Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31241

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016 pola que se dá publicidade da resolución de concesión dos premios e axudas aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras dos premios e axudas do Igape aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 247, do 29 de decembro) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 6.8 que a resolución de concesión dos premios e axudas se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva de data 4 de xullo de 2016 de concesión dos premios e axudas do Igape aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Este programa está cofinanciado ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoios avanzados; incluíndo os sectores agrícola pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural, comercial (….).

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón a aceptación do beneficiario a ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación á publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2 do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Segundo. A resolución definitiva de data 4 de xullo de 2016 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou se a data de notificación de resolución individual de concesión é posterior, desde o día seguinte á dita notificación. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou se a data de notificación de resolución individual de concesión é posterior, desde o día seguinte á dita notificación.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica