Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial, devolta polo servicio de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RP/14/00523).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Vanesa Pereira Fernández a resolución do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial (expediente RP/14/00523).

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que a demandante teña o seu domicilio ou naquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo. Así mesmo, e con carácter previo e potestativo poderá presentar recurso de reposición no prazo dun mes desde contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral téncica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio