Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo 74/2015.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección. A Mariña Central. 8 prazas.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 46, do 8 de marzo de 2016.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación con IVE: 658.641,20 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 25 de maio de 2016.

b) Data da formalización: 16 de xuño de 2016.

c) Contratista e importe de adxudicación por anualidades: contratista: Hijas del Divino Celo-Rogacionistas. Anualidades. 2016: 86.972,95 €. 2017: 159.523,25 €. 2018: 159.523,25 €. 2019: 159.523,25 €.

d) Nacionalidade: española.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios obxectivos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Ssecretario xeral técnico da Consellería de Política Social