municipio: Moaña; lugar: Lamas; titular: Milagros Bermúdez Ferradas; afeccións: 1,10 m2 para o apoio nº 3.