Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2016/1235-1).

Expediente: IN407A 2016/1235-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Granxa de Visóns (15AQH3).

Concello: Pontedeume.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea derivada da liña EUM-703, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,008 km, coa orixe no apoio proxectado que se vai intercalar na LMT EUM-703, no tramo entre a derivada ao CT Granxa de Visóns (expediente 50344) que se vai retirar e o CT Taboada (expediente 50029), condutor tipo LA-56 mm2 e final no novo CT Granxa de Visóns (proxectada).

Centro de transformación intemperie Granxa de Visóns, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Rede de baixa tensión aérea de CT Granxa de Visóns, cunha lonxitude de 0,112 km, coa orixe no novo CT Granxa de Visóns, condutor tipo RZ e final na rede de baixa tensión aérea existente do CT Granxa de Visóns (15AQH3) que se vai retirar (expediente 50344).

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de xullo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2016/1235-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Granxa de Visóns (15AQH3).

Concello: Pontedeume.

Predio

Interesada

Afección solo en pleno dominio

Afección solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Tras da Costa

Monte alto

Josefa Rodeiro Iglesias

63-57-A18/1 e CT

18,0

8,0

128,0