Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31747

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 18 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, GAIN), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG para dar continuidade á formación das persoas investigadoras que obtiveron unha praza na convocatoria do ano 2012 da modalidade A do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 1 de abril de 2016 e que acadaron unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2 do anexo II os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade B.

De acordo co establecido no artigo 8 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicouse a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron avaliadas por un equipo de avaliadores formado por expertos de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 9 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para o órgano instrutor no que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e a lista de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á persoa titular da presidencia da GAIN, de acordo co artigo 10 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 9 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección reunida o día 5 de xullo de 2016, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da GAIN,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade B de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 18 de febreiro de 2016 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer unha lista de espera, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios recollidos no artigo 9. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 31 de xullo de 2016.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 11 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 20 axudas.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

Total

10.40.561B.444.0

USC

10

100.986,30

370.000,00

269.013,70

740.000,00

UVIGO

10

100.986,30

370.000,00

269.013,70

740.000,00

Total

 

20

201.972,60

740.000,00

538.027,40

1.480.000,00

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

Total

10.40.561B.744.0

USC

10

50.000,00

100.000,00

50.000,00

200.000,00

UVIGO

10

50.000,00

100.000,00

50.000,00

200.000,00

Total

 

20

100.000,00

200.000,00

100.000,00

400.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 12 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

Román Rodríguez González

Francisco Conde López

Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

Presidente da Axencia Galega
de Innovación

ANEXO I
Axudas concedidas

Universidades do SUG.

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota

POS-B/2016/003

USC

González

Martínez

Débora

*****830W

Arte e Humanidades

97

POS-B/2016/030

USC

Sanmartín

Sánchez

Patricia

*****370D

Ciencias

96

POS-B/2016/011

USC

Mascato

Rey

Rosario

*****423H

Arte e Humanidades

95

POS-B/2016/027

USC

Sigüeiro

Ponte

Rita

*****758Z

Ciencias da Saúde

92

POS-B/2016/025

USC

Lence

Quintana

Emilio José

*****218Q

Ciencias

92

POS-B/2016/006

USC

Núñez

González

Cristina

*****431R

Ciencias

90,5

POS-B/2016/016

USC

Trillo

Santamaría

Juan Manuel

*****077X

Ciencias Sociais e Xurídicas

90

POS-B/2016/009

USC

Romero

Vidal

Antonio

*****708R

Ciencias

88

POS-B/2016/018

USC

Barreiro

Iglesias

Antón

*****797J

Ciencias

87

POS-B/2016/015

USC

Cabanelas

Eiras

Pablo

*****439X

Ciencias

84

Universidade de Vigo.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota

POS-B/2016/026

UVIGO

Souto

Salgado

José Antonio

*****233S

Ciencias

95

POS-B/2016/007

UVIGO

García

Domínguez

Patricia

*****552C

Ciencias

94

POS-B/2016/008

UVIGO

González

Valdés

Borja

*****280E

Enxeñaría e Arquitectura

94

POS-B/2016/029

UVIGO

Tizón

Couto

David

*****791B

Arte e Humanidades

94

POS-B/2016/021

UVIGO

Pena

Pereira

Francisco Javier

*****417V

Ciencias

93

POS-B/2016/002

UVIGO

Estévez

Guiance

Laura

*****896C

Ciencias

89

POS-B/2016/004

UVIGO

Ferrero

Vaquero

Victoria

*****482R

Ciencias

89

POS-B/2016/028

UVIGO

Swagemakers

 

Paul

*****785P

Ciencias Sociais e Xurídicas

88

POS-B/2016/012

UVIGO

Losada

Barreiro

Sonia

*****853Y

Ciencias

87

POS-B/2016/032

UVIGO

García

Peteiro

Laura

*****099N

Ciencias

83

ANEXO II
Lista de espera

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota

POS-B/2016/022

UVIGO

Rodríguez

Álvarez

María José

*****986G

Ciencias

83

POS-B/2016/001

UVIGO

Astray

Dopazo

Gonzalo

*****219M

Ciencias

82

POS-B/2016/014

USC

Balboa

Méndez

Sabela

*****874G

Ciencias da Saúde

81

POS-B/2016/017

UVIGO

Pastoriza

Gallego

María José

*****411K

Enxeñaría e Arquitectura

80

POS-B/2016/020

USC

Fernández

Nieto

Fernando

*****254Y

Ciencias

80

POS-B/2016/010

USC

Pérez

Gómez

Astrid

*****673T

Ciencias da Saúde

79

POS-B/2016/023

UVIGO

Rosales

Villanueva

Emilio

*****095N

Enxeñaría e Arquitectura

79

POS-B/2016/019

USC

Torres

Pérez

María Dolores

*****826T

Enxeñaría e Arquitectura

78

POS-B/2016/024

UVIGO

Sánchez

Carnero

Noela

*****231L

Ciencias

77

POS-B/2016/005

USC

Armas

Quintá

Fco. José

*****859B

Ciencias Sociais e Xurídicas

75,5